A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

Prevención de Riscos Laborais: 2015

  1. Médica

    Campaña 2015-2016 de recoñecementos médicos gratuítos para traballadores e traballadoras da profesión agraria

    9 de Outubro do 2015 · 

    O Sindicato Labrego Galego, no marco do convenio de colaboración co Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral (ISSGA), vén de dar comezo á campaña 2015-2016 de recoñecementos médicos gratuítos para labregos e labregas, que se levarán a cabo nos centros provinciais do ISSGA. Estes recoñecementos médicos estruturaranse do seguinte xeito:

  2. Teléfono de riscos

    SERVIZO NO SLG PARA ASESORAMENTO E CONSULTAS SOBRE RISCOS LABORAIS NO AGRO

    8 de Outubro do 2015 · 

     

    Se desexas facer calquera consulta sobre riscos laborais relacionados cunha actividade laboral que teña que ver cos sectores agrícola, gandeiro ou forestal, podes facelo chamando ao noso servizo de asesoramento no 981 554 147; ten en conta que neste 2014 mudamos o número de teléfono de información sobre riscos laborais con respecto ao ano pasado. Estaremos encantados e encantadas de poder axudarte.

  3. Muller labrega

    Riscos específicos das mulleres labregas en idade fértil, embarazo, posparto e lactación

    7 de Outubro do 2015 · 

    Máis alá dos riscos que afectan por igual os traballadores/as agrarios de ambos xéneros, compre facer fincape en toda unha serie de riscos específicos aos que estan sometidos as mulleres que traballan na agricultura e na gandería. A análise destos riscos, frecuentemente ignorados ou subestimados en publicacións que analizan a problemática dos riscos laborais no agro, e de gran importancia, non so polo que supoñen os riscos en sí para as lábregas, senón tamén pola importancia cuantitativa e cualitativa que ten o feito de que a maioría das persoas que traballan no sector agropecuario galego señan mulleres.

  4. Gandeiro

    Riscos derivados dos contactos con animais

    6 de Outubro do 2015 · 

    En calquera explotación gandeira existen dous tipos de riscos importantes xerados polo gando:

    Contacto físico. Refírese á posibilidade de ser mancado polo animal, xa sexa por turro,cornada, mordedura, pisada, couce ou calquera outro tipo de lesión directa, intencionada ou non.

    Transmisión de enfermidades (zoonose). As enfermidades transmitidas polos animais a persoas pódense contaxiar a través das vías dérmica, parenteral, dixestiva e respiratoria. De seguido, vémolas polo miúdo.

  5. Raio en granxa

    Riscos derivados das condicións climáticas e do medio natural

    5 de Outubro do 2015 · 

    As características do medio no que os labregos/as realizan a súa actividade fan que existan algúns riscos asociados a elas, podendo clasificarse este tipo de riscos en función de dous criterios: riscos derivados das condicións climáticas e riscos derivados do contacto con animais do medio no que se realiza a actividade.