A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

  1. Portada>
  2. Novas>
  3. Outras

Outras

  1. Mani SOS Sanidade Pública

    O SLG apoia a manifestación de SOS Sanidade Pública para reivindicar unha atención primaria digna

    6 de Febreiro do 2019 · 

    O Sindicato Labrego Galego apoia a manifestación convocada por SOS Sanidade Pública deste domingo, 10 de febreiro, en defensa do sistema sanitario público galego e dunha atención primaria digna. Dende que comezaron os recortes no noso sistema sanitario, este non fixo máis que degradarse, ano tras ano: precariedade laboral, problemas de accesibilidade a probas diagnósticas, sobrecarga crónica, perda da dirección autónoma de atención primaria, perda de financiamento, falta de tempo para atender os e as pacientes, supresión das áreas sanitarias e de servizos nos hospitais comarcais, etc.

  2. A Limia

    O SLG denuncia o desmantelamento da Oficina Agraria Comarcal de Xinzo e demanda recursos suficientes para ela

    4 de Febreiro do 2019 · 

    O Sindicato Labrego Galego rexistrou unha instancia na que se interpela á Consellaría de Medio Rural para que dote de suficientes medios materiais e humanos a Oficina Agraria Comarcal (OAC) de Xinzo de Limia. No escrito presentado denúnciase que “sendo a OAC de Xinzo de Limia a que conta con maior carga de traballo de todas as oficinas agrarias comarcais da provincia de Ourense e de Galicia, tanto en volume como en número de explotacións (...), leva varios meses sen técnicos para tramitar axudas nin para xustificar as xa aprobadas”.

  3. Agromo

    A ferida labrega

    31 de Xaneiro do 2019 · 

    por Sabela Facal, labrega.

    Na sección de Mocidade do Fouce 323, Sabela Facal reflexiona sobre as difucultades da xente nova que se incorpora á agricultura, sexan mozos e mozas "neorrurais" que proceden de ámbitos urbanos ou que non tiveran antes relación co agro, sexan aqueles e aquelas que herdan o oficio de pais e nais. Sexan quen sexan, as dificultuades e os atrancos están asegurados...

  4. Ramón Muñiz

    Unhas palabras sobre Ramón Muñiz de las Cuevas

    21 de Xaneiro do 2019 · 

    por Xosé Ramón Cendán

    O 30 de novembro, deixou de estar entre nós Ramón Muñiz, Marcelo. Na argumentación patriarcal, hai aquel dito de que detrás de cada home triunfador hai unha gran muller. Ramón é un caso aparte. El contribuía a mellorar outros líderes e deixaba para eles os aplausos. Ramón Muñíz de las Cuevas é unha desas persoas que sementou moito na súa vida. E, desas sementes, saíron moitas colleitas.

  5. Portada Fouce 323

    FOUCE 323: Unha portada histórica coa aprobación da Carta de Dereitos Labregos na Organización das Nacións Unidas

    18 de Xaneiro do 2019 · 

    Esta semana está chegado ás casas o Fouce 323, correspondente aos últimos meses do ano 2018. Destacamos na portada a histórica votación na ONU coa que se aprobou a Carta de Dereitos Labregos e o primeiro Encontro LGTBIQ da Coordinadora Europea da Vía Campesina que se celebrou en Compostela. Tamén neste número encontrarás interesantes entrevistas como as que lle fixemos ao mestre queixeiro José Luís Martín ou á enóloga Cecilia Fernández.

  6. Ministerio Seguridade Social

    O SLG denuncia a privatización dos dereitos laborais d@s autónom@s no novo decretazo do Goberno do Estado

    16 de Xaneiro do 2019 · 

    O Sindicato Labrego Galego quere denunciar un novo decretazo do Goberno do Estado co que se afonda aínda máis no proceso de privatización dos dereitos laborais dos traballadores e das traballadoras do Réxime de Autónom@s: a obriga de deixar a Seguridade Social por mutuas privadas dos autónomos e autónomas que cotizaban antes da reforma do 1 de xaneiro de 1998.

  1. Anterior
  2. 1
  3. 2

Arquivo