O Sindicato Labrego Galego celebrou, o 17 de marzo, o seu Congreso da Pataca en Xinzo de Limia no que, amais de renovar responsábel e directiva para o sector, reafirmouse, tamén, na defensa das explotacións labregas e familiares que seguen a traballar neste sector. A nova Dirección Nacional da Pataca do SLG, que se elixiu de maneira asemblearia, estará coordinada de novo por Manola Cerredelo, produtora de pataca de Sandiás que xa ocupou esta reponsabilidade durante os últimos catro anos; e por Juan José Penín, produtor de pataca de Lamas (Xinzo de Limia), como vicerresponsábel.
O Seminario Estatal sobre o sector da Pataca, que se celebrou en Xinzo de Limia (Ourense), o 3 de novembro, organizado pola Coordinadora de Organizacións Agrarias e Gandeiras (COAG) e o Sindicato Labrego Galego (SLG), chegou ao seu remate concluíndo que os produtores e produtoras do Estado, sexan de onde sexan, teñen uns problemas semellantes. Así o expresaron participantes no evento vidos de comunidades como Castela e León ou Euskadi.
Representantes do Sindicato Labrego Galego, Xóvenes Agricultores e Unións Agrarias acordan axilizar o calendario do plan de ordenación da ZEPA co director xeral de Conservación da Natureza
O SLG ven de realizar dous mercados transparentes, nas cidades de Ourense e Vigo, para denunciar a situación que os produtores e produtoras de pataca están a vivir en toda Galiza.
O Sindicato Labrego Galego vén de dar conta mediante a realización de tres roldas de prensa simultáneas nas cidades de Ourense, Vigo e Compostela, do anuncio de vindeiras mobilizacións no sector da pataca en forma de mercados transparentes.
Ás 11:30hrs de mañá, luns 21 de decembro, o Sindicato Labrego Galego dará conta en rolda de prensa das mobilizacións que o sector da pataca vai levar adiante en varios puntos da Galiza nos vindeiros días.
Na tarde de hoxe, o Sindicato Labrego Galego vén de convocar unha asamblea informativa en Xinzo de Limia para trasladar os motivos polos cales rexeitamos firmar o Contrato Homologado da Pataca.
Perante o anuncio da Consellaría do Medio Rural de firmar un Contrato Homologado para a Pataca d´A Limia sen a fixación dun prezo base mínimo, o Sindicato Labrego Galego convoca a medios de comunicación e produtores/as a unha asamblea informativa para dar conta dos motivos pelos cales rexeitamos firmar devandito contrato.
A demanda dun Contrato Homologado, no que se estableza un Prezo Base Mínimo que dea estabilidade ao sector produtor de patacas, é unha das reivindicacións históricas do Sindicato Labrego Galego.
Manola Cerredelo dirixirá a dirección do sector na organización agraria durante os vindeiros catro anos.
O 31 de marzo tocoulle a quenda congresual ao sector da pataca. Desta vez, a afiliación das diversas comarcas pataqueiras de Galiza reuniuse na casa de cultura de Xinzo de Limia. Tralos debates da mañá, elixiuse á Dirección da Pataca do Sindicato Labrego, escolléndose como responsábel do sector a unha labrega de Sandiás: Manola Cerredelo Suárez. Se hai un sector agrario onde o incremento dos custes de produción e a caída de prezos chegan a ser insolentes, ese é o da pataca, polo que traballo non lles ha faltar aos oito membros da nova directiva.