O Sindicato Labrego Galego está a recibir numerosas queixas de afiliados e afiliadas por mor das deficiencias do servizo de rehabilitación que ofrece o Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA), especialmente por parte de persoas que viven na montaña lucense.
Xa estamos repartindo o Fouce328 polas parroquias de Galiza. Neste número traemos denuncias potentes, como a desastrosa xestión da Consellaría de Medio Rural que deixou sen executar ao redor de 130 millóns de euros na “lexislatura do rural” ou o proceso xudicial que se está a xestar en todo o Estado contra o cártel de industrias lácteas que foron multadas por pactar prezos. Ademais, damos conta en informacións e reportaxes da actividade da Cooperativa A Carqueixa, das palestras do Festival Son Labreg@, da intensa actividade formativa do SLG, da vendima das Xornadas Intervegas ou da manifestación da plataforma “Por un monte galego con futuro”, entre outras. Xa podedes descargar o voso exemplar na icona que atoparedes no remate desta páxina.
O Sindicato Labrego Galego denuncia a intención de Medio Rural de rematar coas axudas agroambientais, das que se están a beneficiar ao redor de 4.000 granxas na Galiza, principalmente en Lugo e na montaña de Ourense. Sorprende isto cando o Informe de Contas do ano 2018 da Xunta, publicado esta semana, revela que Medio Rural deixou sen executar 116 millóns de euros ese ano, ou Agader 10 millóns (a metade do seu orzamento). Podes descargar o extracto do informe premendo na icona que atoparás ao remate desta nova.
O pasado 27 de novembro, a Mesa Galega de Educación no Rural (MGER) presentaba, en Compostela, un documento en defensa dun ensino público de calidade e universal no noso campo. A MGER está integrada polos movementos de renovación pedagóxica galegos -Asociación Socio Pedagóxica e Nova Escola Galega-, sindicatos do ensino -CIG, CCOO, CSIF, STEG, UGT- e a Asociación socio-educativa Antonio Gandoy (antigo Preescolar na casa). Para elaborar o documento final presentado, contaron coa participación, a maiores, de asociacións de pais e nais do rural, profesorado e especialistas de diversos campos. O 10 de decembro, a presentación tiña lugar en Lugo.
A Plataforma SOS Sanidade Pública chama a toda a poboación galega a apoiar a folga dos traballadores sanitarios contra os recortes, os copagos e a privatización da sanidade pública galega.
Organizadas polo concello de Castrelo de Miño e o Sindicato Labrego Galego, celebraranse mañá, 28 de novembro, a sétima edición das Xornadas de Viticultura Natural e Biodináimica que, desta vez, correrá a cargo de André Rodrígues Henriques da Silva, enxeñeiro agrónomo e asesor de viticultura ecolóxica e biodinámica.
O Sindicato Labrego Galego organiza esta semana un curso sobre poda de árbores froiteiras na Estrada que comezará este xoves, 28 de novembro. A pesares da inminencia do inicio, aínda hai prazas vacantes, polo que as persoas interesadas en facelo están a tempo de inscribirse chamando ao 986 573 232.
O Sindicato Labrego Galego participou na manifestación do 12 de outubro, na Coruña, convocada pola Plataforma Auditoría Cidadá da Débeda, da que forma parte. Esta mobilización encadrouse na Semana de Acción Global contra a Débeda e as Institucións Financeiras Internacionais, que se celebrou en cidades de todo o Estado, incluíndo na Galiza a Ourense, A Coruña e Ribadeo, do 8 ao 15 de outubro.
O Sindicato Labrego Galego apoiará a marcha a Santiago de Compostela que organiza este sábado, 28 de setembro, a Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público. O SLG apoia esta manifestación por compartir coas entidades convocadoras o rexeitamento á reforma da LOMCE que quere levar adiante o ministro Wert e para protestar tamén polos recortes que está a sufrir a escola pública.
Foi o 2 de xuño de 2013, ao celebrar o Día do Medio Ambiente coa tradicional manifestación conmemorativa. Este ano, a convocatoria xirou sobre o tema que máis preocupa neste momento a ecoloxistas e cidadanía en xeral: a minaría a gran escala como proposta económica para Galiza. De xeito inesperado, o pasado 9 de setembro, o colectivo Verdegaia -que forma parte da plataforma ContraMINAcción, organizadora das protestas- recibiu unha multa de 450 €
O Sindicato Labrego Galego, como membro da Coordinadora Galega pola Paz, asinou o manifesto contra a guerra en Siria que se leu e entregou, o 5 de setembro, no consulado dos Estados Unidos na Coruña; e apoiará a xornada de concentracións de protesta que se celebrará nas principais vilas galegas o vindeiro 10 de setembro.
A Xunta vén de incrementar nas últimas semanas o custe das escolas infantís e do servizo de comedor escolar nos centros educativos. A medida terá unha forte repercusión nas familias labregas que, por mor vivir no rural, moitas veces a grandes distancias dos centros escolares onde estudan os seus fillos e fillas, están na obriga de pagarlles o servizo de comedor por ser inviable que veñan comer a casa. Así, terán que pagar até 4,5 € por xantar, segundo a orde publicada pola Consellaría de Educación no DOG1.
O 31 de agosto, as Encrobas volveron ser o eido no que centos de persoas se congregaron para expresar con orgullo o seu amor á terra. Hai 35 anos, expresárono a través da loita contra a usurpación desa terra pola eléctrica Fenosa. Hoxe, fixérono para homenaxear a un dos artífices daquela resistencia de bágoas e puños erguidos, Moncho Valcarce, no vinte aniversario do seu pasamento. Poesía, música, sentidas palabras pero, sobre todo, a emoción e calor dos amigos e das amigas en cuxos corazóns e memoria aínda latexa Moncho fixéronnos sentir que o seu legado segue vivo e actual.