Como a PAC pode axudar as producións labregas

Menú Principal

Menú de Destacados

  1. Portada>
  2. Novas>
  3. A PAC e as producións labregas

A PAC e as producións labregas

  1. Esiximos á CMR que aclare cal das contías de pagos da PAC anunciada é a verdadeira, así como o seu desglose

    PAC2 12 de Decembro do 2023 · 

    Saudamos o compromiso público de pago para o mes de decembro realizado pola CMR logo da interpelación do SLG. Reiteramos que as granxas non percibiron o adianto da PAC anunciado pola Consellaría do Medio Rural no mes de novembro

  2. A Xunta de Galicia non só non adiantou a PAC, senón que as granxas nin sequera cobraron este mes

    vacasanaachan 11 de Decembro do 2023 · 

    O Goberno galego utilizou os medios de comunicación para gabarse de anticipar a PAC. A día de hoxe, nin anticipou nin pagou. Consideramos que os atrasos no cobro da PAC son culpa das demoras nos controis por parte da propia Xunta de Galicia

  3. A actitude irresponsábel e inoperante da CMR lastra o proceso de solicitude da PAC2023 que finaliza este venres

    granxaleite 26 de Xuño do 2023 · 

    O SLG solicitou varias veces á Consellaría concretar distintos requisitos da PAC, ao que a administración inda non deu resposta. O RD4/2023 especifica como fin de prazo o 30 de xuño pero a CMR limitouno ao 15/06 e posteriormente aceptou a data do 30/06

  4. Suplemento especial de 8 páxinas sobre a Política Agraria Común 2023-2027 no xornal sindical FOUCE

    Fouce 342 14 de Abril do 2023 · 

    Publicamos o número 342 do xornal sindical Fouce, correspondente aos meses de marzo e abril. O suplemento PAC recolle cuestións como a condicionalidade, as BCAM, pagos e outras informacións de interese para as granxas

  5. O SLG pide que se elimine a obrigatoriedade do caderno dixital e demais burocracia innecesaria da PAC

    PAC WEB 28 de Marzo do 2023 · 

    Solicitamos unha moratoria para aplicación das novas esixencias, así como exencións para as pequenas e medianas granxas. Demandamos que as granxas non paguen as consecuencias do nefasto funcionamento administrativo desta campaña da PAC

  6. Rolda de asembleas informativas sobre a Política Agraria Común 2023 en toda Galiza

    asembleasPAC 9 de Novembro do 2022 · 

    A PAC solicitarase en maio e abril, as/os labregas/os precisamos coñecer os seus requisitos e características antes do 2023. Achegamos calendario de xuntanzas, que darán inicio o vindeiro 15 de novembro en Chantada e terán lugar nas catro provincias

  7. O SLG presenta diante do Ministerio a súa proposta de alegacións para o Plan Estratéxico da PAC 2023-2027

    Outra pac é posíbel 9 de Febreiro do 2022 · 

    O Sindicato Labrego Galego - Comisións Labregas segue insistindo en que esta é outra oportunidade perdida para mudar a PAC: Todo segue igual e Galiza sae perdendo novamente nos seus sectores principais.

  8. O SLG rexeita o acordo dun Plan Estratéxico Estatal da PAC catastrófico para Galiza e esixe máis negociación

    esta_PAC_non_se_entende 20 de Outubro do 2021 · 

    Diante do previsíbel peche das negociacións sobre a aplicación da próxima Política Agrícola Común no estado español, o Sindicato Labrego Galego quere facer constar que os indicios, na forma dos documentos publicados até o de agora, sinalan con claridade para un Plano Estratéxico mui discriminatorio cara a Galiza.

  9. Xunta e Ministerio negocian unha PAC catastrófica para Galiza: inxusta, discriminatoria e ao servizo da agroindustria

    pac7out21 7 de Outubro do 2021 · 

    A Secretaria Xeral do Sindicato Labrego Galego, Isabel Vilalba, a responsábel de Política Agraria Común no SLG, Ana Rodríguez e Adolfo Cabarcos, membro da Executiva Nacional e da Dirección da carne do SLG, denunciaron  en rolda de prensa en Santiago de Compostela que as propostas para a nova PAC presentadas esta semana polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación supoñen “un absoluto desastre para Galiza”.

  10. A Política Agrícola Común que soñamos

    PAC 31 de Agosto do 2021 · 

    O Sindicato Labrego Galego (e outras organizacións coas que traballamos a nivel galego, estatal e europeo) quere outra PAC. Cremos que é posible e que é imprescindible se queremos frear a desaparición das pequenas granxas como produtoras de alimentos e non deixar grandes extensións de territorio e a nosa comida en mans da agroindustria.

  11. Eu non cobro a PAC

    EuNonCobroPAC 25 de Agosto do 2021 · 

     O Sindicato Labrego Galego-Comisións Labregas e a Coordenadora Europea Vía Campesina (ECVC) lanzan un vídeo informativo sobre a Política Agraria Común (PAC). Cun ton retranqueiro salpicado por abondosos datos oficiais, esta peza audiovisual apóiase nun ritmo dinámico que guía un fío explicativo freado polo apunte constante de que, quenes realmente deberían obter un financiamento público, é dicir, as pequenas e medianas explotacións que fixan poboación, producen alimentos de calidade, respectan o medioambiente e manteñen un medio rural vivo, non son as principais receptoras das achegas económicas da PAC, máis ben todo o contrario.

  12. O SLG organiza un seminario europeo para analizar a PAC no que contará con especialistas de varios países da UE

    Manifestación PAC Lisboa 1 de Xullo do 2021 · 

    Conscientes da transcendencia que ten a actual etapa de cara a deseñar a nova Política Agraria Común (PAC) que rexerá a agricultura dos países da UE até 2027, dende o Sindicato Labrego Galego organizamos un seminario internacional baixo o título “Máis labregas = Mellores alimentos. Como a PAC deseña as nosas producións, paisaxes e alimentos”. A intención do seminario, que se celebrará os días 2 e 3 de xullo no Museo do Pobo Galego (Compostela), é analizar o impacto que leva anos tendo a PAC no noso sistema agrario e alimentario e tentar fixar as claves de cales son as mudanzas necesarias para que beneficie, realmente, o acceso a alimentos sans e de calidade a toda a cidadanía respectando a dignidade e importancia dos labregos e das labregas.

  13. Seminario Europeo online "Europa non quere labregas: Como a PAC discrimina as mulleres"

    Seminario europeo machismo PAC 31 de Maio do 2021 · 

     

    A finais de marzo, a secretara xeral do SLG, Isabel Vilalba, e a responsábel da Secretaría das Mulleres, María Ferreiro, denunciaban diante da Consellaría de Medio Rural e do Ministerio de Agricultura como a Política Agraria Común (PAC) discriminaba as mulleres. Agora, para afondar neste nicho de desigualdade, organizamos este seminario europeo, o 23 de xuño, no que analizaremos polo miúdo como as políticas europeas no agro axudan a perpetuar a fenda que afasta homes e mulleres tamén nas profesións agrarias. Se precisas máis información ou queres inscribirte, faino en: derural@sindicatolabrego.gal

  14. A NOVA REFORMA DA PAC, NIN SOCIAL NIN VERDE

    PAC 1 de Decembro do 2020 · 

    As negociacións da Política Agraria Común entran nun momento decisivo a nivel europeo e estatal, que culminará na primavera de 2021 cando o Ministerio publique o borrador do chamado Plano Estratéxico Nacional, establecendo como van ser empregados os 34.124 millóns de pagos directos, os 5.069 millóns de medidas de mercado e os 8.531 millóns de desenvolvemento rural no Estado Español. Se se elixen como criterios para o reparto os dereitos históricos e a superficie, Galiza quedará unha vez máis marxinada na nova PAC e seguiremos con tristes records en aldeas abandonadas, número de incendios, expolio do rural ou destrución de emprego.A secretaria xeral do SLG, Isabel Vilalba Seivane, analízao neste artigo cuxa versión en castelán podes descargar no remate desta páxina.

  15. AS PROPOSTAS LEXISLATIVAS PARA REGULAR A NOVA POLÍTICA AGRARIA COMÚN PAC 2020-2027

    Normativa 13 de Outubro do 2020 · 

    Nesta sección poderás atopar todas as propostas lexislativas que hai agora mesmo sobre a mesa para regular a vindeira Política Agraria Común (PAC). Tamén incluímos as estratexias a través das que a UE quere camiñar cara ao obxectivo de converterse no primeiro continente neutro dende o punto de vista climático e que afectarán de cheo ás políticas agrarias: O Pacto Verde.

  16. Os papeis da PAC (e 4): Os puntos quentes do debate estatal, a finais de 2020, para o Plan Estratéxico

    Horta 12 de Outubro do 2020 · 

    Máis que unha reforma da PAC é un gran cambio. Non é unha reforma porque o fondo segue igual, pero vai cambiar tanto que é moi probable que non cobremos o mesmo. Agora mesmo, non temos maneira de saber como imos quedar con estes cambios. O Ministerio de Agricultura xa o debería saber (e supoño que o sabe), pero non é público e o que imos sabendo da súa postura e a doutras comunidades autónomas é por xornadas ou por declaracións.

  17. O SLG fai unha rolda de xuntanzas cos partidos políticos do Parlamento de Galiza para formar unha fronte común na PAC

    SLG Parlamento 12 de Outubro do 2020 · 

    O Sindicato Labrego Galego iniciou, en outubro, unha rolda de contactos cos partidos políticos con representación no Parlamento de Galicia para expoñerlles a necesidade de adoptar unha postura común de país para defender unha Política Agraria Común (PAC) que beneficie os nosos sectores agrogandeiros e a singularidade do noso rural (Puedes descargar la traducción íntegra al español del presente texto en el icono que encontrarás al final de esta página).

  18. Os papeis da PAC (3). A proposta do SLG: Unha PAC ao servizo das persoas e do territorio

    Vacas 11 de Outubro do 2020 · 

    A Política Agraria Común é un fracaso non só na Galiza, senón en toda Europa. Cada tres minutos desaparece unha granxa na UE. E o obxectivo de equiparar as rendas das persoas labregas á media de cada Estado tampouco se conseguiu. Aínda que o modelo fracasou, a PAC no fondo non ten previsto cambiar. 

  19. Carta do SLG e da ECVC á e aos representantes de Galiza no Parlamento Europeo en defensa dunha nova PAC

    Parlamento Europeo 11 de Outubro do 2020 · 

    En outubro, dende o Sindicato Labrego Galego enviámoslle unha carta aos e ás representantes de Galiza no Parlamento Europeo: os eurodeputados Francisco José Millán Mon (PP) e Nicolás González Casares (PSOE); é á portavoz do BNG nas institucións comunitarias, Ana Miranda. Nesta misiva, asinada por Sonia Vidal Lamas como membro do Comité Coordinador da Coordinadora Europea da Vía Campesina (ECVC), pedímoslles o seguinte:

  20. Os papeis da PAC (2): Os principais cambios da nova Política Agraria Común con respecto á anterior

    Vacas de carne 10 de Outubro do 2020 · 

    O fondo da PAC non cambia, pero pode cambiar moito o que cobramos. De feito, os debates que hai no Estado e na Galiza son polos cartos, nada máis.Os outros debates non interesan e non saen nos medios de comunicación: prezos, custes de produción, renda, negociación colectiva dos prezos, desaparición da agricultura e da gandería familiar, quen nos alimenta, as consecuencias de que a UE sexa o maior importador e exportador de produtos primarios, as consecuencias dos tratados de libre comercio, as consecuencias da produtividade e competitividade infinitas, cando seremos o suficientemente grandes para o sistema agroalimentario, a función de labregos e labregas de ser subministradores de materia prima barata para a industria, a autoexplotación, a función das integradoras, a soberanía alimentaria, etc. Explicámoscho nesta segunda entrega dos Papeis da PAC (podes descargala ao remata da páxina).

  21. Os papeis da PAC (1): Os prazos da nova PAC 2023-2027 e o período transitorio 2021-2022

    Parlamento Europeo 9 de Outubro do 2020 · 

    As negociacións para deseñar a nova Política Agraria Común (PAC) para o período 2021-2027 comezaron en 2017. A intención inicial era comezar a aplicar a nova PAC en 2021, pero non vai ser posible até 2023. Como farán entón as autoriades comunitarias para desenvolver esta nova PAC? Explicámoscho de seguido. Podes descargar unha ficha didáctica con toda a explicación premendo na icona que atoparás no remate desta páxina.

  22. PAC 2020-2027: Que defendemos en Europa?

    PAC 8 de Outubro do 2020 · 

    A PAC elimina labregos e labregas. Desde moitas instancias pénsase que a Política Agrícola Común debería cambiar substancialmente debido ao fracaso en canto ao mantemento da agricultura familiar no territorio e tamén polo fracaso en canto ao establecemento de rendas dignas para as produtoras e produtores. A substitución destes por explotacións intensivas que producen grandes cantidades de materia prima barata para a agroindustria e para a exportación parece imparable. Na teoría seguen dicindo que en Europa e en Galiza hai necesidade de numerosas persoas no territorio con producións diversificadas para responder á demanda duns alimentos de calidade. Na práctica non é posible soster a esas persoas no territorio: cada tres minutos desaparece unha granxa en Europa.

  23. PAC 2020-2027: Que defendemos en Galiza para a inclusión no Plan Estratéxico Estatal?

    PAC 7 de Outubro do 2020 · 

    Partindo dunha análise non exhaustiva dos datos dos que dispoñemos, vemos que Galiza ten certas diferenciacións con respecto ao resto do Estado, se pensamos nos pagos actuais da PAC:

  24. PAC 2020-2027: As mulleres nesta Política Agraria Común

    Mulleres e PAC 6 de Outubro do 2020 · 

    O Sindicato Labrego Galego pensa que a desigualdade das mulleres, o diagnóstico das súas causas e a abordaxe de modelos máis igualitarios non están entre as prioridades do Plan Estratéxico da PAC nin nos Regulamentos da PAC.

  1. sem

    O seminario 'Máis Labregas = Mellores alimentos' no Fouce 335

    31 de Agosto do 2021 · 

    O vixente número do Fouce recolle unha crónica do seminario celebrado en Compostela nos pasados 2 e 3 de xullo, en que se colocou en cuestión a xénese, nesgos, limitacións e consecuencias dunha Política Agraria Común que se converte unha e outra vez en instrumento ao servizo do produtivismo e da agroindustria.

  2. anamurimulleres

    A Política Agrícola Común é feminista? Análise das propostas do Plan Estratéxico do Estado Español

    31 de Agosto do 2021 · 

    O Plan Estratéxico da PAC que está elaborando o Ministerio de Agricultura no Estado Español, no subgrupo de traballo do obxectivo específico 7, “Atraer aos xoves agricultores e facilitar o desenvolvemento empresarial do medio rural”, inclúe a perspectiva de xénero e o despoboamento. No documento do Ministerio dise “se ben é certo que a proposto de regulamento dos plans estratéxicos da PAC non contempla entre os seus obxectivos específicos estes dous aspectos, España solicitou a súa inclusión por dous motivos: en primeiro lugar, para visualizar o papel tan importante que desempeñan as mulleres no medio rural (...).

  3. Esquema PAC

    Unha nova PAC pintada de verde pero enferruxada no seu interior: Condicionalidade reforzada, ecoesquemas e agroambientais

    3 de Marzo do 2021 · 

    Un dos cambios máis importantes do novo periodo da PAC (2023-2027) vai ser a aplicación dos requisitos medioambientais. Neste artigo, elaborado polo técnico Andrés Castro, explícasenos como vai ser esa nova arquitectura verde (condicionalidade reforzada, ecoesquemas e agroambientais) e analiza polo miúdo a proposta que temos enriba da mesa do Ministerio para os ecoesquemas (podes descargar o texto completo en castelán na icona que atoparás no remata da páxina).

  4. PAC para dummies

    PAC PARA DUMMIES: Primeiro, coñece; despois, reclama polos miles de millóns de euros que nos estamos a xogar

    5 de Febreiro do 2021 · 

    Sabemos que somos algo pesadas con isto da PAC, pero pensade que só no período 2014-2020 o Estado Español recibiu 47.500 millóns de euros de Europa neste concepto. Resulta incomprensible que semellante cantidade de cartos non estea fiscalizada pola sociedade no seu conxunto -especialmente na Galiza, a comunidade máis prexudicada polos criterios vixentes de reparto- pois con eses cartos decidimos sobre algo tan básico como os alimentos que levamos á boca.

  5. Xornada Ribadumia

    Xornada informativa do SLG en Ribadumia sobre a nova Política Agraria Común (PAC) no sector vitivinícola

    7 de Decembro do 2020 · 

    O Sindicato Labrego Galego programou unha xornada formativa en Ribadumia, o vindeiro xoves 10 de decembro, baixo o título “O futuro da viticultura”. Será no salón de actos da Casa de Cultura de Ribadumia e contará coa técnica especialista en Política Agraria Común (PAC), Ana Rodríguez; e co responsábel do Sector do Viño do SLG e viticultor e adegueiro biodinámico, Bernardo Estévez.

  6. Xornada PAC

    XORNADA TÉCNICA SOBRE O PERÍODO TRANSITORIO DA PAC 2021-2022

    1 de Novembro do 2020 · 

    O vindeiro luns, 30 de novembro, imos celebrar unha xornada técnica sobre o perído transitorio á nova Política Agraria Común (PAC) nos anos 2021-2022. Para facela, contaremos co/coa técnic@ Ana Rodríguez, que fará unha introdución sobre os cambios; e Andrés Castro, que explicará como nos van afectar eses cambios no noso traballo diario.

  7. Da granxa á mesa

    A ESTRATEXIA "DA GRANXA Á MESA"

    25 de Outubro do 2020 · 

    O 11 de decembro de 2019, a Comisión publicou a comunicación “Pacto Verde Europeo” para converternos no primeiro continente neutral no clima do mundo para 2050. No marco deste Pacto Verde, a comisión está publicando toda unha serie de medidas lexislativas e non lexislativas que van afectar ao noso sector nesta década (podes descargar o artigo traducido ao castelán premendo na iconta que atoparás ao remate desta páxina).

  8. PAC normativa

    As propostas lexislativas para a Política Agraria Común PAC 2020-2027: O plano estratéxico

    9 de Outubro do 2020 · 

    Con esta entrada inauguramos unha serie sobre as propostas lexislativas que hai agora mesmo sobre a mesa para regular a vindeira Política Agraria Común (PAC). De seguido, podes descargar a proposta de regulamento do Parlamento Europeo e do Consello para os plans estratéxicos que deben elaborar os estados membros no marco da PAC.

  9. Normativa PAC

    As propostas lexislativas para a Política Agraria Común PAC 2020-2027: Anexos ao plano estratéxico

    8 de Outubro do 2020 · 

    Seguimos coas propostas lexislativas que hai agora mesmo sobre a mesa para regular a vindeira Política Agraria Común (PAC). De seguido, podes descargar os anexos á proposta de regulamento do Parlamento Europeo e do Consello para os plans estratéxicos que deben elaborar os estados membros no marco da PAC.

  10. Normativa PAC

    As propostas lexislativas para a Política Agraria Común PAC 2020-2027: A Organización Común de Mercados

    7 de Outubro do 2020 · 

     

    Para dar continuidade ás propostas normativas para a nova PAC 2020-2027, compartimos aquí o regulamento do Parlamento Europeo e do Consello que modifica os regulamentos polo que se crea a organización común de mercados dos produtos agrarios; sobre os réximes de calidade dos produtos agrícolas e alimenticios; sobre a definición, descrición, presentación, etiquetaxe e protección das indicacións xeográficas dos produtos vitivinícolas aromatizados; polo que se establecen medidas específicas no sector agrícola en favor das rexións ultraperiféricas da UE; e polo que se establecen medidas específicas no sector agrícolas en favor das illas menores do mar Exeo.

Arquivo

Bandeira da Unión Europea

Co-financiado polo Programa IMCAP da Unión Europea

Os contidos da presente sección representan unicamente as opinións do autor ou autora e é responsabilidade exclusiva del ou dela. A Comisión Europea non asume ningunha responsabilidade polo uso que puidera facerse da información contida en dito material.