Problemas de funcionamento no MELLES, erros na Orde publicada e escaso prazo de solicitude, principais obstáculos. Esiximos que se manteña a posibilidade de solicitar plans de mellora ás persoas solicitantes da axuda na campaña anterior
Ao igual que sucedeu cas axudas á produción ecolóxica, a Xunta orzamentou de xeito deficiente estes fondos públicos. As estatísticas alertan da falta de relevo xeracional: 6 de cada 10 labregas/os estarán xubiladas no ano 2030
A documentación do FOGGA confirma que a CMR eliminou as axudas ZLN, tanto para as explotacións de carne como de leite. Esiximos á CMR que devolva os 8 millóns de euros de axudas públicas PAC que até o dagora chegaban a 8.255 granxas galegas
Milleiras labregas/os de toda Galiza ficarán sen un apoio económico contemplado na PAC que viñan percibindo até agora. Denunciamos que as axudas que pretende eliminar a CMR teñen como obxectivo precisamente evitar abandono de terras agrarias
Mobilización unitaria esta mañá en Ourense para esixir medidas inmediatas que garantan prezos por riba de custos de produción. A Xunta de Galicia aboca á cidadanía galega á dependencia de alimentos industriais traídos de fóra a prezos desorbitados
O Sindicato Labrego Galego-Comisións Labregas (SLG-CCLL) desenvolveu a décima edición das Xornadas de Granxas Abertas, desta volta na comarca da Ulloa.
Dende o Sindicato Labrego Galego-Comisións Labregas (SLG-CCLL) queremos expresar a nosa preocupación pola frivolidade ca que certos sectores están a instrumentalizar as declaracións críticas cas macroexplotacións intensivas realizadas recentemente polo Ministro de Consumo, Alberto Garzón, a un medio británico.
Para o Sindicato Labrego Galego, conseguir unha axuda a tanto alzado, e non por hectárea, para os pequenos proxectos agrícolas sempre foi unha loita histórica. Conseguimos que se consideren estas axudas a tanto alzado, pero non é o que o SLG propoñía nun inicio, co que queremos enviar alegacións e queremos ter en conta a túa opinión.
Para o Sindicato Labrego Galego, conseguir unha axuda a tanto alzado, e non por hectárea, para os pequenos proxectos agrícolas sempre foi unha loita histórica. Conseguimos que se consideren estas axudas a tanto alzado, pero non é o que o SLG propoñía nun inicio, co que queremos enviar alegacións e queremos ter en conta a túa opinión.
O Sindicato Labrego Galego foi unha das organizacións que colaborou na organización e realización dunhas xornadas teórico-prácticas sobre a normativa hixiénico-sanitaria nas producións alimentarias artesanais. Dado o enorme interese que suscitaron en todo o Estado, obrigándonos a limitar o acceso debido á alta demanda de participación, decidimos agora publicar os vídeos do que deron de si estes tres días de información e diálogos ao redor dun marco normativo do que depende a economía de miles de proxectos agrogandeiros no Estado.
A equipa xurídica do SLG estuda iniciar accións legais para aclarar se as prohibicións de mercados labregos que se decretaron en ducias de concellos galegos coa escusa da Covid-19 se axustan a dereito. Ademais de presentar unha nova queixa diante da Valedora do Pobo, nun escrito que se rexistrará concello a concello, reclamarase dos gobernos municipais que informen sobre o instrumento legal utilizado para a adopción da medida de peche do seu mercado, así como onde e cando foi publicado, para analizar caso por caso se procede o emprendemento de accións legais.
Un cento de persoas, entre as que se atopaban boa parte dos homes e mulleres que venden alimentos na feira dominical de Melide, encheron a praza do Convento nunha concentración de protesta para esixir ao goberno municipal a reapertura inmediata do mercado labrego, sempre baixo o cumprimento estrito dos protocolos marcados polas autoridades sanitarias de cara a evitar a expansión da Covid 19.
En vista de que o Concello de Melide é incapaz de sentir a máis mínima empatía pola cidadanía e polos labregos e labregas que dan vida ao mercado alimentario dominical na vila -prohibido unha vez máis coa escusa da Covid-19-, e sabendo que o peche desta forma de compravenda de alimentos incrementa a posibilidade de contaxios entre a poboación, dende o Sindicato Labrego Galego convocamos unha concentración para esixir a súa reapertura inmediata.
Na última semana, houbo varios concellos que decretaron unilateralmente o peche dos seus mercados de alimentos labregos (Melide, Cambre...), adoptando unha decisión que, sen dúbida, pode contribuír a incrementar os contaxios.
No Sindicato Labrego Galego non saímos do noso abraio diante da nova de que o Concello de Melide vén de decretar, unha vez máis, o peche do mercado de alimentos labregos semanal coa escusa da Covid 19, mentres se mantén a venda de alimentos diaria en espazos pechados onde de producen decotío aglomeracións humanas e non existe ningún tipo de control sobre a manipulación dos produtos pola clientela.
De cara a avaliar como están a reaccionar os concellos galegos diante da pandemia do Covid-19, no Fouce 332 fixemos un percorrido por diversos mercados de Galiza que, sen dar unha análise exhaustiva, si nos ofreceu unha visión xeral con aspectos positivos e negativos. A reacción diante dos peches foi, decotío, apostar pola venda de cestas de alimentos a domicilio, que se incrementou, coa chegada de nova clientela e o reforzo da fidelidade da xa existente. No eido institucional, houbo concellos que aproveitaron o confinamento para pechar mercados nos que non crían, mentres outros fixeron todo o posible para mantelos abertos, destacando o de Allariz que, a través da negociación política, foi o único municipio galego quen de manter o seu Mercado da Reserva da Biosfera aberto durante o estado de alarma e o confinamento.
A xerencia da Praza de Abastos impediu este pasado sábado, 5 de setembro, que as labregas que venden as súas producións no entorno do mercado puidesen instalarse para desenvolver a súa actividade comercial. O motivo esgrimido foi a aplicación dunha nova normativa do Concello de Santiago para evitar a transmisión do Covid-19.
O Sindicato Labrego Galego vén de saber da decisión do Concello de Melide de prorrogar a prohibición do mercado semanal de alimentos labregos que se celebra todos os domingos na vila por mor da alta incidencia da Covid-19. Trátase dunha decisión absurda e arbitraria, sen fundamentos científicos que a avalen, que vai causar un dano económico enorme e irreparable na economía das familias que teñen nesta vía de comercialización unha das súas principais fontes de ingresos.
O Sindicato Labrego Galego acaba de coñecer a decisión do Concello de Melide de pechar o mercado semanal de produtos alimentarios até o 5 de setembro debido a un aumento da incidencia da Covid-19 na bisbarra. Dende o SLG queremos expresar o noso rexeitamento a esta medida que consideramos innecesaria e que causará un enorme prexuízo económico ás familias labregas, desta e doutras comarcas veciñas, que teñen nesta feira unha das súas principais vías de comercialización e de ingresos.
O Sindicato Labrego Galego ven de coñecer a proposta de sanción dunha persoa que durante o estado de alarma realizou o desprazamento de 7 quilómetros para poder facer o seu acopio de alimentos persoal. Durante o estado de alarma unha das actividades permitidas era precisamente o suministro de produtos de primeira necesidade, particularmente neste caso de alimentos.