A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

  1. Portada>
  2. Novas>
  3. A PAC e as producións labregas>
  4. PAC PARA DUMMIES: Primeiro, coñece; despois, reclama polos miles de millóns de euros que nos estamos a xogar

PAC PARA DUMMIES: Primeiro, coñece; despois, reclama polos miles de millóns de euros que nos estamos a xogar

5 de Febreiro do 2021

PAC para dummies

Sabemos que somos algo pesadas con isto da PAC, pero pensade que só no período 2014-2020 o Estado Español recibiu 47.500 millóns de euros de Europa neste concepto. Resulta incomprensible que semellante cantidade de cartos non estea fiscalizada pola sociedade no seu conxunto -especialmente na Galiza, a comunidade máis prexudicada polos criterios vixentes de reparto- pois con eses cartos decidimos sobre algo tan básico como os alimentos que levamos á boca.

Unha das razóns polas que a PAC non está nos faladoiros -máis alá de que aos diversos gobernos non lles interese airear quen queda coa maioría deses cartos (familias terratenentes, grandes empresas sen vencello directo coa agricultura, especuladores...) é a gran complexidade do tema. Por iso, no SLG decidimos facer este cursiño de PAC para dummies para coñecer as liñas xerais do que é a PAC e as axudas actuais do Plan de Desenvolvemento Rural (PDR) das que podes beneficiarte se es persoa activa en agricultura ou estas pensando en selo: Porque pensamos que non podemos mudar nin mellorar aquilo que non coñecemos.

Son só dúas horas. Agardámoste! Prazas limitadas! Consulta o programa e inscríbete enchendo o formulario que atoparás no seguinte enlace: https://forms.gle/7bVp9NjsoCcsXAaJ6

PAC para dummies

 

 Logos en faldón