A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

  1. Portada>
  2. Novas>
  3. Pequenas explotacións>
  4. Xa dispoñibles os vídeos das xornadas sobre normativa hixiénico-sanitaria das producións alimentarias artesás

Xa dispoñibles os vídeos das xornadas sobre normativa hixiénico-sanitaria das producións alimentarias artesás

18 de Maio do 2021

Animais de granxa

O Sindicato Labrego Galego foi unha das organizacións que colaborou na organización e realización dunhas xornadas teórico-prácticas sobre a normativa hixiénico-sanitaria nas producións alimentarias artesanais. Dado o enorme interese que suscitaron en todo o Estado, obrigándonos a limitar o acceso debido á alta demanda de participación, decidimos agora publicar os vídeos do que deron de si estes tres días de información e diálogos ao redor dun marco normativo do que depende a economía de miles de proxectos agrogandeiros no Estado.

Dende o Grupo de Traballo Producións Labregas e Artesás, que se encargou de organizar todo, consideran que todo este material pode ser útil para aquelas persoas ou entidades que traballan no ámbito das pequenas producións labregas, da normativa hixiénico-sanitaria ou para as persoas que están pensando en comenzar unha nova actividade agraria ou gandeira.

Nestas xornadas afondouse na nova normativa estatal aprobada en decembro de 2020, analizándose as posibilidades que abre e tamén as limitacións ou pasos necesarios para transformar esta oportunidade en novos proxectos reais de produción de alimentos.

Tedes o programa no cartaz que compartimos a continuación e podedes acceder ao contido íntegro das xornadas en vídeo premendo AQUÍ

Se precisades máis información sobre este tema, podedes contactar co Grupo de Traballo Producións Labregas e Artesás en: produccionescampesinasyartesanas@mundo-r.com

Programa Xornada HixiénicoSanitaria