A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

  1. Portada>
  2. Novas>
  3. Política Agraria>
  4. PAC 2020: Máis liberalización non resolverá os problemas da desregulación e a cegueira da clase política

PAC 2020: Máis liberalización non resolverá os problemas da desregulación e a cegueira da clase política

2 de Xuño do 2016

Future of the food

Trala xuntanza informal dos ministros e ministras de Agricultura e Pesca da Unión Europea, o 30 e 31 de maio en Holanda, a Coordinadora Europea da Vía Campesina examinou as súas deliberacións e o documento “Alimentos para o futuro-Ofuturo dos alimentos” (podes descargalo en inglés premendo na icona que hai no remate desta páxina), proposta pola presidencia holandesa da UE para iniciar as discusións sobre o futuro da Política Agraria Común despois de 2020.

A pesares dunha anunciada apertura á cuestión alimentaria na PAC, no encontro ministerial impúxose unha visión moi estreita do problema. Parece ser que as intencións de Bruxelas pasan por atender as demandas de transparencia por parte dos consumidores e consumidoras con maior poder adquisitivo, deixando de lado cuestións como o acceso a alimentos de calidade para millóns de persoas pobres en Europa, ou os problemas de saúde relacionados co consumo de alimentos industriais.

O enfoque do tema da produción tamén decepciona, xa que só se dirixe a agricultores e agricultoras “modern@s” ou a aqueles e aquelas que desexan selo, como demostra a parte do texto que se refire ás novas tecnoloxías da comunicación (ITC).

Ao final, o que propón a presidencia holandesa é un desenvolvemento aínda máis liberal e industrial do sistema agroalimentario, a pesares das graves crises que atravesan moitos sectores tralo cese das ferramentas de regulación do mercado.

Ramona Duminicioiu, labrega de Romanía, lamenta que “nada no documento teña abordado o futuro de millóns de pequenas granxas agrícolas e os problemas que se viven en Romanía, do mesmo xeito que en moitos países de Europa do Leste, especialmente diante do acaparamento de terras e o desenvolvemento anárquico das grandes cadeas de distribución”.

José Miguel Pacheco, labrego portugués, di que “a clase política no aprende a lección da crise do sector lácteo. O que precisamos en Europa é unha regulación pública dos mercados e da produción, no a denominada regulación por parte dun mercado dominado por unha manchea de multinacionais que está a xerar, actualmente, unha paralización en grande parte dos produtores e produtoras”.

Para Jyoti Fernandes, labrega do Reino Unido, “unha PAC mellorada debe fortalecer as redes innovadoras de intercambios directos, sistemas que hoxe existen entre as persoas produtoras e as persoas consumidoras, e isto faise a pesares de qeu a PAC non contribuiu a mellorar a situación das redes de intercambio directo”.

Se Europa quere sobrevivir mentres que a PAC continúa ocupando un lugar centrarl nas políticas europeas, entón terá que responder ás expectativas reais da súa poboación en materia de alimentación, medio ambiente, emprego, a vitalidade das súas zonas rurais e superar os seus dogmas de libre mercado. En vista das primeiras propostas que se viron no Consello Ministerial de Holanda, aínda nos queda moito traballo por diante e bastantes mobilizacións.

Future of the food

Ficheiro adxunto