A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

  1. Portada>
  2. Novas>
  3. Outras>
  4. O Son Labreg@, Árbores que non arden ou a manifestación do 20-O fan do monte o protagonista da portada do Fouce

O Son Labreg@, Árbores que non arden ou a manifestación do 20-O fan do monte o protagonista da portada do Fouce

30 de Septembro do 2019

Fouce 327

 

Cun pouquiño de atraso e algo magro en páxinas debido ás recentes vacacións estivais, vén de saír o #Fouce327 á rúa. Nel atoparás unha reportaxe sobre o que deu de si o encontro entre o Sindicato Labrego Galego e a presidenta da Inlac, Charo Arredondo, con entrevista incluída.

Tamén afondamos nas críticas da plataforma Por un monte galego con futuro ás políticas forestais e de prevención de lumes da Xunta ou na semana de mobilizacións na Galiza diante da situación de emerxencia climática. Precisamente, o editorial fala de cambio climático e do que se nos vén enriba. Destas e doutras cuestións poderás ler no último número do noso voceiro. Podes descargalo na icona que atoparás no remate desta páxina. A que agardas?

Portada Fouce 327

Ficheiro adxunto