Como é sabido, no sector agrario os traballos nas explotacións teñen unhas características propias moi diferenciadas das do resto dos sectores, sendo as máis importantes: A gran dependencia da estacionalidade, que provoca un ritmo de traballo esixente; predominio de labores que requiren esforzo físico, repetitivas e sometidas ás inclemencias do tempo; e, no caso da agricultura convencional, a exposición a determinados produtos químicos como fertilizantes e fitosanitarios. Neste Fouce, analizaremos como se traduce isto nos riscos específicos para as labregas.
Video que amosa os terribles danos ocasionados polos agrotóxicos en bebés con malformacións conxénitas, asi coma a problemática d@s traballadores/as no agro.
Producción audiovisual realizada por CIAL (Corporación de Investigación en Agricultura Alternativa - Chile).
Vídeo elaborado por Belt Ibérica, S.A. en colaboración coa Xunta de Galicia
Un dos apartados do traballo con fitosanitarios, no que mais erros se producen como consecuencia do xa citado descoñecemento, da deixadez, da subestimación do perigo ou dunha mezcla dos tres factores, e sen dúbida o referente o almacenaxe dos productos fitosanitarios.
Manual elaborado polo gabinete de formación do SLG sobor dos riscos no uso da maquinaria agrícola e a seguridade vial. Risco de envorco, atropelos, riscos derivados da circulación, riscos por atrapamento, riscos por ruido, operacións de mantemento, etc.
A maquinaria agrícola é por desgraza demasiadas veces obxecto de noticias negativas e luctuosas e iso fundamentalmente por dúas razóns. A elevada siniestralidade viaria que se xera arredor da maquinaria agrícola e os constantes accidentes de traballo (de carácter non viario) que produce dita maquinaria.
Máquina moi utilizada na actividade forestal, sector que se caracteriza pola súa dureza, dificultade e perigosidade intrínseca, así como polas características do medio onde se desenvolven.
Os fitosanitarios son productos químicos bioloxicamente activos.
A Organización Mundial da Saúde (OMS) nun informe titulado Consecuencias Sanitarias do Emprego de Praguicidas na agricultura (1992 Xenebra) estimaba que cada ano se producían no mundo aproximadamente 1 millón de intoxicacións agudas por exposición a praguicidas cunha letalidade de entre o 0,4 e o 1,9%, atopándose a exposición laboral detrás do 70% dos casos mortais.
Mais ala dos riscos que afectan por igual os traballadores/as agrarios de ambos xéneros, compre facer fincapé en toda unha serie de riscos específicos aos que están sometidos as mulleres que traballan na agricultura e na gandería.