A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

  1. Portada>
  2. Novas>
  3. Outras>
  4. Aprazamento da VII romaría POR UN MUNDO RURAL VIVO de Ordes.

Aprazamento da VII romaría POR UN MUNDO RURAL VIVO de Ordes.

26 de Agosto do 2009

POR UN MUNDO RURAL VIVO 2008

O Sindicato Labrego Galego da comarca de Ordes, que vén celebrando o día 31 de agosto de cada ano a súa romeria “ POR UN MUNDO RURAL VIVO”, decidíu en asembleia do Consello Comarcal o adiamento da mesma até o vindeiro venres 11 de setembro. O lugar de celebración será a CARBALLEIRA DE VILOUCHADA, concello de TRAZO.

O motivo deste adiamento é a grave situación pola que está a atravesar o sector leiteiro, que na comarca de Ordes supón milleiros de postos de traballo, sendo ademais recentemente ubicada no punto de mira da empresa Lácteos Lence, que ameaza con suspender a partires do 1 de setembro a recollida dos dous millóns de litros mensuais que produce a Cooperativa Comarcal de Ordes.

Igualmente, por mor da irresponsabilidade política á hora de facer fronte á problemática que está á poñer en risco un dos sectores produtores principais deste país como é o do leite, o SLG convocará ás gandeiras e gandeiros a levar adiante mobilizacións entre os días 1 e 7 de setembro, polo que esta VII edición da romería "POR UN MUNDO RURAL VIVO" ficará postposta até o venres 11.

Ogallá ese día poidamos celebrar que este noso mundo rural vivo está tamén moi vivo na loita e que conquire o dereito a vivir do seu traballo, nomeadamente a produción dos alimentos que entran tódolos días no noso lar pra podermos vivir saudabelmente nós e a nosa xente.