A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

  1. Portada>
  2. Novas>
  3. Outras>
  4. O SLG reclama ao Consello Galego de Benestar datos sobre os recortes de persoal na residencia de maiores de Vilaba

O SLG reclama ao Consello Galego de Benestar datos sobre os recortes de persoal na residencia de maiores de Vilaba

19 de Abril do 2021

Residencia Vilalba

Margarida Prieto Ledo, en calidade de vogal do Consello Galego de Benestar en representación do Sindicato Labrego Galego, vén de solicitar ampla información neste órgano consultivo da Xunta para aclarar se a residencia de maiores de Vilalba, xestionada pola Fundación Hospital Asilo de Vilalba (FHAV), recortou o seu persoal sanitario nos últimos meses.

A solicitude fíxose a raíz das denuncias de persoas usuarias que se queixaron de deficiencias na cobertura de persoal de enfermería. Esta residencia, segundo datos da Consellaría de Política Social, debería contar cunha persoa como médica, sete enfermeiros ou enfermeiras e unha especialista en psicoloxía. Porén, segundo as denuncias das persoas usuarias, non contan con servizo de enfermería as 24 horas.

Diante disto, dende o SLG reclamamos:

  1. Coñecer o número de persoal sanitario que lle corresponde á residencia de persoas maiores FHAV segundo o número de persoas usuarias que atende na actualidade.

  2. Saber se está actualizada a información de web da residencia de persoas maiores FHAV.

  3. Saber se é certa a falla de persoal na residencia de persoas maiores FHAV que se está a denunciar.

  4. Coñecer cantas inspeccións se teñen feito nos últimos dous anos na residencia de persoas maiores FHAV. Saber tamén se, nestas inspeccións, se detectaron incumprimentos relacionados cos feitos denunciados e, en caso de detectarse, se fixeron posteriores inspeccións para comprobar a súa debida corrección.