A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

  1. Portada>
  2. Novas>
  3. Outras>
  4. O SLG denuncia diante da Educación os prexuízos por mor do atraso nas autorizacións do transporte escolar en Lugo

O SLG denuncia diante da Educación os prexuízos por mor do atraso nas autorizacións do transporte escolar en Lugo

22 de Septembro do 2014

Interior autobús

O Sindicato Labrego Galego rexistrou, o 19 de setembro, un escrito diante da delegación territorial en Lugo da Consellaría de Educación no que denunciaba a demora na concesión de autorizacións de transporte escolar para o alumnado de BAC que viaxa cos rapaces e rapazas da ESO, e os graves prexuízos que isto está a causar a moitas familias.

No escrito presentado ponse como exemplo desta deficiencia aos alumnos e alumnas de Muras que collen o transporte escolar en paradas como Campo da Balsa, Ponte da Balsa e Cadriño; e denúnciase que este atraso na concesión das autorizacións “supón un grave prexuízo ás familias, que teñen que desprazar a diario aos seus fillos e fillas a distancias considerábeis, co correspondente gasto económico, perda de tempo e, mesmo nalgúns casos, xerando a imposibilidade de solventar esta carencia, xa que non todo o mundo dispón de medios para transportar rapaces e rapazas”. Neste senso, o SLG subliña casos que rozan o absurdo de familias “en que un fillo vai no transporte escolar e a outro non o levan, cando os autobuses van con prazas baleiras”.

Por todo o devandito, o SLG pediulle á delegación territorial da Consellaría de Educación que axilice as autorizacións para non seguir causando todos estes prexuízos ás familias afectadas.