A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

Política Agraria: 2018

  1. Anos de deficiencias na execución das políticas da CMR lastran a viabilidade das granxas galegas

    rdp consellaria 7 de Marzo do 2024 · 

    Esiximos que a CMR publique xa a orde que regula as axudas da PAC 2024 e abra prazo para novas solicitudes de agroambientais. Denunciamos o abandono de responsabilidades da CMR á hora de buscar unha correcta aplicación da PAC á realidade galega

  2. O agro galego esixe en Madrid políticas agrarias respectuosas cas produtoras e que garantan o dereito a unha alimentación saudábel

    Madrid26f2 26 de Febreiro do 2024 · 

    Como Coordenadora Europea Vía Campesina hoxe tamén participamos nas mobilizacións que teñen lugar en Bruxelas. Reiteramos as medidas demandadas ás administracións públicas nas mobilizacións galegas do pasado martes 20 de febreiro

  3. Valoración mobilizacións agrarias

    LVC10224_BRU22 2 de Febreiro do 2024 · 

    Posición do Sindicato Labrego Galego-Comisións Labregas. Valoración da xuntanza convocada polo conselleiro de Medio Rural e a conselleira de Infraestruturas e Mobilidade

  4. Gandeiras e investigadoras constatan os beneficios económicos e sociais da alimentación en base a pasto

    xornada pastos 25 de Xaneiro do 2024 · 

    Xornada informativa en Teixeiro dentro da campaña de denuncia da industrialización da IXP Ternera Gallega/Vacún de Galicia. Alimentar en base a pasto garante a calidade da carne, mellora o benestar animal, rexenera os solos e dignifica o traballo gandeiro

  5. Milleiros de granxas galegas inda non cobraron ningún dos importes da PAC, que a CMR comprometeuse a adiantar en novembro 2023

    Explotación 24 de Xaneiro do 2024 · 

    Esiximos á CMR dotar de persoal e medios ao FOGGA para cumprir ca súa responsabilidade de ser eficaces nas resolucións. Canda as demoras nos pagos, un ano máis a descoordinación da CMR entorpece as solicitudes de novas incorporacións

  6. Solicitamos unha moratoria para todas as granxas e a exención das pequenas e medianas na aplicación da nova normativa agrogandeira

    RdP180124 18 de Xaneiro do 2024 · 

    A Consellaría do Medio Rural renunciou a traballar co Ministerio para adecuar esta normativa á realidade produtiva galega. Eivas nas aplicacións informáticas, carencia de persoal técnico e incremento de gastos aumentarán as dificultades das granxas

  7. A Xunta de Galicia segue con atrasos na PAC 2023. Esiximos responsabilidade

    pac2024- 4 de Xaneiro do 2024 · 

    En novembro a Xunta utilizou os medios de comunicación para gabarse de anticipar a PAC. As granxas seguimos agardando. Denunciamos o desmantelamento de servizos públicos e esiximos a asignación de persoal requirida para xestionar a PAC

  8. Isabel Vilalba: “Para garantir o acceso a unha alimentación sa e de calidade precisamos moitas persoas labregas en tódolos territorios”

    CESE 26 de Septembro do 2023 · 

    A Secretaria Xeral do SLG-CCLL participou hoxe no Consello Económico e Social Europeo en representación da CEVC. Vilalba reiterou que as actuais políticas agroalimentarias da UE son contrarias á consecución do dereito á Soberanía Alimentaria

  9. Esiximos solucións ante a inxustificábel falta de correspondencia entre as previsións das axudas do Ministerio e a súa contía final

    campo 19 de Septembro do 2023 · 

    Hoxe o FEGA publicou os importes unitarios provisionais das axudas do Ministerio solicitadas en base a estimacións previas. Unha marxe de erro de até un 28% evidencia eivas nos cálculos e pon inda máis en risco a situación económica das nosas granxas

  10. Esiximos que a CMR habilite un sistema de comunicación que garanta a total notificación de incidencias na PAC

    sentinel 15 de Septembro do 2023 · 

    Na era da dixitalización, a Consellaría do Medio Rural négase a comunicar incidencias que son penalizadas na PAC
    Esixen que as persoas solicitantes estean pendentes de entrar periodicamente nunha aplicación para saber se hai notificacións

  11. Cincuenta organizacións "plántanse" en Córdoba fronte aos ministros/as europeos de Agricultura para reclamar outro modelo agroalimentario

    Córdoba 4 de Septembro do 2023 · 

    Organizacións da CEVC, entre as que se atopa o SLG-CCLL, visibilízanse durante o cumio de ministros/as de agricultura da UE do 3 ao 5 de setembro

  12. Cambiar todo para non cambiar nada: Unha ‘nova’ PAC para os grandes terratenentes e perceptores

    Manifestación PAC Lisboa 16 de Xullo do 2021 · 

    O 14 de xullo, durante a Conferencia Sectorial de Política Agraria Común coas conselleiras e conselleiros de Agricultura das 17 comunidades autónomas, o ministro presentaba en Madrid a Proposta de Acordo para a elaboración do plano estratéxico da Política Agraria Común. Mentres o conselleiro, José González, celebraba a "boa sintonía", o ministro aproveitaba para lanzar unha serie de slogans sobre a natureza "igualitaria", "xusta" ou "ecolóxica" da PAC, que se desmenten a pouco que se afonde nos desenvolvementos concretos desta.

  13. O SLG estivo en Lisboa para defender unha nova PAC na manifestación da Coordinadora Europea da Vía Campesina

    PAC 15 de Xuño do 2021 · 

    O Sindicato Labrego Galego foi unha das organizacións da Coordinadora Europea da Vía Campesina (ECVC) que apoiou coa súa presenza, o 14 de xuño, a manifestación de Lisboa en demanda dunha nova Política Agraria Común (PAC) feita atendendo aos intereses dos labregos e das labregas, á soberanía alimentaria dos pobos de Europa e que deixe de marxinar a Galiza. Tamén estiveron delegacións do Sindicato de Obreiros e Obreiras do Campo de Andalucía (SOC), COAG, EHNE Bizkaia, Confédération Paysanne e, por suposto, contamos coa acollida da Confederação Nacional de Agricultura (CNA).

  1. Mani CNA Lisboa

    Campaña de mobilizacións e emendas da ECVC para dar unha viraxe labrega á Política Agraria Común

    29 de Novembro do 2018 · 

    A menos dunha semana da presentación das emendas aos informes do Parlamento Europeo sobre a Política Agraria Común (PAC) post 2020, a Coordinadora Europea da Vía Campesina (ECVC) está a desenvolver unha campaña en toda Europa para insistir na necesidade de definir un modelo agrícola que sexa sostible e constitúa un verdadeiro apoio para as zonas rurais.

  2. Dereitos labregos ONU

    O Parlamento Europeo esixe que os estados membros da UE voten a favor da Declaración dos Dereitos Labregos

    5 de Xullo do 2018 · 

    Esta mesma semana, o 3 de xullo, o Parlamento Europeo (PE) adoptou unha resolución importante sobre as violacións de dereitos, incluído o acaparamento de terras, que sofren os pobos indíxenas de todo o mundo. Esta resolución inclúe unha importante recomendación aos estados membros da UE para que adopten a Declaración sobre os Dereitos Labregos que se negociou nos últimos anos no Consello de Dereitos Humanos da ONU, e que se volverá reunir en setembro.

  3. 17 de abril

    17 de abril: Liberemos aos labregos e ás labregas de tratados de libre comercio como Mercosur, CETA ou TTIP!

    5 de Abril do 2018 · 

    O 17 de abril de 1996, 19 labregos Sem Terra foron asasinados a tiros por unha milicia privada en Eldorado dos Carajás, Estado de Pará, Brasil. O seu crime: a ocupación de terras en barbeito propiedade dun rico terratenente. Este asasinato impune ficou na memoria das organizacións agrarias da Vía Campesina cuxa data foi designada como Día Mundial das Loitas Labregas.