A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

Leite

  1. SAT Margá

    Xornadas sobre pastoreo no sector lácteo: O futuro do sector lácteo galego será con pastoreo ou non será

    27 de Xaneiro do 2017 · 

    O Sindicato Labrego Galego da Terra Chá organizou, o 10 e 13 de xaneiro, dúas xornadas sobre “Pastoreo no sector lácteo” en Meira e Vilalba. A intención destes foros foi a de promover un modelo produtivo no sector lácteo máis acorde ás potencialidades da Galiza, baseado nunha alimentación do gando en base a pastos e forraxes que incide, necesariamente, nunha maior calidade do produto final, na redución dos custes de produción nas granxas, unha maior fortaleza diante da volatilidade nos prezos dos insumos agrarios e un aumento da rendibilidade final da produción leiteira. 

  2. Leite en po

    A liberación de 20.000 toneladas de leite en po intervido planeada pola Comisión Europea volvería afundir os prezos

    24 de Novembro do 2016 · 

    A secretaria xeral do Sindicato Labrego Galego, Isabel Vilalba Seivane, participou nunha nova xuntanza do Observatorio do Mercado do Leite (Milk Market Observatory-MMO), en Bruxelas o 23 de novembro. Isabel Vilalba, que asistiu a este foro de diálogo convocado pola CE en representación da Coordinadora Europea da Vía Campesina (ECVC), destacou como novidade máis preocupante a intención da Comisión Europa de liberar no mercado en decembro un continxente de máis de 20.000 toneladas de leite en po proveniente das retiradas por intervención pública.

  3. Fábricas de vacas

    As 20.000 vacas do IBEX, ou como 10 macrogranxas poderían substituír todas as explotacións galegas

    15 de Novembro do 2016 · 

    Presentamos "As 20.000 vacas do IBEX", un artigo de opinión de Aurelio Pérez, coordinador xeral de COAG en Castela e León, sobre un macroproxecto empresarial que ameaza o sector lácteo da comunidade veciña. Trátase da instalación dunha granxa de 20.000 vacas en Almazán (Soria) por parte dunha empresa navarra. O texto está enfocado, como non podía ser doutro xeito, dende o punto de vista nos nosos compañeiros e compañeiras de Castela e León. Para enfocalo dende realidade galega, abonda con saber que esta macrogranxa producirá ela soa o equivalente ao 10% da produción total das 8.658 granxas galegas. É dicir, implantando este modelo, 10 explotacións coma esta poderían substituír á totalidade das granxas de Galiza.

  4. Isabel Vilalba

    Isabel Vilalba advirte en Bruxelas que as medidas contra a crise levan á creba do sector lácteo en Europa

    7 de Septembro do 2016 · 

    A secretaria xeral do Sindicato Labrego Galego, Isabel Vilalba Seivane, participou, o 6 de setembro, na xuntanza do Observatorio do Mercado do Leite (Milk Market Observatory-MMO) en Bruxelas, convocada pola Comisión Europea. Isabel Vilalba formou parte da representación da Coordinadora Europea da Vía Campesina, organización internacional da que forma parte o SLG, e centrou o seu traballo neste encontro do MMO en dous puntos da orde do día: a presentación dun informe sobre a situación das granxas de leite europeas a nivel de custes de produción e ingresos (esta exposición foi da ECVC xunto co European Milk Board-EMB) e unha intervención oral que estivo centrada en denunciar o fracaso de todas as medidas tomadas até agora e anunciadas para os vindeiros meses pola Comisión Europea de cara a enfrontar unha crise de prezos e sobreprodución que se vén arrastrando dende finais de 2014.

  5. Moedas UE

    Dossier informativo: As axudas da Unión Europea destinadas a sectores agrogandeiros en crise ao detalle

    5 de Septembro do 2016 · 

    A mediados de xullo, o Consello Ministerial de Agricultura da UE, daba o visto bo a un paquete de medidas anti-crise especialmente deseñado para o sector lácteo e ampliable a outros sectores produtivos. Un mes despois, o 26 de agosto, a Comisión Europea concretaba o funcionamento destas axudas e establecía un calendario para a súa execución.  De seguido, compartimos con vós toda a información dispoñible ao respecto. En canto á valoración sindical destas medidas, xa a fixemos en xullo e, en vindeiros días, indicidiremos neste tema.

  6. Lactalis

    O SLG denuncia beneficios escandalosos da multinacional Lactalis a costa de levar á ruína as granxas de leite galegas

    25 de Agosto do 2016 · 

    Ao tempo que a multinacional Lactalis é noticia polos prezos e condicións abusivas que lles impón ás produtoras e produtores galegos, a maioría das súas empresas filiais presentan grandes beneficios para o grupo en 2015: Leche de Galicia, subsidiaria galega do grupo, presentou un beneficio de 2,5 millóns; Lactalis Puleva, de 19,8 millóns (o dobre ca no 2014); Puleva Food, de 10,5 millóns; Lactalis Forlasa, de 5,3 millóns; Lactalis Food Service, de 5,6 millóns...

  7. Goberno en funcións

    Gobernos en funcións: medra o peche de explotacións pola crise cos gobernos ausentes antes e agora

    12 de Agosto do 2016 · 

    Os Gobernos galego e español, agora en funcións, veñen demostrando a súa incapacidade ou complicidade para que os sectores agrarios, especialmente os gandeiros, se esborrallen sen poñer a maquinaria gobernamental a funcionar para tentar remedialo. 

  8. Hogan

    Coas novas medidas da Comisión Europea para o sector lácteo desbaldiranse 1.000 millóns para perpetuar a crise

    20 de Xullo do 2016 · 

    Unha vez máis, o Consello Ministerial de Agricultura da Unión Europea deixa como resultado outro feixe de medidas para afrontar a crise do sector lácteo que todos e todas sabemos que non van solucionar nada. Cumprimos así un ano enteiro de accións inútiles que xa lle custaron ao erario da Unión Europea 500 millóns de euros aos que haberá que sumar outros 500 agora. É dicir, 1.000 millóns de euros para ver como a crise se agrava, seguen pechando miles de explotacións, o aumento da produción continúa descontrolado e os prezos baixando.

  9. muxido

    A ECVC defende o control público e obrigatorio da produción láctea no Consello de Agricultura do 18 de xullo

    15 de Xullo do 2016 · 

    Diante da xuntanza do Consello Europeo de Agricultura que se celebra o 18 de xullo, en Bruxelas, a Coordinadora Europea da Vía Campesina (ECVC) insta a introducir medidas obrigatorias de redución da produción de leite para protexer aos gandeiros e gandeiras en todo o territorio europeo.

  10. Xuntanza Belén Docampo

    O SLG entrégalle á Consellaría de Medio Rural un decálogo de medidas urxentes para o sector lácteo

    16 de Xuño do 2016 · 

    A secretaria xeral do Sindicato Labrego Galego, Isabel Vilalba Seivane, xunto con Adolfo Cabarcos, Ana Eiras e Mariano Pazos, da Executiva do SLG, mantiveron, no serán do 14 de xuño, un encontro coa directora xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, Belén Docampo, e co subdirector xeral de Explotacións Agrarias, Nicasio Mejuto, para entregarlle un documento con dez medidas básicas para o sector lácteo.

Arquivo