A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

  1. Portada

Novas

  1. O Sindicato Labrego apoia a manifestación do 17 de maio convocada en Compostela por Queremos Galego

    queremos galego 16 de Maio do 2013 · 

    Neste 17 de maio, dende o Sindicato Labrego Galego queremos manifestar o convencemento de que hoxe máis ca nunca é preciso un compromiso inquebrantable de todos os galegos e galegas coa lingua galega, coa nosa cultura e cos demais bens que forman parte da nosa identidade como pobo. Desexamos salientar o valor de compromisos vitais como Vidal Bolaño, autor homenaxeado no Día das Letras Galegas de 2013, a prol dunha creación cultural galega con fe en si mesma e na sociedade na que nace, e con capacidade de traducir en termos de universalidade a nosa particularidade. Temos a irrenunciable necesidade de enfrontar as numerosas medidas que agriden e desprezan a nosa lingua, a nosa cultura, que non dubidan en esquilmar a nosa terra e o noso medio natural, emprobrecendo tamén á maioría das persoas, con retrocesos históricos a nivel de dereitos.

  2. ContraMINAcción convoca unha grande manifestación o 2 de xuño para frear a minaría salvaxe promovida pola Xunta

    Manifa 16 de Maio do 2013 · 

    Representantes de varias das organizacións que integran o colectivo ContraMINAcción ofreceron unha rolda de prensa hoxe, 16 de maio, para anunciar unha grande manifestación en Compostela para o vindeiro 2 de xuño, que partirá ás 12:00 horas da Alameda. Con esta manifestación, que as entidades organizadoras auguran masiva, preténdese expresar o rexeitamento que está a xerar o incremento de concesións mineiras en Galiza por parte da Xunta sen atender á salvagarda de espazos protexidos, comunidades humanas e medio ambiente; nin á defensa dos miles de persoas e postos de traballo que están ameazados polas actividades extractivas dunhas poucas empresas.

  3. O SLG insta a Feijóo e ao PP a defender unha Lei da Cadea Alimentaria que prohiba vender por baixo dos custes

    Non hai imaxe 16 de Maio do 2013 · 

    Dende o Sindicato Labrego Galego, instamos ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, a poñerse do lado dos labregos e labregas da Galiza expresando publicamente o seu rexeitamento ao informe da Comisión Nacional da Competencia (CNC) sobre o borrador da Lei da Cadea Alimentaria. Como xa denunciou o SLG, este informe pretende abortar a introdución de prohibir as vendas por baixo dos custes de produción no texto definitivo da lei.

  4. A Comisión Nacional da Competencia arremete para deixar a Lei da Cadea Alimentaria sen contido

    cnc 10 de Maio do 2013 · 

    O Sindicato Labrego Galego pide ao Ministerio de Agricultura que tome partido polas explotacións e polos labregos e labregas e inclúa no articulado da Lei da Cadea Alimentaria a prohibición de que se impoñan prezos por baixo dos custes de produción, unha práctica a todas luces abusiva que arruinou e segue a arruinar a miles de explotacións e que atenta contra os principios máis básicos das relacións comerciais. E esa toma de partido tense que traducir en desautorizar o informe que vén de publicar a Comisión Nacional da Competencia (CNC) no que arremete, precisamente, contra esta prohibición por entender que “supón incluír no proxecto un mecanismo de fixación de prezos mínimos”.

  5. O SLG apoia a folga do 9 de maio contra os recortes no ensino público e a Lei Wert

    Folga no ensino 8 de Maio do 2013 · 

    O Sindicato Labrego Galego apoiará a folga do ensino de mañá, 9 de maio, por compartir coas entidades convocadoras o rexeitamento á Lei Wert e aos recortes que está a sufrir a escola pública que, coma sempre, se están a amosar especialmente cruentos cos centros escolares das zonas rurais de Galiza.

  1. Comercio xusto

    Amarante e Sindicato Labrego celebraron en Teo, Ribadeo e Pontevedra o Dia Internacional do Comercio Xusto

    9 de Maio do 2013 · 

    Co lema “Mulleres na defensa do comercio xusto no Norte e no Sur”, o Sindicato Labrego Galego e Amarante Setem celebrou, o 11 de maio, o Día Internacional do Comercio Xusto en Ribadeo, Teo e Pontevedra coa intención de facer visible o traballo feito polas mulleres na loita pola igualdade e en defensa dun comercio xusto.

  2. Fouce

    A Lei da Cadea Alimentaria, a loita contra a morosidade ou os encontros de mulleres e mocidade da ECVC no Fouce 296

    29 de Abril do 2013 · 

    A tramitación da Lei da Cadea Alimentaria e a loita para que recolla a prohibición de vender por baixo dos custes de produción, os contratos no sector lácteo, a ofensiva xeneralizada da industria mineira en toda Galiza, os encontros europeos de mulleres e da mocidade da Vía Campesina en Teo e Budapest, ou a actualidade sobre conflitos relacionados coa morosidade de certas industrias como Lácteos Tambre ou varias adegas de Rías Baixas, ocupan boa parte das páxinas do número 296 de Fouce. Xa podes descargalo en pdf premendo na icona da parte inferior desta páxina.

  3. Isabel Vilalba

    O SLG coorganiza as xornadas “Consumo sostible e xénero: novas preguntas, novos retos”

    26 de Abril do 2013 · 

    O Sindicato Labrego Galego foi invitado pola asociación Xarxa de Consum Solidari a participar nas XI Xornadas de Comercio Xusto e Consumo Responsable "Soberanía Alimentaria, feminismo e consumo crítico”, que se desenvolverán esta fin de semana en Barcelona. En concreto, a secretaria xeral do SLG, Isabel Vilalba, formará parte dunha mesa redonda sobre “Consumo crítico e responsable, visións dende o feminismo” que terá lugar o sábado 27 de abril, ás 12:00 horas. Xunto a Isabel, estarán Conchi Piñeiro (Altekio Cooperativa e investigadora da Universidade Autónoma de Madrid) e Isabel Álvarez (Rede de grupos de consumo Nekasarea-EHNE).

  4. Non á mina en Xinzo

    O SLG apoia a manifestación en Xinzo contra a mina de feldespato e secundou a concentración da veciñanza de Corcoesto diante do Parlamento

    25 de Abril do 2013 · 

    O Sindicato Labrego Galego apoia a manifestación do 27 de abril en Xinzo convocada pola Plataforma Veciñal Corno do Monte -composta por veciñas e veciños de Seoane de Oleiros, Fiestras, Laroá, San Pedro de Laroá, Rebordechá, Paredes, Moreiras e Faramontaos- en contra do proxecto mineiro Faramontaos 5089.1, de Minecer SL, para a extracción de feldespato.

  5. Minas non

    Nace ContraMINAcción, a Rede contra a Minaría Destrutiva na Galiza, co SLG entre as organizacións integrantes

    22 de Abril do 2013 · 

    Un grupo de persoas e organizacións sensibles cos problemas e ameazas que están a supoñer o aumento das concesións mineiras -máis do 50% da superficie do país-, con proxectos irracionais en localizacións con altos valores ambientais -LIC Anllóns, Fragas do Eume, Serra do Galiñeiro, etc.- decidimos crear ContraMINAcción, Rede contra a Minaría Destrutiva na Galiza.

Outras Novas

  1. 17-04-2013 · Día da Loita Labrega: o SLG reafírmase na súa defensa da terra como recurso inviolable para alimentar a humanidade
  2. 11-04-2013 · O Sindicato Labrego apoiou a manifestación do domingo en Carballo contra a minaría contaminante en Corcoesto
  3. 10-04-2013 · Unha empresa mineira de Noruega ameaza 8.000 hectáreas de terras nas comarcas de Compostela e Ordes
  4. 06-04-2013 · Tres novas sentenzas condenatorias obrigan a Lácteos Tambre a pagar as débedas que mantén coas explotacións
  5. 05-04-2013 · O SLG irá á vía xudicial se fracasan o acto de conciliación e a arbitraxe da Xunta nos impagos de Rías Baixas