A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

  1. Portada>
  2. Novas>
  3. Outras>
  4. 2018

Outras: 2018

  1. Concello de Cospeito

    O SLG interpela ao Catastro para saber se os erros masivos na revisión de Vilalba e Cospeito se dan en máis concellos

    14 de Maio do 2018 · 

    Do mesmo xeito que aconteceu en Vilalba o ano pasado, neste 2018 a veciñanza de Cospeito vén de recibir 400 notificacións nas que lles reclaman atrasos do IBI de 2016 a bens regularizados ese mesmo ano. Xa non abondaba cos prexuízos económicos do catastrazo -taxas de 60 euros na revisión de cada ben e o correspondente incremento do IBI-, senón que agora castigan aos e ás contribuíntes cunha carreira de obstáculos burocrática innecesaria motivada por erros administrativos.

  2. Vaca dixitalizada

    O SLG pide á Seguridade Social que dea marcha atrás na obriga de telematizar todas as xestións para @s autónom@s

    10 de Maio do 2018 · 

    O pasado 6 de marzo, o Boletín Oficial do Estado (BOE) publicaba a Orde Ministerial ESS/214/2018 que modifica a Orde ESS/484/2013 reguladora do Sistema de Remisión Electrónica de Datos na Seguridade Social. Esta nova orde obriga a todos os traballadores e a todas as traballadoras que cotizan polo Réxime de Autónom@s -incluíndo as dos reximes especiais agrícola e do mar- a incorporarse á administración electrónica e xestionar de maneira telemática todos os trámites coa Seguridade Social relacionados coa afiliación, cotización e recadación das cotas, incluíndo a recepción de notificacións e comunicacións.

  3. Comitiva SLG Medio Rural

    Xuntanza SLG-Medio Rural: a prórroga dos xurros é indefinida e levantaranse 290 has. de forestacións ilegais

    29 de Abril do 2018 · 

    O 27 de abril, unha comitiva do Sindicato Labrego Galego mantivo unha xuntanza de traballo coa conselleira de Medio Rural, Ángeles Vázquez; e a directora xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, Belén do Campo. Ao encontro, que se celebrou na sede da Consellaría, acudiron por parte da organización agraria a súa secretaria xeral, Isabel Vilalba Seivane; a coordinadora do SLG nas comarcas de Compostela e Bergantiños, Marieta Pastoriza; e os gandeiros Manuel Villaverde (Forcarei) e Eduardo Quintás (Touro). A xuntanza produciuse despois de que o SLG solicitase formalmente entrevistas para tratar diversas cuestións, que van dende os prezos do leite á crise da couza guatemalteca. De seguido, un resume do falado:

  4. SLG BNG

    O SLG denuncia no Parlamento problemas que fan inviable a gandería na Galiza ante os que a Xunta non actúa

    28 de Marzo do 2018 · 

    Unha comitiva do Sindicato Labrego Galego formada por representantes da Dirección do Leite do SLG (Manuel Villaverde, Eliseo Cebreiro e Sandra Cancelada) e pola súa secretaria xeral, Isabel Vilalba Seivane, mantiveron, o 28 de marzo, encontros con representantes dos grupos parlamentarios de BNG (Xosé Luís Rivas Cruz), En Marea (Luís Villares e Davide Rodríguez) e PSOE (José Manuel Pérez e José Antonio Quiroga).

  5. Iván Rodríguez Lombardero

    O Sindicato Labrego Galego da Mariña elixe a Iván Rodríguez Lombardero como novo responsábel comarcal

    16 de Marzo do 2018 · 

    O Consello Comarcal do Sindicato Labrego Galego da Mariña acordou por unanimidade a remuda na coordinación comarcal da organización que viña desempeñando Antonio Villarino desde o ano 2001. O substituto de Villarino será Iván Rodríguez Lombardero, que traballa no SLG desde setembro de 2015 como responsábel do local de Vilanova de Lourenzá.

  6. Gesuga

    O SLG denuncia demoras de varios días na recollida de cadáveres animais nas granxas de Ourense

    15 de Marzo do 2018 · 

    O Sindicato Labrego Galego está a recibir cada vez máis queixas polas deficiencias na recollida de cadáveres de animais nas granxas da provincia de Ourense. Unha das queixas máis recorrentes neste servizo xestionado pola empresa Gesuga (Gestora de Subproductos de Galicia SL) é a das longas demoras á hora de vir retirar os animais mortos das explotacións, cos riscos para a saúde pública que isto entraña.

  7. Fouce 318

    FOUCE 318: Da manifestación contra a mina de Touro e O Pino á convocatoria da Folga Feminista do 8 de marzo

    5 de Marzo do 2018 · 

     

    O Fouce 318 xa está na rúa con cumprida información sobre algunha das principais novidades que se viviron no agro galego nos últimos meses: dende a multitudinaria manifestación contra a mina de Touro e O Pino vivida o pasado 25 de febreiro, á convocatoria da Folga Feminista do 8 de marzo. Tamén damos un repaso a actualidade dos diversos sectores agrarios como o do viño, pataca, horta, leite, carne, etc., dedicándolle especial atención ao inxusto decreto que prohibe o esparexemento de xurros ou ás novidades que trae este ano a Política Agraria Común (PAC). Podes descargalo na icona que atoparás no remate desta páxina.

  8. Catastrazo Pol

    O SLG pide ao Concello de Pol as máximas bonificacións no IBI para as vivendas do rural e as granxas

    31 de Xaneiro do 2018 · 

    O Sindicato Labrego Galego convocou para mañá, 1 de febreiro, dúas asembleas en Pol para informar á veciñanza sobre as consecuencias do proceso de revisión catastral que viviu o municipio no período que foi do 23 de decembro de 2014 ao 30 de marzo de 2016. As asembleas terán lugar no centro socio-cultural de Mosteiro, a primeira ás 12:00 e a segunda ás 21:00 horas.

  9. Xuntanza SLG Belén Do Campo

    O SLG denuncia ante Medio Rural os abusos de Facenda nas axudas de incorporación e na transmisión de granxas

    12 de Xaneiro do 2018 · 

    O Sindicato Labrego Galego mantivo, o 11 de xaneiro, un encontro de traballo coa directora xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias da Xunta, Belén do Campo, no que se denunciaron as prácticas abusivas da Axencia Tributaria ao gravar as axudas de incorporación de xente moza á actividade agraria ou o traspaso de granxas entre familiares. Por parte da organización agraria asistiron ao encontro Conchi Docampo e María Ferreiro, ambas integrantes da Executiva do SLG.

  10. Catastrazo

    O SLG detecta erros masivos na revisión catastral de Vilalba que afectan 1.200 expedientes de granxas no municipio

    11 de Xaneiro do 2018 · 

    En días pasados, o Concello de Vilalba anunciaba a aprobación de bonificacións na aplicación do Imposto de Bens Inmobles (IBI) coa intención de minguar o forte impacto económico que a revisión catastral realizada neste municipio ía ter nas economías familiares, especialmente no rural e nas propiedades das granxas. Porén, esta boa nova verase ensombrecida polos erros masivos que se cometeron na Regularización catastral.

  1. Anterior
  2. 1
  3. 2
  4. 3