A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

Pequenas explotacións: 2010

  1. Denunciamos incidencias na tramitación de axudas para persoas agricultoras mozas e demandamos ampliación do prazo

    axudasincorp- 22 de Febreiro do 2023 · 

    Problemas de funcionamento no MELLES, erros na Orde publicada e escaso prazo de solicitude, principais obstáculos. Esiximos que se manteña a posibilidade de solicitar plans de mellora ás persoas solicitantes da axuda na campaña anterior

  2. A Xunta denega a axuda de incorporación a 74 novas granxas que cumprían os requisitos para recibila

    AxudasIncorporación 3 de Febreiro do 2023 · 

    Ao igual que sucedeu cas axudas á produción ecolóxica, a Xunta orzamentou de xeito deficiente estes fondos públicos. As estatísticas alertan da falta de relevo xeracional: 6 de cada 10 labregas/os estarán xubiladas no ano 2030

  3. A CMR reafírmase publicamente no castigo ás granxas de carne e minte sobre o reparto das axudas PAC

    zln 25 de Novembro do 2022 · 

    A documentación do FOGGA confirma que a CMR eliminou as axudas ZLN, tanto para as explotacións de carne como de leite. Esiximos á CMR que devolva os 8 millóns de euros de axudas públicas PAC que até o dagora chegaban a 8.255 granxas galegas

  4. A Xunta quítalles a 8.255 granxas as axudas por zona desfavorecida

    zln 23 de Novembro do 2022 · 

    Milleiras labregas/os de toda Galiza ficarán sen un apoio económico contemplado na PAC que viñan percibindo até agora. Denunciamos que as axudas que pretende eliminar a CMR teñen como obxectivo precisamente evitar abandono de terras agrarias

  5. A Xunta mantén a estratexia de brazos caídos para deixar morrer as granxas galegas e favorecer a agroindustria

    SoniaVidal_SLG 5 de Xullo do 2022 · 

    Mobilización unitaria esta mañá en Ourense para esixir medidas inmediatas que garantan prezos por riba de custos de produción. A Xunta de Galicia aboca á cidadanía galega á dependencia de alimentos industriais traídos de fóra a prezos desorbitados 

  6. Partillando saberes labregos nas X Xornadas de Granxas Abertas na Comarca da Ulloa

    cernada 25 de Xaneiro do 2022 · 

    O Sindicato Labrego Galego-Comisións Labregas (SLG-CCLL) desenvolveu a décima edición das Xornadas de Granxas Abertas, desta volta na comarca da Ulloa.

  7. As macrogranxas son absolutamente incompatibles con un medio rural vivo

    macrogranxas 7 de Xaneiro do 2022 · 

    Dende o Sindicato Labrego Galego-Comisións Labregas (SLG-CCLL) queremos expresar a nosa preocupación pola frivolidade ca que certos sectores están a instrumentalizar as declaracións críticas cas macroexplotacións intensivas realizadas recentemente polo Ministro de Consumo, Alberto Garzón, a un medio británico.

  8. Xornada de traballo para facer propostas á liña de agroambientais para a venda directa

    XORNADA DE TRABALLO ONLINE 30 de Novembro do 2021 · 

    Para o Sindicato Labrego Galego, conseguir unha axuda a tanto alzado, e non por hectárea, para os pequenos proxectos agrícolas sempre foi unha loita histórica. Conseguimos que se consideren estas axudas a tanto alzado, pero non é o que o SLG propoñía nun inicio, co que queremos enviar alegacións e queremos ter en conta a túa opinión.

     

  9. Xornada de traballo para facer propostas á liña de agroambientais para a venda directa

    Non hai imaxe 30 de Novembro do 2021 · 

    Para o Sindicato Labrego Galego, conseguir unha axuda a tanto alzado, e non por hectárea, para os pequenos proxectos agrícolas sempre foi unha loita histórica. Conseguimos que se consideren estas axudas a tanto alzado, pero non é o que o SLG propoñía nun inicio, co que queremos enviar alegacións e queremos ter en conta a túa opinión.

     

  10. Xa dispoñibles os vídeos das xornadas sobre normativa hixiénico-sanitaria das producións alimentarias artesás

    Animais de granxa 18 de Maio do 2021 · 

    O Sindicato Labrego Galego foi unha das organizacións que colaborou na organización e realización dunhas xornadas teórico-prácticas sobre a normativa hixiénico-sanitaria nas producións alimentarias artesanais. Dado o enorme interese que suscitaron en todo o Estado, obrigándonos a limitar o acceso debido á alta demanda de participación, decidimos agora publicar os vídeos do que deron de si estes tres días de información e diálogos ao redor dun marco normativo do que depende a economía de miles de proxectos agrogandeiros no Estado.

  1. non queremos ser dependentes das empresas

    Nova privatización dun servizo público ás explotacións

    26 de Xaneiro do 2010 · 

     

    O servizo de lavado e desinfección de vehículos para o transporte de animáis terán que costealo a partir deste mes gandeiros e gandeiras. O recorte orzamentario volve a levar as culpas da desaparición destoutro servizo público, aínda que a sistemática privatización de todos estes servizos e as políticas de liberalización que tanto gustan aos nosos gobernantes son os verdadeiros culpábeis.

  2. axudas

    Impago das axudas correspondentes aos efectos do furacán Klaus no 2009 e redución das subvencións pra seguros agrarios no presente ano 2010

    19 de Xaneiro do 2010 · 

    Os graves efectos causados polo temporal do pasado 14 de xaneiro están a deixar ao descuberto a falla de responsabilidade coa que o Goberno galego pretende facer fronte ás numerosas perdas que o tecido produtivo da Galiza sofre, sobor de todo no inverno, debido ás condicións climáticas propias da nosa terra.