A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

  1. Portada>
  2. Novas>
  3. Outras>
  4. 2014

Outras: 2014

  1. Queremos Galego

    O Sindicato Labrego apoia as oito manifestacións convocadas por Queremos Galego neste 17 de maio

    16 de Maio do 2014 · 

    Como tódolos anos, o SLG apoia as mobilizacións convocadas pola plataforma Queremos Galego con motivo do 17 de maio, Día das Letras Galegas. Este ano, a manifestación que tradicionalmente enchía as rúas de Compostela vaise multiplicar por oito e terá lugar, ademais, na Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Ferrol, Vigo e Foz. De seguido, publicamos o manifesto que será lido ese día en todas estas cidades, amais dos horarios das diversas convocatorias.

  2. Revolución

    Dous millóns de persoas asolagan Madrid en demanda de pan, traballo e teito coas Marchas da Dignidade

    24 de Marzo do 2014 · 

    En autobuses, trens ou coches particulares, sen esquecermos a comunidade galega afincada en Madrid, Galiza respondeu con creces ás Marchas da Dignidade do 22 de marzo. A capital do Estado viuse asolagada por unha marea humana vida dende todos os puntos da xeografía do Estado que roldou os 2 millóns de persoas.

  3. Marchas da Dignidade

    Pola terra, pola auga, polos alimentos, o Sindicato Labrego Galego súmase ás Marchas da Dignidade

    19 de Marzo do 2014 · 

    A secretaria xeral do Sindicato Labrego Galego, Isabel Vilalba Seivane, participou hoxe, 18 de marzo, na presentación das Marchas da Dignidade galegas que se fixo en Compostela. Isabel Vilalba expresou o compromiso do SLG de sumarse ás riadas de persoas que, dende toda a xeografía do Estado Español, están a dar corpo ás Marchas da Dignidade que este sábado, 22 de marzo, confluirán en Madrid para expresar o seu rexeitamento a unhas políticas que están a estender pobreza e miseria por onde queira ao tempo que as clases máis ricas incrementan aínda máis a súa riqueza.

  4. 300

    O Fouce chega ao número 300 tras 40 anos de andaina

    17 de Marzo do 2014 · 

    O periódico do Sindicato Labrego Galego, o Fouce, chega ao número 300 tras 40 anos de andaina. Con motivo deste aniversario, no SLG decidimos renovar o deseño gráfico da publicación, con mudanzas tan significativas como trocar a cabeceira que, durante os últimos 25 anos, identificou ao principal medio de comunicación para miles de labregos e labregas da Galiza. Diso falamos neste número tan especial, sen esquecer os contidos que, habitualmente, enchen as páxinas do Fouce. Desta vez, tocamos cuestións como a reforma da Política Agraria Común, a desidia da Consellaría de Medio Rural diante dos estragos da vaga de temporais, unha interesantísima experiencia de recuperación de froiteiras autóctonas na Mariña ou a posición da Secretaría das Mulleres diante da contrarrefroma da Lei do Aborto. Agardamos que vos sexa frutífera a lectura. Para acceder a el premendo aquí, ou decargalo na icona ao final desta páxina.

  5. Euro

    A ineptitude da Consellaría de Medio Rural provoca o atraso no cobro das axudas da PAC a varias explotacións

    12 de Marzo do 2014 · 

    O Sindicato Labrego Galego denuncia que varias explotacións perceptoras das axudas da Política Agraria Común (PAC) na Galiza seguen sen cobrar de maneira totalmente arbitraria e sen xustificación algunha por parte da Consellaría de Medio Rural, que non pon nin un céntimo destas subvencións (os cartos veñen de Bruxelas) e só se ten que limitar a xestionar o seu reparto.

  6. Enxerto

    O SLG pon en marcha varias actividades formativas gratuítas dirixidas a persoas do norte de Pontevedra

    10 de Marzo do 2014 · 

    O Sindicato Labrego Galego está a organizar a súa programación formativa de primavera para profesionais da agricultura do norte de Pontevedra. Os cursos terán lugar na Estrada e combinarán as aulas teóricas con saídas de campo prácticas. Trátase de actividades completamente gratuítas e están abertas a tódalas persoas interesadas en facelas, sexan ou non profesionais da agricultura.

  7. Cartaz ASG

    Manifestacións nas principais cidades e vilas convocadas pola Alianza Social Galega “por outra saída da crise”

    27 de Febreiro do 2014 · 

    A Alianza Social Galega1, da que forma parte o Sindicato Labrego Galego, levará a cabo mobilizacións nas principais cidades e vilas galegas hoxe, 27 de febreiro. Baixo o lema “Por outra saída da crise”, a Alianza Social Galega fará público un manifesto (pódese descargar ao final desta páxina) co que o meirande do tecido social galego esixirá dos gobernos políticas alternativas aos “recortes impostos polo Partido Popular que só conseguen aumentar aínda máis o paro, a emigración, os desafiuzamentos, o empobrecemento e a exclusión social de máis galegos e galegas”.

  8. Marchas da Dignidade Galiza

    O Sindicato Labrego convoca á cidadanía a participar nas manifestacións de apoio na Galiza á Marcha da Dignidade

    25 de Febreiro do 2014 · 

    O Sindicato Labrego Galego, como organización sindical integrante da Plataforma Galega pola Marcha da Dignidade que converxerán en Madrid o vindeiro 22 de marzo, convoca á cidadanía galega a participar nas manifestacións de apoio a esta iniciativa que se celebrarán en Ferrol, A Coruña, Vigo, Compostela, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vilagarcía de Arousa o vindeiro mércores, 26 de febreiro, ás 20:00 horas. De seguido, transcribimos o manifesto que acordamos as organizacións convocadoras.

  9. Fouce

    O acaparamento de terras pola minaría salvaxe e a defensa das sementes na portada do Fouce 299

    3 de Xaneiro do 2014 · 

    O número 299 do noso periódico, o Fouce, vén de imprimirse esta mesma noite. Se queres botarlle unha ollada antes de ter a edición impresa, podes facelo descargándoo en pdf nesta mesma páxina. Dúas cuestións para nós fundamentais enchen varias páxinas, amais da portada: a primeira, a problemática do acaparamento de terras a través de novas de actualidade como os contactos de ContraMINAcción con varios partidos políticos, a denuncia diante da Unesco da minaría salvaxe nos espazos protexidos da provincia de Lugo ou a nova Lei do Solo. A segunda vira ao redor das sementes, un patrimonio dos labregos e labregas dende os albores da humanidade do que agora se queren apropiar varias multinacionais; iniciativas da Vía Campesina como os seminarios de Gaillac ou Zimbawe, ou a Rede Galega de Sementes, están na vangarda da loita contra esta nova tentativa duns poucos que queren facerse co control mundial da alimentación.

  1. Anterior
  2. 1
  3. 2