A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

  1. Portada>
  2. Novas>
  3. Outras>
  4. A campaña en demanda de solucións polos danos da fauna salvaxe ou os Dereitos Labregos na portada do Fouce 325

A campaña en demanda de solucións polos danos da fauna salvaxe ou os Dereitos Labregos na portada do Fouce 325

20 de Maio do 2019

Fouce 325

Agardando que o servizo de Correos no rural estea saturado por mor das eleccións municipais e europeas e que o Fouce 325 poida sofrer atrasos na súa chegada ás casas, adiantámosvos aquí os seus contidos. Destacadas en portada, a campaña para esixir solucións ao problema da fauna salvaxe a entrada de Sonia Vidal no Comité Coordinador da ECVC, a chegada da marca "C'est qui le patron?!” a Galiza ou a lectura pública da Declaración de Dereitos Labregos.

Tamén dedicamos espazos a temas como á xornada de horta de Lourenzá, as obrigas da Lei de Montes, a posta en marcha das xornadas de granxas abertas ou o traballo da Asociación As Berenguelas coas mulleres do rural de Culleredo. Rematamos cunha entrevista na contraportada a Esther Teijeiro, muller pioneira no mundo do viño galego que inscribiu a primeira adega na Ribeira Sacra ou que certificou o primeiro viño ecolóxico galego. #Fouce325

Podes descargar un exemplar en pdf na icona que atoparás no remate desta páxina.

Portada Fouce 325

Ficheiro adxunto