A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

  1. Portada>
  2. Novas>
  3. Outras>
  4. 2017

Outras: 2017

  1. Impulsores xenéticos: Os organismos xeneticamente modificados que poden rematar coa biodiversidade na Terra

    Impulsores xenéticos 30 de Xullo do 2019 · 

    Nesta terceira entrega sobre os organismos xeneticamente modificados (OXMs) imos falar dos coñecidos como "impulsores xenéticos". A que nos referimos cando falamos de impulsores xenéticos? Trátase dunha nova técnica de enxeñería xenética que se usa para forzar a transmisión ás seguintes xeracións dun ou varios xenes en especies vexetais como animais.

  2. Fouce 326: Radiografía da especulación, acaparamento e concentración empresarial no sector vitivinícola galego

    Fouce 326 24 de Xullo do 2019 · 

    O #Fouce236 xa vai camiño das casas. Neste número destaca unha reportaxe de investigación de cinco páxinas na que debullamos a especulación no mundo do viño, a concentración das axudas públicas nunhas poucas familias e adegas e o desembarco de grandes capitais que, paseniño, van acaparando os nosos viñedos. A maiores, tamén atoparás temas como os impagos de Tesgestacín (Logística Alimentaria), o obradoiro europeo no que analizamos a normativa hixiénico-sanitaria en alimentación, o perigo de perda das axudas agroambientais, as demandas da plataforma “Por un monte galego vivo”, a crónica das últimas Xornadas de Granxas Abertas, a crítica ao escaso labor do Consello Galego das Mulleres e moitas outras cuestións de actualidade. E, por certo, xa hai data posta para o III Festival Son Labreg@.Queres saber cando será? Descarga o Fouce na icona que atoparás no final desta páxina!

  1. IBI

    O Concello de Muras aproba a redución do IBI ás granxas pero concede só tres días de prazo para solicitala

    27 de Decembro do 2017 · 

    O Sindicato Labrego Galego quere avisar a toda a veciñanza do rural de Muras que o concello vén de abrir o prazo de solicitude para pedir a redución do Imposto de Bens Inmobles (IBI) ás granxas. Isto acontece despois de que, a finais de 2016, o pleno aprobase inicialmente a ordenanza que o permite; e esta fose aprobada definitivamente e publicada no BOP de Lugo onte, 26 de decembro. Dado que a aplicación da redución do IBI comezaría a ser efectiva dende o 1 de xaneiro de 2018, as persoas que queiran solicitar esta bonificación terán que facelo nos tres días hábiles que lle quedan ao ano 2017: 27, 28 e 29 de decembro. Cando leas isto, só quedarán dous días.

  2. Fouce 317

    Fouce 317: Repasamos o que deu de si o último trimestre do ano 2017 para a agricultura e o rural galegos

    22 de Decembro do 2017 · 

    Durante as últimas semanas, estivemos adiantando, paseniño, boa parte dos contidos do noso último voceiro publicado, o Fouce 317. As entrevistas a Eduardo Quintás, mozo gandeiro enfrontado ao proxecto mineiro en Touro e O Pino, ou a Xosé María Vilaverde, labrego a pesares de todo; ou a estensa crónica do II Foro Labrego de Agroecoloxía; xa estiveron circulando polas redes sociais. Agora, podedes descargar o periódico completo na icona que atoparás no remate desta páxina para repasar a actualidade do noso medio rural e da nosa agricultura a través de textos sobre como nos afectan acordos de libre comercio como Mercosur, a nova Lei de Depredación de Galiza, a política catastrófica do Partido Popular contra os lumes ou a intensa campaña da Secretaría das Mulleres do SLG en torno ao 25N.

  3. Burocracia Xunta

    A telematización dos procedementos administrativos discrimina a cidadanía do rural en Galiza

    21 de Decembro do 2017 · 

    O 2 de outubro de 2015, o Boletín Oficial do Estado (BOE) publicaba unha Lei de Procedemento Administrativo que obrigaba a telematizar o traballo das administracións e que entraría en vigor un ano despois, en outubro de 2016. É dicir, que dende hai un ano, as entidades asociativas e persoas xurídicas deben relacionarse obrigatoriamente coa Administración por vía telemática, proceso que tamén se está dando cada vez con máis forza coas persoas físicas.

  4. Feijóo e o rural

    Editorial Fouce 317: "Para Feijóo o rural vai ben mentres o sector lácteo galego perde 10'66 millóns cada mes"

    1 de Decembro do 2017 · 

    Compartimos con vós o editorial que abre o Fouce 317. Nel, damos un repaso á actualidade da Galiza labrega e a situación crítica que atravesa polas políticas nefandas para o medio rural do Goberno de Feijóo ou, tal e como explicamos, pola carencia total de políticas para agricultura e gandería.

  5. Catastrazo

    A campaña do SLG en Vilalba conseguiu que o concello conceda reducións do 90% no IBI dos inmobles agrarios

    29 de Novembro do 2017 · 

    O 3 de xullo do ano 2015, o SLG rexistraba no Concello de Vilalba unha petición de modificación da ordenanza fiscal do IBI para mitigar o grave impacto que o procedemento de regularización catastral ía ter na economía das familias labregas vilalbesas. Dende aquela, dende o SLG desenvolvemos unha intensa campaña informativa, con xuntanzas veciñais e contactos con representantes municipais. Dous anos despois, o Concello de Vilalba atendeu a nosa petición.

  6. Impostos abusivos rural

    A mocidade do Sindicato Labrego Galego reclama de Medio Rural solucións á fiscalización abusiva da Axencia Tributaria

    9 de Novembro do 2017 · 

    Un grupo de mozos e mozas do Sindicato Labrego Galego vidos de diversos puntos de Galiza desprazouse hoxe, 9 de novembro, até Compostela para denunciar diante da Consellaría de Medio Rural as prácticas abusivas que están a sufrir por parte da Axencia Tributaria. E fixérono rexistrando un escrito dirixido á conselleira, Ángeles Vázquez, no que se lle reclama unha entrevista para poder expoñerlle esta problemática e que realice as xestións necesarias diante do Ministerio de Facenda para que os mozos e mozas que apostan contra vento e marea por labrarse un futuro na profesión agraria non sigan a sufrir a agresiva e inxusta fiscalización da Axencia Tributaria.

  7. Trailer rolos herba

    Graxas de Abadín doan un cargamento con 35 toneladas de herba a unha granxa d'As Neves damnificada polo lume

    7 de Novembro do 2017 · 

    Xesús Ferreira ten unha explotación de vacas de carne e ovellas na parroquia de Cerdeira, no concello pontevedrés d'As Neves. Na vaga de lumes que asolou Galiza na fin de semana do 15 de outubro, tivo a mala sorte de que lle arderán todos os pasteiros do que se alimentaba o seu gando: 35.000 metros cadrados de prados e todo o monte comunal da parroquia.

  8. Rolda do SLG

    As axudas pola seca constatan o desprezo da Xunta polo rural e condenan miles de granxas a unha ruína segura

    3 de Novembro do 2017 · 

    O Sindicato Labrego Galego ofreceu hoxe, 3 de novembro, unha rolda de prensa en Ourense para valorar a orde publicada pola Xunta para paliar os danos da seca e explicar a dramática situación á que, pola falta de efectividade destas axudas, se terán que enfrontar miles de granxas na Galiza, especialmente na provincia de Ourense.

  9. Axencia Tributaria

    O SLG pide a exención de impostos para os cambios de titularidade entre familiares sen ánimo de lucro

    27 de Outubro do 2017 · 

    Unha comitiva do Sindicato Labrego Galego formada por María Ferreiro e Xosé Ramón Cendán -membro e asesor da Executiva do SLG, respectivamente- mantiveron hoxe, 26 de outubro na Coruña, un encontro co director da Área de Agricultura da Delegación do Goberno, José Álvarez Robledo, para tratar a problemática dos impostos que se lles están a aplicar aos cambios de titularidade en explotacións.

  10. Millo seco

    As axudas pola seca da Xunta deixan os sectores agrogandeiros indefensos nunha situación catastrófica

    16 de Outubro do 2017 · 

    O paquete de axudas para paliar os efectos da seca na agricultura que aprobou o último Consello da Xunta supón unha burla para o sector, habida conta que se trata de axudas que xa existían e que, a maiores, non van solucionar un problema como o da seca, asociado ao cambio climático, co que teremos que aprender a convivir no futuro.

  1. 1
  2. 2
  3. 3
  4. Seguinte