Como a PAC pode axudar as producións labregas

Menú Principal

Menú de Destacados

Posturas políticas

  1. PAC 2020-2027: Que defendemos en Europa?

    PAC 8 de Outubro do 2020 · 

    A PAC elimina labregos e labregas. Desde moitas instancias pénsase que a Política Agrícola Común debería cambiar substancialmente debido ao fracaso en canto ao mantemento da agricultura familiar no territorio e tamén polo fracaso en canto ao establecemento de rendas dignas para as produtoras e produtores. A substitución destes por explotacións intensivas que producen grandes cantidades de materia prima barata para a agroindustria e para a exportación parece imparable. Na teoría seguen dicindo que en Europa e en Galiza hai necesidade de numerosas persoas no territorio con producións diversificadas para responder á demanda duns alimentos de calidade. Na práctica non é posible soster a esas persoas no territorio: cada tres minutos desaparece unha granxa en Europa.

  2. PAC 2020-2027: Que defendemos en Galiza para a inclusión no Plan Estratéxico Estatal?

    PAC 7 de Outubro do 2020 · 

    Partindo dunha análise non exhaustiva dos datos dos que dispoñemos, vemos que Galiza ten certas diferenciacións con respecto ao resto do Estado, se pensamos nos pagos actuais da PAC:

  3. PAC 2020-2027: As mulleres nesta Política Agraria Común

    Mulleres e PAC 6 de Outubro do 2020 · 

    O Sindicato Labrego Galego pensa que a desigualdade das mulleres, o diagnóstico das súas causas e a abordaxe de modelos máis igualitarios non están entre as prioridades do Plan Estratéxico da PAC nin nos Regulamentos da PAC.

Arquivo

Bandeira da Unión Europea

Co-financiado polo Programa IMCAP da Unión Europea

Os contidos da presente sección representan unicamente as opinións do autor ou autora e é responsabilidade exclusiva del ou dela. A Comisión Europea non asume ningunha responsabilidade polo uso que puidera facerse da información contida en dito material.