A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

  1. Portada>
  2. Novas>
  3. Pequenas explotacións

Pequenas explotacións

  1. Cestería Teo

    Hortalizas de inverno e doces de entroido para celebrar a don Carnal no Mercado do Alimento Labrego de Teo

    9 de Febreiro do 2013 · 

    O Mercado de Alimento Labrego de Teo tamén se viu contaxiado polo espírito festivo destas datas e celebrou ao seu xeito o entroido. Como xa acontecera coa Festa do Inverno, aos 17 postos de alimentos acompañaron 7 de artesanía. Mentres que nos primeiros puidemos atopar hortalizas de inverno como grelos, nabizas, porros, brócoli, etcétera, ademais doutros produtos como ovos, mel, queixos, leite ou froitos; os segundos complementaron a oferta con mostras de cestería, xabóns, ourivería ou velas aromáticas.

  2. Mercado de Teo

    O Mercado do Alimento Labrego de Teo consolídase coa Festa de Inverno tras medio ano de andaina

    22 de Decembro do 2012 · 

    A pesares da intensa choiva, unhas trescentas persoas pasaron ao longo da mañá do 22 de decembro polo Mercado do Alimento Labrego dos Tilos, en Teo. Nesta ocasión, e con motivo da Festa do Inverno, aos vinte postos onde se podían mercar todo tipo de produtos da terra (hortalizas e froita de tempada, ovos, queixos, leite, marmeladas e conservas, viños e licores, doces, etcétera), uníronse oito de artesanía onde se podían atopar dende cestos e xabóns feitos a man até olería de Buño. Para animar o ambiente estiveron os músicos e músicas da Requinta Follas Novas.

  3. Tomates

    O mercado de alimentos labregos de Teo celebrará este sábado unha cata comentada de tomates

    13 de Septembro do 2012 · 

    O Sindicato Labrego Galego e o Concello de Teo, no marco do mercado de alimentos labregos dos Tilos, vai celebrar este sábado, 15 de setembro, unha cata de tomates de diversas variedades cultivadas no entorno da bisbarra compostelá. 

  4. Compravenda labrega

    O mercado semanal do alimento labrego en Teo bota a andar coa asistencia de máis de cincocentas persoas

    9 de Xuño do 2012 · 

    A pesar da choiva, o mercado do alimento labrego dos Tilos (Teo), organizado polo SLG e polo concello, foi todo un éxito. Ao redor de medio milleiro de persoas achegáronse até para mercar alimentos de tempada producidos por explotacións da bisbarra. En total, houbo quince postos de venda onde se puideron atopar dende hortalizas frescas até produtos elaborados como marmeladas, rosquillas, viños e licores. Ademais, ás 13:00 horas tamén se sorteou unha cesta elaborada con alimentos de cada posto.

  5. Mercado de Teo

    Charlas e debates precederán a inauguración do mercado semanal de alimentos labregos dos Tilos, en Teo

    3 de Maio do 2012 · 

    Durante o mes de maio, o Concello de Teo e o Sindicato Labrego Galego organizarán varias charlas debate para promover os mercados locais de produtos labregos baseados na venda directa, sen intermediarios, de produtos de calidade. Así, o 10 de maio acollerase unha destas charlas no local da Sociedade Recreativa de Calo; o 15 de maio, no local da Asociación Veciñal de Recesende; o 24 e maio, na Casa Común dos Tilos; o 31 de maio, na Mediateca do Grilo, en Cacheiras; e o 4 de xuño, na sede do Centro Social Arredista (Rúa das Rodas 25), en Compostela. Todos estes actos terán como hora de comezo as 20:30, agás o de Compostela, que será ás 21:00 horas. O obxecto destas charlas será aboar o terreo antes de inaugurar o mercado semanal de alimentos labregos dos Tilos, que está previsto abrirse o vindeiro 9 de xuño.

  6. Semana do Comercio Xusto

    O Sindicato Labrego participou na Semana Galega do Comercio Xusto

    27 de Xuño do 2011 · 

    Entre o 10 e o 18, celebrouse a XI Semana Galega do Comercio Xusto que, desta vez, estivo centrada nos tratados de libre comercio e na privatización dos dereitos e dos recursos que estamos a sufrir, de xeito crecente, nos últimos tempos; e contou coa organización de Amarante e a participación, entre outras organizacións, de Verdegaia e do Sindicato Labrego Galego.

  7. non queremos ser dependentes das empresas

    Nova privatización dun servizo público ás explotacións

    26 de Xaneiro do 2010 · 

     

    O servizo de lavado e desinfección de vehículos para o transporte de animáis terán que costealo a partir deste mes gandeiros e gandeiras. O recorte orzamentario volve a levar as culpas da desaparición destoutro servizo público, aínda que a sistemática privatización de todos estes servizos e as políticas de liberalización que tanto gustan aos nosos gobernantes son os verdadeiros culpábeis.

  8. axudas

    Impago das axudas correspondentes aos efectos do furacán Klaus no 2009 e redución das subvencións pra seguros agrarios no presente ano 2010

    19 de Xaneiro do 2010 · 

    Os graves efectos causados polo temporal do pasado 14 de xaneiro están a deixar ao descuberto a falla de responsabilidade coa que o Goberno galego pretende facer fronte ás numerosas perdas que o tecido produtivo da Galiza sofre, sobor de todo no inverno, debido ás condicións climáticas propias da nosa terra.

  9. Temporal en Galicia

    O SLG esixe a inmediata apertura dunha liña de indemnizacións destinada a paliar os danos sufridos nas explotacións galegas por mor do temporal

    26 de Xaneiro do 2009 · 

    Ao longo da pasada fin de semana, Carme Freire Cruces, Secretaria Xeral do SLG, mantivo conversas co conselleiro Alfredo Suárez Canal, a fin de trasladarlle a preocupación do Sindicato Labrego Galego polas consecuencias que as desfeitas operadas polo temporal conlevarán para as labregas e labregos do país.

  10. Licor de grosella

    PRODUTOS CASEIROS EN PERIGO

    28 de Novembro do 2008 · 

    Diante da nota de prensa feita pública nesta mañá pola Consellaría do Medio Rural dando por aprobada “por acordo unánime de todos os representantes do sector na Comisión Permanente do Consello Agrario” o Decreto de Artesanía Alimentar de Galiza,

    o Sindicato Labrego Galego manifesta: 

Arquivo