Grazas á campaña de denuncia do Sindicato Labrego Galego, a comisión de seguimento dos contratos na D.O. Rías Baixas reuniuse o 4 de abril para tratar os impagos da vendima de 2011 por parte de adegas como Gran Bazán, Núñez Andión, Lagar da Condesa ou Sucesores de Benito Santos.
O Sindicato Labrego Galego celebrará hoxe, venres 8 de febreiro, unha asemblea aberta a todas as persoas afectadas polos pagarés sen fondos que varias adegas de Rías Baixas deron en pago pola vendima de 2011. A xuntanza terá lugar na Casa de Cultura de Barrantes, en Ribadumia, a partir das 19:00 horas, e a ela asistirán a secretaria xeral do Sindicato Labrego Galego, Isabel Vilalba Seivane; a responsable comarcal do SLG, Belén Torres Alonso; e o avogado Ramón Barreiro Carnota.
O Sindicato Labrego Galego vén de rexistrar un documento diante da Consellaría de Medio Rural para reclamar a súa participación á hora de solucionar o problema dos impagos que están a sufrir centos de viticultores e viticultoras de Rías Baixas que seguen sen cobrar a uva vendimada en 2011.
Centos de viticultores e viticultoras de Rías Baixas están afrontando impagos pola uva vendida na vendima de 2011, ao descubrir que os pagarés que lles deron as adegas non teñen fondos. A escusa que poñen algunhas das adegas implicadas como Gran Bazán, Lagar da Condesa, Sucesores de Benito Santos ou Núñez Andión é que, por mor da crise, o viño non está tendo saída, polo que só poderán ir pagando a medida que vaian vendendo. Sen embargo, isto é falso, pois as adegas están atendendo puntualmente as súas obrigas cos provedores, cousa que non fan cos viticultores e viticultoras.
Esta semana entramos na recta final das eleccións a consellos reguladores, que se celebrarán o domingo 3 de xuño. O Sindicato Labrego Galego tentou chegar a consensos con outras organizacións agrarias de cara a facer listas conxuntas, sempre e cando defendesen as mesmas liñas e propostas sindicais. Desta vez, acadamos ese consenso en boa parte dos consellos reguladores e só ficaron catro do sector vitivinícola sen acordo: Monterrei, O Ribeiro, Rías Baixas e Valdeorras. De seguido, damos un repaso ás nosas candidaturas nestas denominacións de orixe e expoñemos as propostas do SLG para o sector vitivinícola, sempre baseadas na defensa da calidade e da agricultura familiar.
A Mesa do Viño da D.O. Rías Baixas, que se celebrou o 3 de maio en Pontevedra, rematou sen acordo de contrato e coas negociacións rotas debido á postura pechada que mantiveron o sector industrial e a Asociación Galega de Viticultura (AGV), entidade vinculada á Federación Rural Galega (Fruga).
O Sindicato Labrego Galego quere desmentir certas informacións publicadas por medios de comunicación nas que se anunciou un acordo, ou preacordo, na denominación de orixe Rías Baixas de cara a fixar os prezos da uva e as condicións de compravenda para os vindeiros tres anos.
O Sindicato Labrego Galego vén de constatar que boa parte das adegas que operan na denominación de orixe Monterrei están recolléndolle as uvas aos viticultores e viticultoras sen pactar previamente un prezo. É dicir: as adegas están levando a uva sen dicir a canto a van pagar por ela. Até o de agora, as adegas desta DO caracterizáronse por pagar os prezos máis baixos pola uva das cinco denominacións de orixe galegas. O feito de recoller agora a uva sen pactar previamente un prezo supón unha volta de rosca máis que afonda nas prácticas abusivas a que xa nos teñen afeitos as adegas de Monterrei.
O Sindicato Labrego Galego, diante das novas que están aparecendo sobre os problemas de sobreprodución na denominación de orixe Ribeira Sacra, quere deixar claro que non está a favor dun incremento lineal dos rendementos máximos por hectárea. O SLG Non cre que sexa un problema xeneralizado e, en todo caso, o consello regulador debería facer un control en campo previo á vendima co fin de velar pola calidade e determinar cales son as parcelas que poden ter un exceso, cal é o motivo deste exceso e facer recomendacións previas. Na Ribeira Sacra temos que apostar por unha viticultura de calidade, posto que non é posible competir con ningunha zona en cantidade.
Nos últimos días, algunhas adegas da denominación de orixe Rías Baixas comunicáronse cos viticultores e viticultoras que lles subministran para avisarlles de que non lles recollerán toda a uva. Para o Sindicato Labrego Galego, estas comunicacións atentan contra o dereito a unhas relacións comerciais xustas e contra o dereito dos viticultores e viticultoras a vivir do seu traballo; e evidencian a intención de algunhas adegas de abaratar o prezo das uvas que mercan para maximizar os seus beneficios, sempre a costa do sector produtor.