A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

  1. Portada>
  2. Novas>
  3. Outras>
  4. 2009

Outras: 2009

  1. Inauguracion do novo local do SLG en Ordes

    Inauguración do novo local do Sindicato Labrego Galego en Ordes

    3 de Xuño do 2009 · 

    Na mañá de hoxe inauguramos na comarca de Ordes o novo local do Sindicato Labrego Galego, arroupado por unha boa parte da afiliación, así como o apoio dos compañeiros e compañeiras da Oficina Agraria Comarcal, servizos veterinarios membros da asociación de comerciantes “Acordes” e membros simpatizantes do SLG.

  2. acivega

    Rolda de Prensa. Sinatura do convenio de colaboración entre o SLG e a Fundación ACIVEGA

    2 de Xuño do 2009 · 

    Mañá, ás 11,00hrs, no Clube Internacional de Prensa (Santiago de Compostela), presentarase en rolda de prensa o asinamento do convenio de colaboración entre o Sindicato Labrego Galego – Comisións Labregas e a Fundación para o Avance Científico da Veterinaria en Galicia (ACIVEGA).

    Este Convenio ten como obxectivo establecer o marco de relacións de colaboración e traballo conxunto entre ambas entidades en todas as áreas de actuación nas que as dúas partes conflúan.

  3. ordes

    Novo local en Ordes

    1 de Xuño do 2009 · 

    O Sindicato Labrego Galego ven de mudar de local na comarca de Ordes.

    O novo enderezo é:

    Rúa nova 33, baixo dereita

    15.680 - Ordes

    Enfrente ao local anterior.

     

    Convidámosvos ao acto de inauguración que terá lugar o mércores 3 de xuño ás 12.00hrs.

  4. monumento

    Loitamos polo dereito a seguir falando das nosas aldeas

    15 de Maio do 2009 · 

    No Sindicato Labrego Galego estamos loitando arestora por seguir producindo leite, pero é irrenunciábel seguir muxindo en muxidoras, non en ordeñadoras; e non estamos dispostas a mudar a corte polo establo. ACTUALIZADA CON IMAXES DA MANIFESTACIÓN A PROL DA LINGUA O 17 de maio.

  5. logo cmr

    Valoración da entrevista mantida onte co conselleiro Samuel Juárez Casado

    29 de Abril do 2009 · 

    No primeiro encontro mantido por representantes do SLG co Conselleiro de Medio Rural e os Directores Xerais recentemente nomeados (agás o de Montes) valoramos o ton cordial da mesma e a recepción das nosas propostas  por parte da CMR. Salientar que o seu compromiso foi estudalas e darnos respostas, máis non tivemos coñecemento nesta xuntanza de ninguna proposta da nova Consellaría nos temas urxentes abertos, leite incluído. Agardamos respostas en breve pois, dada a urxencia e a gravidade dalgunha das cuestión plantexadas.

  6. ami xornadas

    Lídia Senra debullará mañá en Compostela as alternativas do rural perante da crise, dentro das XI Jornadas da Mocidade Independentista

    27 de Abril do 2009 · 

    Mañá, martes 27 de abril, ás 19:30, na aula nº3 da Facultade de Historia, en Santiago de Compostela.

  7. empezamos3

    Decretado no primeiro día de goberno Feijoo o peche do CIP, infraestrutura pública de comunicación fundamental para as organizacións sociais da Galiza. Xa “empezamos”...?

    21 de Abril do 2009 · 

    O recebimento na Galiza da líder labrega internacional Mariam Sissoko, viuse na mañá de hoxe lixada polo desprezo cara a liberdade de expresión que o recentemente constituído goberno da Xunta da Galiza decidiu facer evidente dende hoxe mesmo, tomando coma primeira medida o peche a golpe de chamada telefónica do Clube Internacional de Prensa (CIP) de Santiago de Compostela.

  8. MOCEDADE

    Encontro da mocedade do Sindicato Labrego Galego: 4 e 5 de abril, Melide

    4 de Abril do 2009 · 

    Nesta fin de semana terá lugar o Encontro da Mocedade do Sindicato Labrego Galego, estructurado en torno ao seminario: “As políticas de instalación, de mozas e de mozos na actividade agraria, do papel á realidade”.

  9. andaina

    Palestra-ceia de recoñecemento e apoio a Lídia Senra realizada polas mulleres do colectivo feminista ANDAINA

    30 de Marzo do 2009 · 

    Ás 20.30 do pasado sábado 28 de marzo,  Lídia Senra -ex-Secretaria Xeral e actual Secretaria de Organización do SLG- desenvolveu unha palestra sobor da soberanía alimentar na Gentalha do Pichel (Compostela)  que habería de rematar en cea.

    O que esta muller labrega e histórica militante galega descoñecía era que todas as alí presentes tiñan un único obxectivo: visibilizar o  forte apoio e profundo recoñecemento cara a súa persoa.

    O momento máis emotivo tivo lugar durante a proxección do vídeo sobor do importante traballo realizado por Lídia Senra na loita agraria e social, realizado por GZvideos.

    http://gzvideos.info/video-proxectado-no-acto-de-apoio-a-lidia-senra/
    http://gzvideos.blip.tv/file/1935204/)

  1. Anterior
  2. 1
  3. 2
  4. 3
  5. Seguinte