A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

  1. Portada>
  2. Novas>
  3. Pequenas explotacións>
  4. Hortalizas de inverno e doces de entroido para celebrar a don Carnal no Mercado do Alimento Labrego de Teo

Hortalizas de inverno e doces de entroido para celebrar a don Carnal no Mercado do Alimento Labrego de Teo

9 de Febreiro do 2013

Cestería Teo

O Mercado de Alimento Labrego de Teo tamén se viu contaxiado polo espírito festivo destas datas e celebrou ao seu xeito o entroido. Como xa acontecera coa Festa do Inverno, aos 17 postos de alimentos acompañaron 7 de artesanía. Mentres que nos primeiros puidemos atopar hortalizas de inverno como grelos, nabizas, porros, brócoli, etcétera, ademais doutros produtos como ovos, mel, queixos, leite ou froitos; os segundos complementaron a oferta con mostras de cestería, xabóns, ourivería ou velas aromáticas.

Os doces de entroido tamén tiveron o seu oco, tanto nos postos de venda como na cantina. Nesta última, repartíronse máis de duascentas racións de filloas, orellas, empanada, crema de verduras, tortilla e caldo de galiña que tiveron no chocolate quente e no viño do país a maridaxe idónea.       Outra volta, a Requinta Follas Novas amenizou esta festa que, grazas á colaboración entre o Concello de Teo e o Sindicato Labrego Galego, vai camiño de consolidarse como unha referencia local á hora de mercar alimentos producidos na contorna e que apostan por poñer frescura e calidade na cesta da compra dos e das teenses.

Requinta Follas Novas