O Sindicato Labrego Galego está a recibir numerosas queixas de afiliados e afiliadas por mor das deficiencias do servizo de rehabilitación que ofrece o Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA), especialmente por parte de persoas que viven na montaña lucense.
Xa estamos repartindo o Fouce328 polas parroquias de Galiza. Neste número traemos denuncias potentes, como a desastrosa xestión da Consellaría de Medio Rural que deixou sen executar ao redor de 130 millóns de euros na “lexislatura do rural” ou o proceso xudicial que se está a xestar en todo o Estado contra o cártel de industrias lácteas que foron multadas por pactar prezos. Ademais, damos conta en informacións e reportaxes da actividade da Cooperativa A Carqueixa, das palestras do Festival Son Labreg@, da intensa actividade formativa do SLG, da vendima das Xornadas Intervegas ou da manifestación da plataforma “Por un monte galego con futuro”, entre outras. Xa podedes descargar o voso exemplar na icona que atoparedes no remate desta páxina.
O Sindicato Labrego Galego denuncia a intención de Medio Rural de rematar coas axudas agroambientais, das que se están a beneficiar ao redor de 4.000 granxas na Galiza, principalmente en Lugo e na montaña de Ourense. Sorprende isto cando o Informe de Contas do ano 2018 da Xunta, publicado esta semana, revela que Medio Rural deixou sen executar 116 millóns de euros ese ano, ou Agader 10 millóns (a metade do seu orzamento). Podes descargar o extracto do informe premendo na icona que atoparás ao remate desta nova.
Esta mañá os colectivos ACSUR, Asociación Amarante, Coordinadora Galega de Crentes, Enxeñeiría Sen Fronteiras Foro de Inmigración, Fuco Buxán, Sindicato Labrego Galego, Verdegaia, Wipala quixemos mostrar o noso apoio ante os graves acontecementos que están tendo lugar en Honduras tralas eleccións do pasado domingo.
O Sindicato Labrego Galego presentou hoxe un estudo que baixo o título “Estudo sobre a siniestralidade no uso da maquinaria agrícola” analiza a problemática da accidentalidade no sector agropecuario ao tempo que apunta unha serie de recomendacións para que o sector agropecurio abandone as elevadas taxas de siniestralidade que sufre na actualidade .
Ás 11:30hrs. de mañá, mércores 28, presentación en rolda de prensa do estudo "Siniestralidade no uso da maquinaria agrícola" e do manual "Seguridade Vial e Prevención de Riscos Específicos na Maquinaria Agrícola", realizados polo SLG
Dende o día 15 de outubro e até o mes de novembro, terán lugar xornadas de formación agraria de carácter multitemático nas distintas comarcas do país. ACUDE!
Lídia Senra, Secretaria de Organización do SLG, participará mañá na segunda edición do Acampamento de Montanha de AMAL, que nesta ocasión desenrolará tres xornadas de coñecemento directo da serra na comarca da Seabra. Senra abordará a necesidade de acadarmos a soberanía alimentar para Galiza nunha palestra que terá lugar ás 19:00hrs.
Rolda de prensa.
Dende as 12:00hrs. até a noite, na carballeira de Vilouchada (Trazo), disfrutaremos dunha xornada de lecer e unidade na que compartiremos produtos caseiros, queimada... Haberá música, bailes, xogos e, sobor de todo, será un excelente xeito de reivindincar o orgullo de vivirmos no rural, lema da romaría "Por un mundo rural vivo" deste ano. Actualizada con imaxes.
Mañá, sábado 5, ás 13:00 Lídia Senra participará, canda representantes de sindicatos obreiros, nunha mesa redonda que terá lugar no XXIII Festival da Poesía do Condado. Actualizada con imaxes.
O Sindicato Labrego Galego da comarca de Ordes, que vén celebrando o día 31 de agosto de cada ano a súa romeria “ POR UN MUNDO RURAL VIVO”, decidíu en asembleia do Consello Comarcal o adiamento da mesma até o vindeiro venres 11 de setembro. O lugar de celebración será a CARBALLEIRA DE VILOUCHADA, concello de TRAZO.
Lídia Senra, Secretaria de Organización do SLG, convidada pola Asociación Cultural Foucelhas, debullará mañá ás 18,00hrs. en Ordes as alternativas de resistencia no rural galego.