A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

  1. Portada>
  2. Novas>
  3. Outras>
  4. Fouce 326: Radiografía da especulación, acaparamento e concentración empresarial no sector vitivinícola galego

Fouce 326: Radiografía da especulación, acaparamento e concentración empresarial no sector vitivinícola galego

24 de Xullo do 2019

Fouce 326

O #Fouce236 xa vai camiño das casas. Neste número destaca unha reportaxe de investigación de cinco páxinas na que debullamos a especulación no mundo do viño, a concentración das axudas públicas nunhas poucas familias e adegas e o desembarco de grandes capitais que, paseniño, van acaparando os nosos viñedos. A maiores, tamén atoparás temas como os impagos de Tesgestacín (Logística Alimentaria), o obradoiro europeo no que analizamos a normativa hixiénico-sanitaria en alimentación, o perigo de perda das axudas agroambientais, as demandas da plataforma “Por un monte galego vivo”, a crónica das últimas Xornadas de Granxas Abertas, a crítica ao escaso labor do Consello Galego das Mulleres e moitas outras cuestións de actualidade. E, por certo, xa hai data posta para o III Festival Son Labreg@.Queres saber cando será? Descarga o Fouce na icona que atoparás no final desta páxina!

Portada 326

Ficheiro adxunto