A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

  1. Portada>
  2. Novas

Novas

  1. Centos de gandeiros/as e veciñanza impiden a marcaxe de 40 animais sans para sacrificio nunha granxa de Manzaneda

    BaleiradoSanitario2 15 de Marzo do 2024 · 

    Acordan solicitar á CMR accións inmediatas en materia de saneamento, criterio de prevalencia e indemnizacións. Entre as demandas: xuntanza urxente ca CMR para abordar o baleirado sanitario. A marcaxe foi adiada para o vindeiro martes

  2. Oposición social á captación de augas da fábrica ALTRI e campaña de alegacións á instalación da fábrica

    RpP Altri 15 de Marzo do 2024 · 

    Cada día consumiría 46 millóns de litros de auga limpa e vertería 30 millóns de litros contaminados. Afectaría directamente ás producións agrarias, ao marisqueo, a pesca, o turismo e benestar da poboación

  3. Demandamos medidas de apoio para as granxas que teñen que facer fronte a un baleirado sanitario

    vienesa 11 de Marzo do 2024 · 

    Dende o SLG-CCLL seguimos de preto o caso dunha granxa de Manzaneda, que terá que asumir perdas superiores aos 32.000€. O baleirado sanitario non só implica un prexuízo económico para as persoas gandeiras, senón tamén un impacto emocional

  4. 8M: Políticas agrarias con perspectiva feministas para alcanzar a Soberanía Alimentaria!

    Logo Secretaría das Mulleres 8 de Marzo do 2024 · 

    Persiste a discriminación das labregas nas políticas agrarias, así como a invisibilización dos seus aportes á alimentación. Percibimos menos axudas públicas, somos minoría na titularidade das granxas e minimízanse os nosos aportes nas estatísticas

  5. Anos de deficiencias na execución das políticas da CMR lastran a viabilidade das granxas galegas

    rdp consellaria 7 de Marzo do 2024 · 

    Esiximos que a CMR publique xa a orde que regula as axudas da PAC 2024 e abra prazo para novas solicitudes de agroambientais. Denunciamos o abandono de responsabilidades da CMR á hora de buscar unha correcta aplicación da PAC á realidade galega

  6. Segunda xornada do XVIII Encontro anual da Secretaría das Mulleres do SLG

    segundaxornada 6 de Marzo do 2024 · 

    Compañeiras aliadas nas loitas feministas en distintos eidos poñen en valor os aportes da Secretaría das Mulleres do SLG. Homenaxe a Lola Ferreiro, xantar compartido e visita ao proxecto dunha adegueira da comarca poñen fin a este vinte aniversario

  7. Esiximos concreción das propostas realizadas polo Ministerio para atender as demandas do sector primario

    PropostasMinisterio280224- 4 de Marzo do 2024 · 

    Mañá terá lugar unha segunda xuntanza co Ministro de Agricultura para xestionar as reivindicacións das organizacións agrarias. Saudamos a retirada da obriga do caderno dixital, pero advertimos inconcreción no cumprimento da Lei da Cadea

  8. Primeira xornada do XVIII Encontro Anual da Secretaría das Mulleres do Sindicato Labrego Galego

    XVIIIENCONTROSECRETARÍADASMULLERES 2 de Marzo do 2024 · 

    A titularidade compartida das granxas, unha das loitas pioneiras do Sindicato Labrego, liderada polas mulleres da organización. Cada unha de nós somos o Sindicato”. “Feminismos, agroecoloxía e soberanía alimentaria deben ir unidas”

  9. O encontro anual da Secretaría das Mulleres do SLG celebra o seu vixésimo aniversario (2004-2024)

    Cartaz XVIIIEncontroSecretaría 29 de Febreiro do 2024 · 

    O XVIII Encontro anual reunirá case un cento de labregas este sábado 2 e domingo 3 no Espazo Vilaseco de Chantada. Homenaxe a Lola Ferreiro, intercambio de sementes, cata de queixos e visita a proxectos vitivinícolas, entre as actividades

  10. Curso de Fruticultura: Enxertos de verán e de inverno VILALBA - (12 horas)

    Non hai imaxe 27 de Febreiro do 2024 · 
    Curso de #Fruticultura: Enxertos de verán e de inverno #VILALBA (12 horas), os días 9 de marzo e 7 de setembro, no horario de 11:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:00. Lugar: Escola de Nete Parroquia de #Nete. Datos de contacto e información: Tlf: 982 512 431 e vilalba@sindicatolabrego.gal Data límite de inscrición: 7 de marzo. Actividade financiada polo Ministerio de Agricultura, Pesca y Alimentación (MAPA)
  11. O agro galego esixe en Madrid políticas agrarias respectuosas cas produtoras e que garantan o dereito a unha alimentación saudábel

    Madrid26f2 26 de Febreiro do 2024 · 

    Como Coordenadora Europea Vía Campesina hoxe tamén participamos nas mobilizacións que teñen lugar en Bruxelas. Reiteramos as medidas demandadas ás administracións públicas nas mobilizacións galegas do pasado martes 20 de febreiro

  12. A Audiencia Nacional confirma as infraccións das industrias do Cártel do Leite, así como a maioría das sancións impostas

    Vacas de leite 23 de Febreiro do 2024 · 

    Confírmanse as denuncias de prácticas abusivas por parte das empresas lácteas realizada polo SLG e outras organizacións. As sentenzas constitúen un paso importante no camiño de reclamación das perdas provocadas pola presión das industrias

  13. A instancias do SLG-CCLL a Valedora demanda á Consellaría activar medidas para a correcta tramitación da Dependencia e Discapacidade

    Marga SLG 22 de Febreiro do 2024 · 

    A Valedora confirma a persistencia de atrasos nas valoracións das persoas solicitantes de Dependencia e Discapacidade. A Consellaría leva anos sen cumprir os prazos estipulados por Lei, ao non dotar de medios suficientes este servizo esencial

  14. O SLG participará na gran manifestación estatal convocada para o luns 26 en Madrid con motivo do Consello de Ministros da UE

    CARTAZ 26F 22 de Febreiro do 2024 · 

    O SLG-CCLL habilitará autobuses para asistir á manifestación. As reservas realízanse contactando cos locais do Sindicato Labrego. Reivindicamos as medidas demandadas ás administracións públicas nas mobilizacións do pasado martes 20 de febreiro

  15. Mobilizacións conxuntas 20F: NA DEFENSA DO AGRO GALEGO

    aCORU 20 de Febreiro do 2024 · 

    Manifestacións e tractoradas en Lugo, Ourense, A Coruña, Compostela, Lalín, Ortigueira, Vimianzo, A Gudiña e Pedrafita. Entre as demandas: prezos xustos, racionalización da burocracia esixida ás granxas, cumprimento da Lei da Cadea Alimentaria

  16. Mobilizacións agrarias conxuntas o vindeiro martes 20F en toda Galiza

    Ana160224-2 16 de Febreiro do 2024 · 

    Entre as demandas: prezos xustos, racionalización da burocracia esixida ás granxas, cumprimento da Lei da Cadea Alimentaria. Trasladamos ao Delegado do Goberno unha táboa reivindicativa común e insistimos na necesidade de protexer o sector primario

  17. 18F: Unha oportunidade para as políticas públicas que garantan alimentos saudables e rendas dignas

    Acto público 14 de febreiro 14 de Febreiro do 2024 · 

    O SLG-CCLL presentou publicamente as súas propostas en políticas alimentarias ás candidatas/os á presidencia da Xunta. Cómpre transitar cara ao modelo agroecolóxico e reivindicar que a alimentación é un dereito das persoas, non unha mercadoría

  18. Baleirado sanitario: un prexuízo económico e emocional para as explotacións gandeiras

    baleirado 12 de Febreiro do 2024 · 

    O SLG-CCLL demanda medidas de apoio para as persoas gandeiras que teñen que facer fronte a un baleirado sanitario. Facemos público o caso dunha granxa de Manzaneda (Ourense), que terá que asumir perdas superiores aos 32.000€

  19. 18F: Unha oportunidade para mudar as políticas agroalimentarias galegas

    18F_pRESENTACIÓN 12 de Febreiro do 2024 · 

    O Sindicato Labrego Galego-Comisións Labregas presentará ás candidatas/os á presidencia da Xunta as súas propostas políticas. Acto aberto á cidadanía este MÉRCORES 14 de febreiro, ás 11.30h., na Praza do Toural en Santiago de Compostela

  20. A DN do SLG-CCLL acorda acción conxunta, achegar o modelo labrego á sociedade e trasladar propostas aos partidos políticos

    LEMA 8 de Febreiro do 2024 · 

    As medidas que precisa o agro son garantir prezos e transitar cara a un modelo agroecolóxico que coide das persoas e do medio. Participaremos en mobilizacións con outras organizacións agrarias baixo consenso dunha táboa reivindicativa común.

  21. Denunciamos a grave desatención padecida polas persoas dependentes e as súas coidadoras na Galiza

    rDP DEPENDENCIA 8 de Febreiro do 2024 · 

    As mulleres asumen case a totalidade dos coidados das persoas dependentes, sobrecarga que se complica no medio rural. Máis do 30% das persoas que abandonan as listas de agarda é por falecemento, e o SAF está a piques de colapsar

  22. AS ORGANIZACIÓNS AGRARIAS GALEGAS CONSENSÚAN REIVINDICACIÓNS DE CARA ÁS PRÓXIMAS MOBILIZACIÓNS

    logo 5 de Febreiro do 2024 · 

    Sindicato Labrego Galego, Unións Agrarias e Asociación Agraria de Galicia irán da man na defensa dos intereses das persoas agricultoras e gandeiras galegas

  23. Valoración mobilizacións agrarias

    LVC10224_BRU22 2 de Febreiro do 2024 · 

    Posición do Sindicato Labrego Galego-Comisións Labregas. Valoración da xuntanza convocada polo conselleiro de Medio Rural e a conselleira de Infraestruturas e Mobilidade

  24. Demandamos a intervención urxente da Consellaría do Medio Rural no proceso de renovación de contratos do leite

    PrezosLeite2 1 de Febreiro do 2024 · 

    Lactalis e Leite Río, dúas das principais empresas de recollida, están ofertando idénticos abaratamentos do leite á distribución. Pedimos á CMR que solicite unha investigación da CNMC sobre as prácticas abusivas que as industrias están a impor ás granxas

  25. O 4 de febreiro todas e todos a Compostela na defensa da Sanidade Pública

    4fsossanidadepública 1 de Febreiro do 2024 · 

    Movemento Galego en Defensa das Pensións Públicas (MODEPÉN), Sindicato Labrego Galego-Comisións Labregas (SLG-CCLL), Traballadores de Residencias de Galicia (TREGA) e Vellez Digna (Asociación de Familiares e Usuarios de Residencias) secundamos a convocatoria realizada por SOS Sanidade Pública e animamos á cidadanía galega a manifestarse este domingo en Santiago de Compostela. Esiximos unha atención á saúde digna tamén no rural.

  26. Curso de ferramentas dixitais para a actividade agraria en Curtis

    Non hai imaxe 29 de Xaneiro do 2024 · 

    Curso de ferramentas dixitais para a actividade agraria en Curtis (15 horas de duración), os días 8, 15, 22, 29 de febreiro e 7 de marzo, no horario de 15h a 18h, na Cooperativa CUSOVIAME. Data límite de inscrición: 5 de febreiro. Para máis información contactar co número 981 789 781 e/ou enderezo electrónico slg.sandrateixeiro@mundo-r.com. Actividade financiada polo Ministerio de Agricultura, Pesca y Alimentación (MAPA)

  27. Gandeiras e investigadoras constatan os beneficios económicos e sociais da alimentación en base a pasto

    xornada pastos 25 de Xaneiro do 2024 · 

    Xornada informativa en Teixeiro dentro da campaña de denuncia da industrialización da IXP Ternera Gallega/Vacún de Galicia. Alimentar en base a pasto garante a calidade da carne, mellora o benestar animal, rexenera os solos e dignifica o traballo gandeiro

  28. Milleiros de granxas galegas inda non cobraron ningún dos importes da PAC, que a CMR comprometeuse a adiantar en novembro 2023

    Explotación 24 de Xaneiro do 2024 · 

    Esiximos á CMR dotar de persoal e medios ao FOGGA para cumprir ca súa responsabilidade de ser eficaces nas resolucións. Canda as demoras nos pagos, un ano máis a descoordinación da CMR entorpece as solicitudes de novas incorporacións

  29. INVESTIMENTOS EN MODERNIZACIÓN E/OU MELLORA DAS GRANXAS

    Icono SLG Informa 23 de Xaneiro do 2024 · 

    Queres incorporarte a algunha actividade agraria ou gandeira? INCORPÓRATE CON NÓS! Pasa canto antes polo teu local do Sindicato Labrego Galego-Comisións Labregas para realizar a tramitación (antes do 23/03/2024). Máis información: connos@sindicatolabrego.gal e/ou 604 026 536 (podes descargar as bases no pdf ao final da páxina)

  30. INVESTIMENTOS VINCULADOS Á ADAPTACIÓN AO CAMBIO CLIMÁTICO E AO USO EFICIENTE DOS RECURSOS NATURAIS

    Icono SLG Informa 23 de Xaneiro do 2024 · 

    Queres incorporarte a algunha actividade agraria ou gandeira? INCORPÓRATE CON NÓS! Pasa canto antes polo teu local do Sindicato Labrego Galego-Comisións Labregas para realizar a tramitación (antes do 23/03/2024). Máis información: connos@sindicatolabrego.gal e/ou 604 026 536 (podes descargar as bases no pdf ao final da páxina)

  31. INCORPORACIÓN DE NOVAS PERSOAS AGRICULTORAS

    Icono SLG Informa 23 de Xaneiro do 2024 · 

    Queres incorporarte a algunha actividade agraria ou gandeira? INCORPÓRATE CON NÓS! Pasa canto antes polo teu local do Sindicato Labrego Galego-Comisións Labregas para realizar a tramitación (antes do 23/03/2024). Máis información: connos@sindicatolabrego.gal e/ou 604 026 536 (podes descargar as bases no pdf ao final da páxina)

  32. INCORPORACIÓN DE PERSOAS AGRICULTORAS MOZAS

    Icono SLG Informa 23 de Xaneiro do 2024 · 

    Queres incorporarte a algunha actividade agraria ou gandeira? INCORPÓRATE CON NÓS! Pasa canto antes polo teu local do Sindicato Labrego Galego-Comisións Labregas para realizar a tramitación (antes do 23/03/2024). Máis información: connos@sindicatolabrego.gal e/ou 604 026 536 (podes descargar as bases no pdf ao final da páxina)

  33. Xornada sobre os beneficios económicos e sociais da alimentación en base a pasto

    XornadaAlimentaciónEnBaseAPasto 22 de Xaneiro do 2024 · 

    Centro Etnográfico de Teixeiro, xoves 25 de xaneiro, de 11 a 14h. Esta xornada informativa enmárcase na campaña de denuncia da industrialización da IXP Ternera Gallega/Vacún de Galicia

  34. Solicitamos unha moratoria para todas as granxas e a exención das pequenas e medianas na aplicación da nova normativa agrogandeira

    RdP180124 18 de Xaneiro do 2024 · 

    A Consellaría do Medio Rural renunciou a traballar co Ministerio para adecuar esta normativa á realidade produtiva galega. Eivas nas aplicacións informáticas, carencia de persoal técnico e incremento de gastos aumentarán as dificultades das granxas

  35. O SLG-CCLL solicitará a execución da sentenza que subsana a discriminación de 10.000 granxas de carne realizada pola CMR no acceso á axuda convocada por mor da COVID-19

    Execución sentenza carne 8 de Xaneiro do 2024 · 

    A Consellaría non respostou á solicitude de xuntanza rexistrada en outubro do 2023 para concretar a aplicación desta sentenza. Se este venres 12 de xaneiro seguimos sen contestación por parte da CMR, solicitaremos ao Tribunal a execución da mesma

  36. A Xunta de Galicia segue con atrasos na PAC 2023. Esiximos responsabilidade

    pac2024- 4 de Xaneiro do 2024 · 

    En novembro a Xunta utilizou os medios de comunicación para gabarse de anticipar a PAC. As granxas seguimos agardando. Denunciamos o desmantelamento de servizos públicos e esiximos a asignación de persoal requirida para xestionar a PAC

  37. Demandamos á CMR que a axuda de vacún para TG non exclúa ás granxas de Suprema que non marcan en matadoiro

    suprema matadoiros 2 de Xaneiro do 2024 · 

    Os criterios da Xunta discriminan ás granxas que realizan a venda de animais a través de circuítos de comercialización local. A Xunta pretende utilizar este incentivo económico para avanzar na industrialización da IXP TG, e en especial da TG Suprema

  38. O litixio xudicial fronte ao desenvolvemento eólico desproporcionado e inadecuado en Galicia non se paraliza

    Aquí non 27 de Decembro do 2023 · 

    Plataformas Veciñais, Grupos Ecoloxistas, Sindicatos e outros colectivos galegos avisan que o fallo do Supremo sobre o parque eólico de Corme non fará decaer a loita xudicial contra o espolio eólico que desafortunadamente está a ter lugar en Galicia e que pon en grave risco o desenvolvemento rural e sostible da nosa terra.

  39. Máis dun cento de entidades ecoloxistas e sociais rexeitan a Axenda Mineira da Xunta por criminalizar a sociedade civil

    Manifestación Minas 20 de Decembro do 2023 · 

    Esixen á Xunta a retirada do documento porque vulnera os principios de neutralidade e obxectividade da administración, sendo absolutamente tendencioso. Denuncian que a estratexia da Xunta fomenta o ‘lawfare’ contra as organizacións sociais e ampara unha campaña descarada de proselitismo e propaganda en centros educativos.

  40. A Reserva da Biosfera Terras do Miño confirma as denuncias de masificación industrial realizadas polo SLG-CCLL

    MargaridaPrieto_Moratoria 20 de Decembro do 2023 · 

    O 72,96% da potencia eólica instalada na provincia de Lugo acumúlase na Reserva da Biosfera: máis de 1.240 aeroxeradores. Solicitamos sexan incorporados ao Plan 2024-2034 os datos de proxectos en tramitación e conclusións do informe da UNESCO

  41. A Consellaría do Medio Rural demora as axudas destinadas á EHE dende hai máis de 3 meses

    Primeiro plano dunha vaca 20 de Decembro do 2023 · 

    A Orde destinada ás axudas por Enfermidade Hemorráxica Epizoótica segue sen estar pública e as granxas sen poder solicitala nin cobrar por elas. É agora cando as gandeiras precisamos axuda económica para tentar compensar as perdas que estamos tendo nas granxas.

  42. O Consello Científico do Comité Español do Programa MaB confirma múltiples irregularidades cometidas pola Xunta de Galicia na autorización da mina San Acisclo (Muras, Lugo)

    SanAcisclo 14 de Decembro do 2023 · 

    O proxecto non conta con avaliación de impacto ambiental e minusvalora ou obvia a elevada biodiversidade presente na zona. Normativas caducadas e opinións persoais que contradín os datos científicos, identificadas no proxecto de explotación

  43. Esiximos á CMR que aclare cal das contías de pagos da PAC anunciada é a verdadeira, así como o seu desglose

    PAC2 12 de Decembro do 2023 · 

    Saudamos o compromiso público de pago para o mes de decembro realizado pola CMR logo da interpelación do SLG. Reiteramos que as granxas non percibiron o adianto da PAC anunciado pola Consellaría do Medio Rural no mes de novembro

  44. Multitudinario acto de celebración do 50 aniversario do Sindicato Labrego Galego-Comisións Labregas en Vilalba

    50aniversariovilalba 11 de Decembro do 2023 · 

    Máis de medio cento de persoas afiliadas e simpatizantes compartiron unha emocionante xornada de lembranzas e fortalecemento do compromiso ca loita labrega. Unha exposición de 74 paneis achegou un percorrido histórico centrado nas loitas sociais e actividade sindical da Terra Chá

  45. A Xunta de Galicia non só non adiantou a PAC, senón que as granxas nin sequera cobraron este mes

    vacasanaachan 11 de Decembro do 2023 · 

    O Goberno galego utilizou os medios de comunicación para gabarse de anticipar a PAC. A día de hoxe, nin anticipou nin pagou. Consideramos que os atrasos no cobro da PAC son culpa das demoras nos controis por parte da propia Xunta de Galicia

  46. O Sindicato Labrego, unha das organizacións fundadoras de LVC, presente na súa VIII Conferencia Internacional en Colombia

    Isa e Sonia 8 de Decembro do 2023 · 

    Neste oitavo encontro, iniciado en Bogotá o 3 de decembro, reuníronse medio milleiro de delegadas de todo o mundo. Isabel Vilalba e Sonia Vidal participaron na VI Asemblea de Mulleres e Brais Álvarez na V Asemblea da Mocidade de LVC

  47. Denunciamos a neglixencia continuada da Xunta na xestión do servizo de atención ás persoas dependentes

    Margarida Prieto 5 de Decembro do 2023 · 

    Segundo o Observatorio da Dependencia, o 35% das persoas que abandonaron a lista foi por falecemento, non por acceso a servizo. Galiza é a comunidade autónoma onde unha menor porcentaxe de persoas potencialmente dependentes solicita este servizo

  48. O SLG non acepta as explicacións da IXP TG arredor dos cambios nos pregos de condicións

    Samuel Formoso 30 de Novembro do 2023 · 

    Cuestionamos a razón de exclusión da posibilidade de pastoreo dos xatos de máis de oito meses. Preocúpanos que a IXP non saiba dicir que número de granxas se verán afectadas nin a que número exacto de canais afecta

  49. A Xustiza declara nulo o despido da traballadora da Residencia de maiores do Asilo de Vilalba, e obriga a readmitila

    RdPSentenzaAsiloVilalba 29 de Novembro do 2023 · 

    A sentenza, do Xulgado do Social n.º 1 de Lugo, coida acreditada a vulneración de dereitos fundamentais da traballadora e fixa unha indemnización de 7501 euros «por danos morais»

  50. Fronte ás violencias machistas: empoderamento, sororidade e solidariedade internacional

    Toques27n 24 de Novembro do 2023 · 

    Xornada de loita feminista colectiva arredor dos dereitos das mulleres labregas o luns 27 na Aula da Natureza de Toques. Este 25N dende o SLG-CCLL denunciamos a violencia do Estado de Israel contra as mulleres palestinas como estratexia militar

  51. Opoñémonos á obriga de acortellar a Ternera Gallega Suprema e finalizar a súa alimentación con penso

    IXP TG Suprema_acortellamento 20 de Novembro do 2023 · 

    Produtores e produtoras explicaron hoxe en rolda de prensa en Lugo os prexuízos da industrialización da IXP TG Suprema. O 0,1% de posíbeis casos de menor engraxamento non pode xustificar pechar os animais e alimentalos con concentrados

  52. A industrialización da IXP Ternera Gallega: novo golpe mortal ás granxas de vacún galegas

    vacachena 13 de Novembro do 2023 · 

    A industria, os cebadoiros, UU.AA e Gandeiros Galegos da Suprema asinan o fin da marca Ternera Gallega Suprema. Con esta modificación -que debe ser ratificada pola UE-, quedan excluídas da marca as granxas que fan acabado en base a pasto

  53. Leite Río segue reafirmándose nos seus ataques e desprezo polo sector produtor

    FaixaLeiteRío 10 de Novembro do 2023 · 

    Trasladamos dende o Sindicato Labrego Galego-Comisións Labregas as nosas consideracións ao respecto da carta aberta feita pública onte pola Sra. Carmen Lence a través do seu perfil nun portal de emprego.

  54. Lembramos ao Ministerio que é imprescindíbel ter en conta os prezos do leite para calcular as marxes de beneficio

    datosministerioleitenov23 3 de Novembro do 2023 · 

    A enerxía e alimentación animal acomodáronse nos custos máis altos dos últimos anos, mentras o prezo do leite segue baixando. Cómpre vixiar que a visión triunfalista do Ministerio non sexa empregada polas industrias pra baixar máis o prezo do leite

  55. Esiximos retirar a proposta de Decreto da Xunta de Galicia que restaría gobernanza ás propietarias dos montes

    MonteFuturo- 31 de Outubro do 2023 · 

    Durante meses organizacións integrantes do Consello Forestal Galego consensuamos o texto que debería conformar o borrador. O texto a exposición non só non é o acordado, senón que vulnera a posición do mesmo, que vela pola propiedade social do monte

  56. Aumentan as perdas por mor da EHE. Esiximos á CMR axudas que cubran a totalidade de custos derivados

    ehe2 30 de Outubro do 2023 · 

    Demandamos máis información ao sector, investigación pública, medidas preventivas e máis rapidez no servizo veterinario oficial. Iniciamos unha campaña de recollida de datos nas granxas ante a posibilidade de que a CMR estea a minimizar o impacto da EHE

  57. O SLG-CCLL pídelle á CMR medidas concretas contra as industrias que lideran a destrución da cadea de valor no leite

    GRanxaLeite 25 de Outubro do 2023 · 

    Precisamos un plan galego urxente para loitar contra a Enfermidade Hemorráxica Bovina (EHE)

  58. O SLG organiza en Friol unha xornada de alternativas sostíbeis nas comunidades de montes

    XornadaMontes 25 de Outubro do 2023 · 

    O encontro terá lugar o sábado 28 de outubro no local social de Carballo, dende as 11:00h até as 18:00h. SLG, CMVMC de Carballo, Comuneiros dos montes do Chá, Comuneira do MVMC de Loentia, ORGACCMM participan na xornada

  59. Urximos á CMR a actuar fronte á praga de vermes que leva meses afectando pradeiras e cultivos

    PragaVermes 23 de Outubro do 2023 · 

    Cómpre un seguimento por parte das Oficinas Agrarias Comarcais, información e axudas económicas para as granxas. Condenamos a inacción da CMR, ausente unha vez máis ante unha nova praga que está a ameazar as producións de alimentos

  60. Encontro Estatal “Labregas participando para transformar as políticas públicas”

    CERES 23 de Outubro do 2023 · 

    O SLG-CCLL participa no encontro que terá lugar dende mañá, martes 24, e durante a xornada do mércores 25 en Compsotela. O programa inclúe visitas a granxas xestionadas por mulleres da comarca e representación do Ministerio do Reto Demográfico

  61. Actitude Río: Puro marketing

    puromarketing 20 de Outubro do 2023 · 

    A industria láctea galega con máis volume de recollida baixa prezos ás granxas utilizando o leite como produto reclamo. Leite Río utiliza ás gandeiras nas súas estratexias publicitarias ao tempo que é cómplice do acelerado peche de granxas na Galiza

  62. MANIFESTO DA CONCENTRACIÓN CONTRA A VESPA VELUTINA (LUGO)

    MANIFESTO DA CONCENTRACIÓN CONTRA A VESPA VELUTINA (LUGO) 11 de Outubro do 2023 · 

    Reproducimos o Manifesto lido esta mañá, por persoal do Sindicato Labrego Galego-Comisións Labregas, diante da Xunta de Galicia, en Lugo, solicitando con urxencia un plan de loita contra a Vespa Velutina.

  63. Máis dun cento de persoas esixen á Xunta de Galicia a activación dun Plan galego para o control da Velutina

    VelutinaLugo111023 11 de Outubro do 2023 · 

    Arredor de 150 persoas secundaron esta mañá en Lugo a concentración convocada polo SLG en demanda de medidas. Malia ao patente agravamento nestes últimos anos, a Xunta segue sen asumir as súas competencias fronte a esta especie invasora

  64. Concentración en LUGO para reclamar un plan de choque contra a Velutina

    CartazVelutinaLugo 6 de Outubro do 2023 · 

    O SLG-CCLL convoca unha mobilización para o vindeiro mércores 11 en LUGO, diante do edificio administrativo da Xunta de Galicia. Malia o patente agravamento nestes últimos anos, a Xunta segue sen asumir as súas competencias fronte a esta especie invasora

  65. O SLG-CCLL reclamará as cotas da SS cobradas ás persoas labregas que estiveron de baixa máis de 60 días

    Carta SS 2 de Outubro do 2023 · 

    A Seguridade Social cobrou a persoas labregas cotas por baixa laboral xa pagadas polas mutuas conforme á Lei Xeral da SS. Unha vez máis, os impedimentos da Administración para acceder a atención presencial implica prexuízos para a cidadanía

  66. Isabel Vilalba: “Para garantir o acceso a unha alimentación sa e de calidade precisamos moitas persoas labregas en tódolos territorios”

    CESE 26 de Septembro do 2023 · 

    A Secretaria Xeral do SLG-CCLL participou hoxe no Consello Económico e Social Europeo en representación da CEVC. Vilalba reiterou que as actuais políticas agroalimentarias da UE son contrarias á consecución do dereito á Soberanía Alimentaria

  67. Isabel Vilalba, Secretaria Xeral do SLG-CCLL: “Precisamos saír deste capitalismo salvaxe se queremos ter un futuro”

    IsabelVilalba50aniversario 23 de Septembro do 2023 · 

    Máis de 300 persoas celebran nunha emotiva xornada en Encrobas os cincuenta anos en pé de loita labrega do SLG-CCLL. Reivindicamos o papel fundamental das persoas labregas na defensa da nosa terra nestes 50 anos, no presente e no futuro

  68. A CMR ten as competencias para establecer medidas fronte a EHE, Conselleiro reacciona xa!

    mapa ehe 21 de Septembro do 2023 · 

    Preocupación nas granxas ante a posibilidade de que a ineficacia da CMR ca EHE acade o nivel de desleixo amosado ca lingua azul. Entre as medidas a activar, solicitamos que tanto a EHE como a lingua azul sexan incorporadas ao Agroseguro da ENESA

  69. Aniversario do SLG-CCLL: 50 Anos construíndo futuro loitando pola Soberanía Alimentaria

    Logo50 21 de Septembro do 2023 · 

    O SLG-CCLL celebrará o seu cincuenta aniversario cun evento festivo e reivindicativo que terá lugar este sábado en Encrobas. Con motivo do 50 aniversario o SLG-CCLL lanza unha publicación na que se recollen fitos históricos da loita sindical agraria galega

  70. Esiximos solucións ante a inxustificábel falta de correspondencia entre as previsións das axudas do Ministerio e a súa contía final

    campo 19 de Septembro do 2023 · 

    Hoxe o FEGA publicou os importes unitarios provisionais das axudas do Ministerio solicitadas en base a estimacións previas. Unha marxe de erro de até un 28% evidencia eivas nos cálculos e pon inda máis en risco a situación económica das nosas granxas

  71. Esiximos que a CMR habilite un sistema de comunicación que garanta a total notificación de incidencias na PAC

    sentinel 15 de Septembro do 2023 · 

    Na era da dixitalización, a Consellaría do Medio Rural négase a comunicar incidencias que son penalizadas na PAC
    Esixen que as persoas solicitantes estean pendentes de entrar periodicamente nunha aplicación para saber se hai notificacións

  72. Cincuenta organizacións "plántanse" en Córdoba fronte aos ministros/as europeos de Agricultura para reclamar outro modelo agroalimentario

    Córdoba 4 de Septembro do 2023 · 

    Organizacións da CEVC, entre as que se atopa o SLG-CCLL, visibilízanse durante o cumio de ministros/as de agricultura da UE do 3 ao 5 de setembro

  73. Voltamos dirixirnos á CMR, e tamén ao Ministerio, ante a persistencia de problemas ca vacinación da Lingua Azul

    linguazaul2 21 de Agosto do 2023 · 

    Debido á mala planificación da campaña as granxas están tendo que financiar veterinarixs privadxs, incrementando os custos. Continúan as reaccións adversas á vacina na cabana gandeira, sen que se estea a realizar un seguimento rigoroso das mesmas

  74. REPRESALIAS NA FUNDACIÓN HOSPITAL ASILO DE VILALBA: Despido dunha das traballadoras denunciantes das condicións laborais

    DespidoTraballadoraAsilo 18 de Agosto do 2023 · 

    Sindicatos e colectivos feministas esixen a súa readmisión inmediata e ás administracións que actúen xa para garantir os dereitos das traballadoras e dos residentes

  75. A DN da Carne do SLG acorda defender na IXP Vacún de Galicia manter o tempo de lactancia e non permitir a conxelación

    DN CARNE_110813 11 de Agosto do 2023 · 

    O proceso de conxelación e desconxelación pode afectar á calidade, e distorsionar os prezos a produtoras e consumidoras. As normativas hixiénico-sanitarias dos cebadeiros distan da calidade e benestar animal das granxas de TG e TG Suprema

  76. O Sindicato Labrego Galego sinala que as industrias son as responsábeis da baixada do prezo do leite

    industrias 5 de Agosto do 2023 · 

    Iniciamos unha campaña de denuncia sinalando con faixas industrias lácteas que forzaron a última baixada de prezos. Escandalosa ausencia e desleixo da Consellaría, inactiva ante os flagrantes incumprimentos da Lei da Cadea Alimentaria

  77. A Consellería de Medio Rural abandona as gandarías ante os problemas que lles está a ocasionar a vacinacións fronte a Lingua Azul

    Linguazul 3 de Agosto do 2023 · 

    A descoordinación e falta de información da Consellaría do Medio Rural provoca preocupación e aumento de gastos nas granxas.  Sindicato Labrego Galego solicitou en varias ocasións unha xuntanza co Conselleiro José González, que sigue desaparecido

  78. Na Galiza hai máis de 120 concellos con máis vacas que persoas. Se o leite tivera un prezo xusto non terían pechado o 25,6% das granxas nos últimos 8 anos

    Cartaz prezos xustos leite 21 de Xullo do 2023 · 

    A Consellaría segue desaparecida ante a estratexia de baixada de prezo do leite ás granxas orquestrada polas industrias. Esiximos índices públicos de custos de produción e que se faga cumprir a Lei da Cadea ás industrias que non respectan prezos.

  79. O SLG reitera acordar unha xuntanza urxente coa CMR ante a problemática da lingua azul

    Lingua azul 20 de Xullo do 2023 · 

    O 11 de xullo dirixímonos á Consellería de Medio Rural solicitando unha xuntanza coa persoa responsábel da área de vacinación animal sen recibir resposta. O protocolo do que fala a CMR debera ser público e as persoas que se encargan da vacinación dos animais, deberan ter informado da súa existencia.

     
  80. Solicitamos xuntanza ca CMR para concretar as incidencias derivadas da vacina da lingua azul e abordar solucións

    vacinalinguaazulDIARIOSUR 11 de Xullo do 2023 · 

    Ao igual que nas campañas precedentes, persisten as reaccións adversas na cabana gandeira vacinada da lingua azul. O SLG-CCLL pide á Xunta de Galicia aclarar o número de animais afectados e traballar na procura de solucións a esta problemática

  81. Entrevista cxs voceirxs da área de medio rural do BNG, Carme Aira e Xosé Luís Rivas, para denunciar os abusos das industrias

    bng-leite 10 de Xullo do 2023 · 

    Alarma entre as granxas de leite pola inacción da Consellaría do Medio Rural fronte á baixada orquestrada polas industrias lácteas. Pedimos aos grupos parlamentarios garantir o cumprimento da Lei da Cadea e prezos que cubran custos e remuneren o traballo

  82. O SLG entrevístase co voceiro da área de medio rural do PSOE, Martín Seco, para activar solucións no sector leiteiro

    PSOE 6 de Xullo do 2023 · 

    A xuntanza tivo lugar no marco da campaña de denuncia da estratexia de baixada de prezos imposta polas industrias lácteas. Observatorio do Leite Galego, índices de referencia, seguimento da entrada de leite de fóra; algunhas das principais demandas

  83. O SLG di NON á baixada de prezos no leite

    PrezosLeite 4 de Xullo do 2023 · 

    A DN do Leite do SLG valorará accións informativas e de denuncia dirixidas contra as empresas que abandeiran baixadas. Esta semana manteremos xuntanzas cos grupos parlamentares a fin de trasladar polo miúdo as prácticas abusivas das industrias

  84. A Xunta aproba un Decreto para que empresas e “expertos” privados se encarguen de avaliar as polémicas DIAs de macroproxectos enerxéticos e mineiros

    DIAS 3 de Xullo do 2023 · 

    Estratexia de legalización da violencia medioambiental da Xunta: decretos que fan legais irregularidades condenadas pola Xustiza. O Decreto 102/2023 permite que empresas e persoas a nivel privado suplan o traballo dos funcionarios/as públicos

  85. Ameazas de baixada, incumprimento da Lei da Cadea e a Consellaría do Medio Rural desaparecida

    baixadaprezoleitexunho23 28 de Xuño do 2023 · 

    Baixada orquestrada polas industrias lácteas mentras a Xunta négase a dar datos oficiais de custos de produción na Galiza. Iniciamos reunións para lanzar unha campaña de mobilizacións para denunciar os abusos ás granxas e ás persoas consumidoras

  86. 43 colectivos unímonos para esixir medidas fronte á contaminación das rías

    marisqueo 27 de Xuño do 2023 · 

    Reclamamos á Xunta medidas urxentes para acabar cos verquidos contaminantes que están a provocar un drástico descenso na produción de marisco nos principais estuarios.

  87. A actitude irresponsábel e inoperante da CMR lastra o proceso de solicitude da PAC2023 que finaliza este venres

    granxaleite 26 de Xuño do 2023 · 

    O SLG solicitou varias veces á Consellaría concretar distintos requisitos da PAC, ao que a administración inda non deu resposta. O RD4/2023 especifica como fin de prazo o 30 de xuño pero a CMR limitouno ao 15/06 e posteriormente aceptou a data do 30/06

  88. Demandamos información sobre a transformación de parcelas rústicas en urbanas en concellos rurais

    catastro 23 de Xuño do 2023 · 

    Solicitamos información ao concello de Vilalba e pedimos que as persoas afectadas sexan informadas dos seus dereitos. Pedimos a anulación do cobro con carácter retroactivo resultante da diferencia entre o IBI rústico e o IBI urbano

  89. O SLG pide que se investiguen as denuncias de maltrato por parte da agroindustria Surexport

    surexplotación 21 de Xuño do 2023 · 

    Organizacións sociais alertan do illamento forzoso de traballadoras migrantes sobreviventes dun accidente en Huelva. Esta multinacional de orixe andaluza ten presenza na Terra Chá, onde tamén foron denunciadas vulneracións de dereitos laborais

  90. María Jesús Lorenzana herda os reveses dos Altos Tribunais, 30 recursos de alzada e un regueiro de pleitos xudiciais polos eólicos

    RdP160623-- 16 de Xuño do 2023 · 

    A nova conselleira terá que enfrontar as consecuencias das irregularidades cometidas nas autorizacións de proxectos eólicos. Asociacións cidadás de toda Galicia conminan á nova conselleira a acordar un desenvolvemento eólico sostible

  91. Alertamos da elevada presenza de Vespa velutina e propoñemos unha batería de medidas á Xunta de Galicia

    TrampasVelutina 16 de Xuño do 2023 · 

    Foron detectadas velutinas durante o trampeo primaveral, e este mes en colmeas e apiarios, presaxiando un ano complicado. Dirixímonos a Medio Rural e Medio Ambiente para que asuman as súas responsabilidades no control de especies invasoras

  92. Solicitamos investigar urxentemente a morte de 4 animais ao pé dun polígono industrial eólico por mor dun raio

    vacaseólicos140623 15 de Xuño do 2023 · 

    Dirixímonos á CMR e á Consellaría de Industria para que aclare os detalles dun suceso que podería terse cobrado vidas humanas. Os aeroxeradores non só atraen, tamén xeran lóstregos. Galiza concentra unha salientábel cantidade de episodios eléctricos

  93. Demandamos unha valoración dos danos provocados polas treboadas e a apertura de liñas de axuda directa

    Anegamento OU 14 de Xuño do 2023 · 

    As fortes treboadas destes días provocaron perdas nas colleitas dende o norte até o sur da Galiza afectando a varios sectores. Instamos á Xunta de Galicia a crear un comité centrado no estudo das repercusións do quecemento global no agro galego

  94. Destacamos a importancia de solicitar a axuda para venda directa habilitada dentro da PAC grazas ao SLG

    vendadirecta 5 de Xuño do 2023 · 

    A instancias do SLG, a CMR admitiu a agroambiental de economía circular, malia que con menor importe do que solicitabamos. Detectamos que a información non está chegando ás labregas/os. Cómpre incrementar as solicitudes para mellorar esta axuda

  95. Solicitamos a corrección do RD4/2023 eliminando o límite mínimo de colmeas e a condición de trashumante

    Apicultura 2 de Xuño do 2023 · 

    O Ministerio de Agricultura ignora a realidade apícola galega establecendo criterios que deixan fóra á maioría de produtoras. Reiteramos a urxencia en que a CMR active unha Mesa da Seca galega e adopte medidas específicas para os nosos apiarios

  96. Esiximos aclarar a situación na que se atopan as traballadoras e usuarias da Residencia de Maiores de Vilalba

    ResidenciaVilalba 25 de Maio do 2023 · 

    Dende 2021 vimos denunciando o incumprimento dos ratios de traballadoras e as graves consecuencias para as usuarias. A situación é xa insostíbel dende fai meses, chegando a haber só 7 traballadoras para coidar e atender a 157 persoas dependentes

  97. Alertamos dos graves riscos sociais implícitos no Anteproxecto de Lei de Promoción dos Beneficios Sociais e Económicos dos Proxectos que utilizan Recursos Naturais de Galicia

    LeiDepredación23 24 de Maio do 2023 · 

    O texto afonda na desprotección da poboación rural posibilitando a fragmentación eólica e debilitando as declaracións de impacto. Esta Lei situaría aos macroproxectos industriais como principais suxeitos de dereitos sobre o noso territorio e os nosos recursos

  98. A pretensión de verter inxentes cantidades de herbicidas perigosos está a ser contestada pola veciñanza da Mariña

    cartaz velenos 23 de Maio do 2023 · 

    No día de hoxe, procedeuse a presentar no Concello de Ribadeo un bo número de manifestacións de desconformidade con esta pretensión da empresa NEDGIA GALICIA SA, do grupo Naturgy. O produto TORDON™ Star, que a empresa pretende aplicar en grande parte do trazado, é un herbicida moi tóxico.

  99. Celebramos a crecente oposición e articulación social fronte á invasión de polígonos eólicos no medio rural

    SlgLugo210523 22 de Maio do 2023 · 

    O SLG, unha das máis de 100 organizacións que secundaron onte a manifestación convocada en Lugo por Un Vento Vén. Milleiros de persoas visibilizaron por terceira vez o rexeitamento da poboación das áreas urbanas ao espolio enerxético do rural

  100. O SLG pídelle á CMR medidas concretas para a seca e a suba de custos de produción

    seca 15 de Maio do 2023 · 

    Solicitamos activar unha mesa da seca para o sector agrario, plans de aforro hídrico conxuntos e apoios para as granxas. O RD non se axusta á realidade galega. Demandamos facer un traballo específico dende Galiza fronte á seca e á suba de custos

  101. A veciñanza de As Nogais alerta do risco de demolición das pizarras do río Navia

    rionavia 12 de Maio do 2023 · 

    Defendemos a utilidade das pizarras do Navia como reguladoras do cauce hídrico e conservadoras da biodiversidade do río. Dirixirémonos á Confederación do Cantábrico para solicitar que faga pública a información ao respecto de posíbeis actuacións

  102. Solicitamos que se informe no pleno do COGAMADS sobre a aprobación masiva de polígonos industriais eólicos

    cogamads2 11 de Maio do 2023 · 

    Pedimos información sobre o procedemento de aprobación simultánea de 77 DIAs en xaneiro e 75 polígonos eólicos en abril. Queremos saber o número de proxectos identificados como fraccionados ilegalmente e de avaliacións externalizadas

  103. Programa Impacto Autónomo 2023: a discriminación das granxas agrávase ante as dificultades para incorporar a súa tributación

    Programa Impacto Autónomo2023 10 de Maio do 2023 · 

    Como alertamos dende o SLG-CCLL, a esixencia de beneficios por riba dos 10.000€ deixou fóra a case tódalas granxas de carne. As granxas que conseguiron acceder non dispoñen dun encaixe técnico que permita documentar correctamente a súa tributación

  104. Esiximos transparencia e información sobre os novos 75 polígonos industriais eólicos anunciados por Rueda

    75p 9 de Maio do 2023 · 

    O 26 de abril Rueda anunciou a aprobación en masa de 75 polígonos co único argumento de cumprir prazos administrativos. As súas DIAs foron aprobadas, tamén todas de golpe e condicionadas polos prazos administrativos, o pasado xaneiro

  105. O que compromete o futuro do sector lácteo son as prácticas abusivas das industrias toleradas polas institucións

    fenil 8 de Maio do 2023 · 

    Se as industrias lácteas queren futuro para o sector, que paguen prezos que cubran custos de produción e remuneren o traballo. O incumprimento da Lei da Cadea Alimentaria ou a ausencia de índices oficiais de custos aceleran o peche das granxas galegas

  106. Esiximos á Consellaría e Ministerio de Medioambiente que actúen fronte á contaminación de augas de ERIMSA

    balsafrades2 18 de Abril do 2023 · 

    Case dúas semanas despois do verquido de ERIMSA aos afluentes do Tambre ningún organismo contactou cas veciñas. Demandamos o esclarecemento dos feitos acaecidos o 4 de abril, valoración de posíbeis sancións e restitución ás afectadas

  107. Políticas Locais para a Transición Agroecolóxica e a Soberanía Alimentar

    17A23 17 de Abril do 2023 · 

    Conmemoramos o Día das Loitas Labregas, convocado pola coordenadora La Vía Campesina Internacional dende o ano 1996. A soberanía alimentar e a agroecoloxía xa son o presente, e único camiño para un futuro sustentábel social e medioambientalmente

  108. Veciñanza de Loentia traslada á Subdelegada do Goberno a súa preocupación ante a posible instalación da agroindustria Surexport

    surexplotacion 14 de Abril do 2023 · 

    O deterioro de Doñana provocado polo acaparamento de augas da agroindustria de froitos vermellos alerta á veciñanza luguesa. Canda a rolda de contactos con institucións, as comuneiras valoran iniciar medidas xudiciais ante o a opacidade do proxecto

  109. Suplemento especial de 8 páxinas sobre a Política Agraria Común 2023-2027 no xornal sindical FOUCE

    Fouce 342 14 de Abril do 2023 · 

    Publicamos o número 342 do xornal sindical Fouce, correspondente aos meses de marzo e abril. O suplemento PAC recolle cuestións como a condicionalidade, as BCAM, pagos e outras informacións de interese para as granxas

  110. O concello da Coruña discrimina ás persoas labregas ecolóxicas da zona de influencia fronte ás grandes empresas de alimentación

    SanAgustín 12 de Abril do 2023 · 

    O mercado semanal de San Agustín é un dos poucos puntos de venda onde poder acceder a alimentos frescos ecolóxicos. O Sindicato Labrego Galego vén de solicitar unha xuntanza co concello da Coruña para tratar de reverter esta situación

  111. O SLG denuncia a rotura dunha balsa mineira de Erimsa no río Tambre

    Concello de Frades 4 de Abril do 2023 · 

    Os feitos tiveron lugar no día de onte no Concello de Frades. Grazas á denuncia realizada polo SLG, o 112 avisouse aos concellos que poderían estar afectados para que tomen as medidas necesarias.

  112. O sector lácteo valora iniciar accións de denuncia fronte á imposición dunha baixada masiva de prezos

    leitedenunciacontratos 1 de Abril do 2023 · 

    Como xa advertimos no mes de febreiro, as industrias lácteas forzaron unha baixada o prezo do leite malia á suba de custos. Xunta e Ministerio non actuaron fronte á imposición de contratos á baixa e presentados fóra dos dous meses previos establecidos

  113. O SLG pide que se elimine a obrigatoriedade do caderno dixital e demais burocracia innecesaria da PAC

    PAC WEB 28 de Marzo do 2023 · 

    Solicitamos unha moratoria para aplicación das novas esixencias, así como exencións para as pequenas e medianas granxas. Demandamos que as granxas non paguen as consecuencias do nefasto funcionamento administrativo desta campaña da PAC

  114. Concentración contra a mina San Acisclo (Muras)

    ConcentraciónSanAcisclo 21 de Marzo do 2023 · 

    O domingo 26 de marzo ás 12h. na zona da mina. Esiximos a admisión dos recursos e a revocación dos permisos

  115. Un cento de labregas participan no XVII Encontro da Secretaría das Mulleres do Sindicato Labrego Galego

    XVIIEncontroSecretaríaDAsMulleres 18 de Marzo do 2023 · 

    O evento, centrado en identificar as violencias machistas, ten lugar hoxe e mañá no Centro Sociocultural A Senra de Bergondo. A primeira xornada abordou as múltiples violencias cotiás que afectan ás labregas no eido laboral, educativo e da saúde

  116. Organizacións galegas e asturianas esiximos o fin da invasión eólica como resposta para frear o despoboamento

    Taramundi 17 de Marzo do 2023 · 

    Desprazámonos ao encontro bilateral dos gobernos galego e asturiano hoxe en Taramundi para abordar o reto demográfico. Partido Popular e Partido Socialista modificaron leis para acelerar os macropolígonos e impedir que a poboación alegue

  117. XVII Encontro da Secretaría das Mulleres do Sindicato Labrego Galego

    XVIIEncontroMulleresSLG 16 de Marzo do 2023 · 

    Este ano terá lugar o sábado 18 e o domingo 19 de marzo en Bergondo, centrarase na identificación das violencias machistas. Arredor dun cento de mulleres labregas participarán nas actividades formativas, palestras e espazos de convivio

  118. Denunciamos actividade presuntamente ilegal na mina San Acisclo (Muras)

    sanacisclo2 15 de Marzo do 2023 · 

    Aportamos probas documentais da presenza de maquinaria e demandamos investigación e que se valoren posíbeis sancións. Entre as irregularidades da mina destacan o incumprimento da Directiva de Augas, Rede Natura e ausencia de licencia municipal

  119. Esiximos ao Director Xeral de Gandaría solucións inmediatas para as eivas da campaña de sanemento animal

    Saneamento 8 de Marzo do 2023 · 

    O SLG acompañou a gandarías afectadas na Terra Chá a unha xuntanza co Director Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias. Dende outubro granxas afectadas veén denunciando numerosas problemáticas vinculadas ás deficiencias do saneamento animal

  120. O SLG participa e coordina a I Escola Feminista de La Vía Campesina en Maputo (Mozambique)

    lvc_070323 7 de Marzo do 2023 · 

    A gandeira de Xunqueira de Ambía e integrante do CC da CEVC, Sonia Vidal, é unha das responsábeis político-pedagóxicas. Do 7 ao 14 de marzo a coordenadora internacional LVC reune en África 70 representantes de 39 países das súas rexións membro

  121. 8M: En pé de loita na defensa da Vida, unidas fronte as violencias

    secretaríadasmullersslg 7 de Marzo do 2023 · 

    O Sindicato Labrego participará nas mobilizacións convocadas pola Marcha Mundial das Mulleres en todo o territorio galego. O encontro anual da Secretaría das Mulleres do SLG, o 18 e 19 de marzo en Bergondo, centrarase na identificación das violencias

  122. Denunciamos a eliminación de fondos PAC para disimular a deficiente dotación orzamentaria para ecolóxico

    axuds eco 1 de Marzo do 2023 · 

    A Xunta propón eliminar do PEPAC 40M para zonas con limitacións naturais, 11M para cultivos sostíbeis e 7,5M de gasto público total. Esiximos que a cobertura das agroambientais de ecolóxico non se realice a costa de reducir partidas con alto nivel de execución

  123. Apoio ao activista social Miguel Abraira na súa folga de fame para denunciar o bloqueo do concello de Miño

    abraira 28 de Febreiro do 2023 · 

    Ao contrario da celeridade para facilitar megaurbanizacións, o Concello mantén bloqueada a solicitude de Abraira dende o 2019. Este sábado 4 participaremos na concentración de apoio que terá lugar ás 20h. diante da Delegación do Goberno (A Coruña)

  124. Esiximos a intervención da Administración fronte as presións das industrias lácteas para baixar prezos

    Vacas de leite 27 de Febreiro do 2023 · 

    A Lei da Cadea permite que Xunta e MAPA interveñan directamente para que o prezo non sexa menor que os custos. Dende o Sindicato Labrego Galego animamos ás granxas a non asinar contratos que impliquen unha baixada de prezos

  125. As organizacións sociais integrantes do Consello Galego de Benestar Social bloquean a proposta de financiamento da Xunta para o SAF por ser das máis baixas do estado e non garantir salarios dignos para as traballadoras

    CGBS2 24 de Febreiro do 2023 · 

    O texto foi rexeitado con 13 abstencións e cinco votos en contra dos 27 emitidos

  126. Denunciamos incidencias na tramitación de axudas para persoas agricultoras mozas e demandamos ampliación do prazo

    axudasincorp- 22 de Febreiro do 2023 · 

    Problemas de funcionamento no MELLES, erros na Orde publicada e escaso prazo de solicitude, principais obstáculos. Esiximos que se manteña a posibilidade de solicitar plans de mellora ás persoas solicitantes da axuda na campaña anterior

  127. O SLG agradece a participación e traballo desenvolvido nas Eleccións a Consellos Reguladores celebradas onte

    Formoso 20 de Febreiro do 2023 · 

    O SLG-CCLL organización gañadora no Condado, segunda en Valdeorras e terceira máis votada en Carne de Vacún de Galicia. Loitaremos pola defensa das pequenas e medianas granxas como garantía dun medio rural vivo e unha alimentación saudábel

  128. Se o Sindicato Labrego Galego está, as demandas das persoas agricultoras e gandeiras tamén están

    tg_ccrr 16 de Febreiro do 2023 · 

    O SLG-CCLL preséntase este domingo 19 ás eleccións dos Consellos Reguladores e Indicacións Xeográficas Protexidas. O SLG conta co aval de ser unha organización labrega cunha traxectoria histórica de loita sempre a carón das produtoras/es

  129. Esiximos que o COGAMADS sexa unha ferramenta real de participación cidadá

    aldeaslibres 15 de Febreiro do 2023 · 

    Denunciamos a distorsión das funcións propias dos órganos de consulta social como o COGAMADS por parte da Xunta de Galicia. Solicitamos saber cantas granxas foron excluídas pola Xunta das axudas á produción ecolóxica nos espazos naturais protexidos

  130. Política social confirma discriminación de colectivos vulnerábeis no acceso ao complemento de alugueiro

    pensionsnoncontri 14 de Febreiro do 2023 · 

    A vogal do SLG no Consello Galego de Benestar solicitou a revisión do caso dunha perceptora de pensión non contributiva. Demandamos a revisión dos expedientes de persoas en situación de vulnerabilidade á que se teña negado a axuda para alugueiro

  131. Presentamos recurso de reposición fronte á autorización da Consellaría de Industria para a mina San Acisclo

    sanacisclo 13 de Febreiro do 2023 · 

    Reiteramos o cumio de irregularidades que arrodean a xestión administrativa desta solicitude e severa afección medioambiental. A Deputación de Lugo confirma ao SLG que non foi consultada sobre a afección da mina á Reserva da Biosfera Terras do Miño

  132. O sector apícola traslada ás súas reivindicacións ás Consellarías e Ministerio a través do SLG

    api 10 de Febreiro do 2023 · 

    Demandamos apoio á produción, racionalización da burocracia, transparencia na comercialización, PAC e loita contra a velutina. O SLG activará unha campaña multisectorial para reivindicar á Xunta unha estratexia real de loita contra contra a vespa velutina

  133. A Xunta denega a axuda de incorporación a 74 novas granxas que cumprían os requisitos para recibila

    AxudasIncorporación 3 de Febreiro do 2023 · 

    Ao igual que sucedeu cas axudas á produción ecolóxica, a Xunta orzamentou de xeito deficiente estes fondos públicos. As estatísticas alertan da falta de relevo xeracional: 6 de cada 10 labregas/os estarán xubiladas no ano 2030

  134. Na defensa das pequenas e medianas granxas: VOTA SLG-CCLL nos Consellos Reguladores das DO e IXP´s

    MESASTG23 2 de Febreiro do 2023 · 

    O domingo 19 de febreiro terán lugar as eleccións para renovar 15 Consellos Reguladores das Denominacións de Orixe e IXPs. Propoñemos unha batería de medidas para que a IXP Vacún de Galicia estea realmente ao servizo das persoas produtoras

  135. Instamos ao MITECO a paralizar todos os PE en tramitación até ser aprobada a Zonificación Agroambiental da PAC

    Carral_Arquivo 1 de Febreiro do 2023 · 

    Solicitamos entrevista co delegado do Goberno español para esixir o cumprimento de protección da produción de alimentos. Demandamos tamén á Xunta a suspensión de tódalas tramitacións de polígonos eólicos até contar ca nova delimitación

  136. A aprobación masiva de polígonos industriais eólicos evidencia violencia institucional contra a poboación

    Carral2901 27 de Xaneiro do 2023 · 

    A Xunta privilexia o negocio de empresas multinacionais sacrificando a saúde e a calidade de vida das galegas e galegos. O Sindicato Labrego súmase á convocatoria de manifestación que terá lugar este domingo 29 ás 12h. dende Carral

  137. Esiximos que as axudas complementarias para o sector cárnico cheguen a todas as granxas admitidas

    AxudasVacúnCarne 16 de Xaneiro do 2023 · 

    A Xunta de Galicia debe incrementar o orzamento en 1.259.640€ para cubrir a listaxe completa de beneficiarias do Ministerio. O establecemento de tramos para calcular a axuda é inxusto e xera dúbidas ao respecto da devolución dos adiantos bancarios

  138. O SLG denunciará no Comité de Seguimento do PDR e no Consello Agrario Galego a exclusión masiva nas axudas de ecolóxico

    CadroSLGecolóxico23 9 de Xaneiro do 2023 · 

    Só 26 das 150 granxas que solicitaron a súa conversión á gandaría ecolóxica accederon ás axudas públicas da Xunta. A CMR inda non respostou á solicitude de xuntanza feita polo SLG no mes de decembro e continúan activas as mobilizacións

  139. A Xunta volta disciminar ás labregas e labregos no acceso a axudas públicas: Programa Impacto Autónomo 2023

    autonomxs23 5 de Xaneiro do 2023 · 

    A concorrencia non competitiva prexudica ás persoas que carecen de equipamento ou con escasa cobertura de rede. O tope máximo de ingresos establecido no Programa Impacto Autónomo 2023 deixaría fóra a case tódalas granxas de carne

  140. O SLG acada o compromiso de revisión de oficio do complemento de alugueiro a unha muller con prestación non contributiva

    Cartaz solucións para as persoas dependentes 27 de Decembro do 2022 · 

    O SLG votou en contra do texto presentado no Consello Galego de Benestar Social na sesión do 21 de decembro, na que tamén se acadou a revisión de oficio do complemento de alugueiro. O novo proxecto para a tramitación da Dependencia non soluciona as listas de agarda e recorta prestacións

  141. O novo proxecto para a tramitación da Dependencia non soluciona as listas de agarda e recorta prestacións

    Marga 23 de Decembro do 2022 · 

    O SLG-CCLL vota en contra do texto presentado no Consello Galego de Benestar Social na sesión do pasado mércores 21. Restaura o silencio administrativo, malia ás sentenzas en contra da Xunta, incrementa demoras e non aborda a precariedade. 

  142. Produtores/as en ecolóxico e de zonas desfavorecidas maniféstanse fronte ao Parlamento convocadas polo SLG

    211222 22 de Decembro do 2022 · 

    O conselleiro segue sen asumir responsabilidades, mentindo e buscando excusas para non activar as axudas necesarias. Campaña de mobilizacións para esixir medidas para as granxas discriminadas pola CMR no acceso ás axudas públicas

  143. Mobilización de produtores/as en ecolóxico e de zonas desfavorecidas MAÑÁ fronte ao Parlamento Galego (COMPOSTELA)

    Compos21D 20 de Decembro do 2022 · 

    Avanza a campaña de mobilizacións para esixir medidas para as granxas discriminadas pola CMR no acceso ás axudas públicas. Ás 13h. concentración previa ao debate parlamentario no que se tratará a deficiente xestión destes orzamentos por parte da Xunta

  144. Máis de medio cento de persoas partillaron análises e estrateixas de coidado do común para soster a Vida

    fotoGrupoforo 17 de Decembro do 2022 · 

    Ao longo da xornada de hoxe estamos celebrando na Casa Común de Rarís (Teo) o VI Foro Labrego de Agroecoloxía. Os comúns como elemento clave para reconfigurar a nosa relación coa terra e o territorio, e avanzar na Soberanía Alimentar

  145. Inicio de mobilizacións para esixir solucións para as granxas excluídas das axudas ao sector ecolóxico e zonas desfavorecidas

    solicitude16d 16 de Decembro do 2022 · 

    Arredor de 200 produtoras/es acompañaron á SX do SLG no rexistro hoxe en Lugo da solicitude de entrevista co conselleiro. Inicio de campaña de mobilizacións para esixir medidas para as granxas discriminadas pola CMR no acceso ás axudas públicas

  146. O SLG-CCLL leva unha vez máis o debate sobre a invasión eólica nas Reservas da Biosfera

    Mrb 16 de Decembro do 2022 · 

    Reiteramos a demanda de activación inmediata dunha moratoria á instalación de polígonos industriais nas Reservas da Biosfera. Solicitamos coñecer a evolución do informe iniciado polo Comité Científico do Programa MaB da UNESCO a finais do 2021

  147. Solicitamos unha xuntanza urxente co Conselleiro e solucións para as granxas de ecolóxico e zonas desfavorecidas

    Lugo16d 15 de Decembro do 2022 · 

    Mañá ás 13h. a Secretaria Xeral do SLG-CCLL rexistrará en Lugo a solicitude de entrevista co conselleiro José González Vázquez. Inicio de campaña de mobilizacións para esixir medidas para as granxas discriminadas pola CMR no acceso ás axudas públicas

  148. Sen solucións para a perda de axudas de ecolóxico no ano 2022

    Reunión Isabel Vilalba, Santiago Cid con Balseiros 14 de Decembro do 2022 · 

     O Sindicato Labrego esixe ao Director Xeral de Agricultura subsanar a exclusión de 250 granxas das axudas do CRAEGA. A SAU galega inscrita actualmente no CRAEGA é só do 5,15%, moi lonxe do obxectivo do 25% estipulado pola UE para o 2030. Demandamos a activación dunha liña específica de traballo co sector da horta, esencial para fornecer alimentos de proximidade.

  149. VI Foro Labrego de Agroecoloxía: Coidando o común para soster a Vida

    FLA22 14 de Decembro do 2022 · 

    Ao encontro asistirán produtores/as de ecolóxico de toda Galiza, este sábado 17 de decembro na Casa Común de Rarís (Teo). Os comúns como elemento clave para reconfigurar a nosa relación coa terra e o territorio, e avanzar na Soberanía Alimentar

  150. Esiximos á CMR que corrixa a súa neglixencia e garanta apoios para todas as solicitantes da agroambiental de ecolóxico inscritas no CRAEGA

    logocraega22 30 de Novembro do 2022 · 

    É intolerábel que a Administración galega non levase un control do número de solicitudes en relación aos apoios dispoñíbeis. A PAC procura fomentar a agricultura ecolóxica pero a CMR ningunea o sector mentras desvía fondos cara a agroindustria

  151. A CMR reafírmase publicamente no castigo ás granxas de carne e minte sobre o reparto das axudas PAC

    zln 25 de Novembro do 2022 · 

    A documentación do FOGGA confirma que a CMR eliminou as axudas ZLN, tanto para as explotacións de carne como de leite. Esiximos á CMR que devolva os 8 millóns de euros de axudas públicas PAC que até o dagora chegaban a 8.255 granxas galegas

  152. Rematar coa violencia contra as mulleres. Poñer a vida e os coidados no centro das políticas públicas

    Mobilizacións25N 24 de Novembro do 2022 · 

    O SLG-CCLL participará mañá nas mobilizacións convocadas en toda Galiza con motivo do Día contra a violencia  machista. Instamos ás administracións a reformular estratexias para pór fin tanto á violencia directa como estrutural contra as mulleres

  153. A Xunta quítalles a 8.255 granxas as axudas por zona desfavorecida

    zln 23 de Novembro do 2022 · 

    Milleiras labregas/os de toda Galiza ficarán sen un apoio económico contemplado na PAC que viñan percibindo até agora. Denunciamos que as axudas que pretende eliminar a CMR teñen como obxectivo precisamente evitar abandono de terras agrarias

  154. Solicitamos a revisión de oficio das denegacións do complemento de alugueiro a persoas con pensións non contributivas

    pensionsnoncontri 17 de Novembro do 2022 · 

    A denegación a unha muller maior que reside dende 1973 na mesma vivenda apunta discriminación deste colectivo vulnerábel. A vogal do SLG-CCLL no Consello Galego de Benestar Social alerta á Valedora do Pobo da posíbel existencia de máis casos

  155. Manifestación 19N en Compostela: Na defensa da vida digna, os servizos públicos e o Estado de Benestar

    RdP19N 16 de Novembro do 2022 · 

    As organizacións convocantes apelan á unidade para conformar unha forza plural que presione para garantir a protección social. Canda a defensa das pensións públicas, a Sanidade ou o Ensino a mobilización procurará fortalecer o apoio ás demandas do SAF

  156. Salarios e condicións de traballo digno para as traballadoras de atención a persoas dependentes no fogar!!

    SAF_Vilalba 11 de Novembro do 2022 · 

    Dobre afección das mulleres rurais: como traballadoras e como usuarias, prexudicadas pola precariedade deste servizo público. Demandamos o fin da externalización da atención á dependencia e a súa incorporación a unha rede pública de coidados

  157. Rolda de asembleas informativas sobre a Política Agraria Común 2023 en toda Galiza

    asembleasPAC 9 de Novembro do 2022 · 

    A PAC solicitarase en maio e abril, as/os labregas/os precisamos coñecer os seus requisitos e características antes do 2023. Achegamos calendario de xuntanzas, que darán inicio o vindeiro 15 de novembro en Chantada e terán lugar nas catro provincias

  158. Finaliza o Encontro europeo das articulacións de diversidades e mulleres da CEVC na Guarda

    Grupo_CEVC 4 de Novembro do 2022 · 

    A Coordenadora Europea Vía Campesina reuniuse do 1 ao 3 de novembro na Guarda co SLG-CCLL como organización anfitrioa. 40 persoas integrantes de organizacións europeas analizaron estratexias de fortalecemento interno e da loita labrega

  159. Segunda xuntanza en Abadín de granxas afectadas polas eivas da campaña de saneamento

    abadinsaneamento2 3 de Novembro do 2022 · 

    As/os gandeiras/os están recabando apoios para presentar un escrito á CMR denunciando a situación e propoñendo medidas. Solicitan que se concrete á maior brevidade posíbel unha xuntanza co conselleiro do medio rural, José González Vázquez

  160. Segunda xornada do encontro das articulacións de mulleres e diversidades da CEVC

    aguarda021122 2 de Novembro do 2022 · 

    Feminismos, alianzas, loitas interseccionais, agroecoloxía e decolonización foron algúns dos eixos dos debates de hoxe. Alertouse do retroceso nos dereitos trans e analizáronse estratexias fronte á desvalorización das mulleres e da mocidade

  161. Encontro europeo das articulacións de diversidades e mulleres da CEVC na Guarda (Pontevedra)

    cevc 1 de Novembro do 2022 · 

    A Coordenadora Europea Vía Campesina reunirase do 1 ao 3 de novembro na Guarda co SLG-CCLL como organización anfitriona. 40 persoas integrantes de organizacións europeas analizarán estratexias de fortalecemento interno e da loita labrega

  162. O Tribunal Supremo rexeita o recurso de casación da CMR en contra da sentenza do TSXG que confirma a discriminación da maioría das granxas de carne nas axudas COVID-19

    TS Vacún de carne 31 de Outubro do 2022 · 

    No mes de abril o TSXG ditaminou eliminar o inciso que excluíu destas axudas á meirande parte das granxas de vacún de carne. As negativa da CMR a acatar a sentenza evidencia o seu interese en destruír o modelo galego de medianas e pequenas granxas

  163. GRANXAS DE ABADÍN AFECTADAS POLO MAL FUNCIONAMENTO DA CAMPAÑA DE SANEAMENTO ORGANÍZANSE PARA DEMANDAR MEDIDAS URXENTES Á CONSELLARÍA DO MEDIO RURAL

    saneamento 29 de Outubro do 2022 · 

    Realizarán unha segunda xuntanza o vindeiro 2 de novembro para articularse e demandar medidas para paliar os prexuízos. Chaman a atención sobre o feito de que algunhas parroquias pasaron súbitamente dun 0% de positividade a un 80%

  164. “Froiteiras de Noso” Campaña de recuperación de froiteiras autóctonas na provincia de Lugo

    FroiteirasDeNoso 25 de Outubro do 2022 · 

    Reivindicamos a recuperación de froiteiras como unha estratexia imprescindíbel para avanzar cara a soberanía alimentaria. Solicitamos a colaboración cidadá para aportar información que facilite a localización e recuperación destas variedades

  165. Lanzamento do manifesto internacional Agroecoloxía ou Barbarie

    agroecoloxíaoubarbarie 20 de Outubro do 2022 · 

    As análises e posición política emanadas do seminario internacional "Agroecoloxía ou Barbarie", celbrado no mes de xuño en Compostela foron   compiladas a través dun manifesto internacional lanzado simultáneamente polas organizacións participantes o mesmo. Animamos á adhesión de todas aquelas entidades que queiran sumar forzas contra os abusos das corporacións agroindustriais, na defensa da agroecoloxía e pola consecución do dereito á soberanía alimentaria.

  166. A Fiscalía investiga á Xunta pola vaga de lumes deste verán

    LumesNuncaMáis 13 de Outubro do 2022 · 

    A Fiscalía iniciou dilixencias en base á denuncia presentada en agosto polas entidades que integran a plataforma “Por un Monte Galego con Futuro” na que se sinalaba a Xunta como responsábel por inacción do alcance do desastre ambiental causado pola vaga de lumes.

  167. O SLG insta ao concello da Fonsagrada a recoñecer a propiedade da veciñanza sobre 29 escolas unitarias

    Afonsagrada 28 de Septembro do 2022 · 

    Case unha trintena de construcións realizadas en terreos e con materiais aportados pola veciñanza, en risco de privatización. Veciñas/os testemuñan que o prego inicial de condicións incluía o dereito á recuperación do terreo e do inmoble pola comunidade

  168. A campaña na defensa do futuro do vacún de carne do Sindicato Labrego prosigue en Betanzos

    Membros do SLG na concentración en Betanzos 20 de Septembro do 2022 · 

    Reivindicamos prezos xustos, diferenciación do produto, mesa sectorial, matadoiros comarcais, SAU e apoios económicos. A campaña continuará a desenvolverse nas comarcas galegas.

  169. Requirimos xuntanza urxente coa CMR ante a mensaxe de socorro do sector vexetal

    Imaxe Seca 15 de Septembro do 2022 · 

    Un mes despois de solicitar xuntanza co conselleiro José González Vázquez, o SLG non recibiu ningunha resposta. A alza de custos e seca dificultaron a produción de flor e plantacións de verán, comprometendo tamén os froitos do outono-inverno. 

  170. O SLG continúa en Vilalba a campaña na defensa do futuro do vacún de carne

    Concentración en Vilalba 15 de Septembro do 2022 · 

    O vindeiro martes 20 de setembro está convocada unha nova concentración do SLG no Rexistro Civil de Betanzos ás 12:30h. Reivindicamos prezos xustos, diferenciación do produto, mesa sectorial, matadoiros comarcais, SAU e apoios económicos.

  171. O V Festival Son Labreg@ celebrarase en Visantoña e xirará arredor da crise enerxética

    V Son Labreg@ 9 de Septembro do 2022 · 

    O V Festival Son Labreg@, "Colapsa agora para evitar aglomeracións", terá lugar o 17 de setembro en Visantoña (Santiso). O Concello de Santiso e a Banda-Escola de Música de Visantoña colaboran co Sindicato Labrego Galego nesta edición. 

  172. O SLG organiza en Chantada dúas actividades formativas no sector gandeiro e agrario

    Curso con Antonio Tucci 7 de Septembro do 2022 · 

    O curso de gandería rexenerativa estase a desenvolver os días 6, 7 e 8 de setembro no local do SLG en Chantada. O 14 de setembro organizarase en Castro de Carballedo unha xornada para promover a incorporación das mulleres aos dereitos económicos do sector agrario.

  173. Polo FUTURO do VACÚN DE CARNE. Polo FUTURO da NOSA COMARCA Inicio de campaña en Xinzo de Limia

    xinzo310822-- 31 de Agosto do 2022 · 

    O SLG-CCLL arranca campaña para demandar solucións institucionais ás problemáticas que afrontan as granxas de carne. Reivindicamos prezos xustos, diferenciación do produto, mesa sectorial, matadoiros comarcais, SAU e apoios económicos

  174. Falla de transparencia nas manobras da agroindustria SUREXPORT pra facerse con terras das CMVMC

    loentia2 30 de Agosto do 2022 · 

    Unha asamblea celebrada este sábado en Loentia confirmou que Directiva e empresa non queren dar información ás comuneiras. A área que presumíbelmente quere acaparar SUREXPORT é empregada arestora para pastos por nove granxas familiares

  175. Instamos ao C.G. de Benestar a actuar fronte as demoras na tramitación dos servizos de dependencia e discapacidade

    Dependencia 22 de Agosto do 2022 · 

    No Centro Base de Valoracións de Lugo os retrasos para novas valoracións e revisións das presentadas superan os 12 meses. As persoas e familias afectadas afrontan ademais prexuízos administrativos vinculados á non tramitación dos expedientes

  176. A Plataforma por un Monte Galego con futuro leva á Xunta ante a Fiscalía pola vaga de lumes

    ChandrexaLume 17 de Agosto do 2022 · 

    Denunciamos ante a Fiscalía e a Valedora do Pobo o desleixo do goberno da Xunta de Galicia ante a vaga de lumes que nas últimas semanas teñen producido graves efectos nos montes e ecosistemas de máis valor de Galicia.

  177. Solicitamos a priorización de tódalas familias “de especial consideración” na adxudicación de servizos de tempo libre

    NdP160822 16 de Agosto do 2022 · 

    Familias en situación de vulnerabilidade ou con persoas maiores, con discapacidade ou dependentes, concorren na quenda xeral. O SLG-CCLL dirixiuse ao Consello Galego de Benestar Social para apelar á modificación da Orde nas vindeiras convocatorias

  178. Solicitamos xuntanza ca CMR para instar a activar medidas para paliar a seca e a suba de custos nos sectores vexetais

    pemento_seca120822 12 de Agosto do 2022 · 

    Denunciamos a neglixencia da Xunta de Galicia ao non planificar prioridades no uso da auga para producir alimentos. Alza de custos e seca dificultan a produción de flor e plantacións de verán, comprometendo tamén os froitos do outono-inverno

  179. Alerta polo acaparamento de viñedos de DO´s e IXP´s por grandes empresas de fóra da Galiza

    congresovinho110822 11 de Agosto do 2022 · 

    O Sindicato Labrego celebrou hoxe o Congreso do Sector do Viño en Ribadavia, onde se deron cita produtoras/es de toda Galiza. A moda do enoturismo e a conivencia da Xunta cos intereses de grandes empresas do sector encareceu o prezo das terras

  180. Campaña de alegacións ao Ministerio para incorporar as granxas familiares inxustamente excluídas do RD428/2022

    RD428_2022 9 de Agosto do 2022 · 

    Rolda de prensa conxunta do SLG-CCLL e OVICA para denunciar erros e discrimacións do vacún, ovino e caprún no RD428/2022. A meirande parte das granxas afectadas son pequenas e medianas, excluílas é un xeito de empeorar o abandono do medio rural

  181. Fouce 339

    Fouce339 5 de Agosto do 2022 · 

    Xa está na rúa o número 339 do xornal sindical Fouce, correspondente aos meses de xullo e agosto. As recentes mobilizacións en demanda de prezos xustos para o agro que tiveron lugar na comarca da Limia, as últimas actualizacións ao respecto da invasión eólica, o seminario internacional "Agroecoloxía ou barbarie. Como nos maltrata a agroindustria" coordenado polo SLG-CCLL en Compostela e a participación en distintas mobilizacións sociais convocadas nestes últimos dous meses son algúns dos temas abordados.

  182. O SLG solicita que se cubran todos os custos ocasionados polo lume na Galiza

    Imaxe do cartaz Lumes Nunca Máis 28 de Xullo do 2022 · 

    O goberno galego non foi capaz ou non quixo activar todos os medios, previstos no PLADIGA, para facer fronte aos incendios máis catastróficos. En setembro deberá comezar o debate para lograr un consenso social sobre os cambios precisos no modelo de prevención, que ten que implicar mudanzas importantes para que non se repita.

  183. O SLG pide que a CMR esclareza os prazos das axudas do sector vacún de carne

    Imaxe do DOG 220722 26 de Xullo do 2022 · 

    Dende o Sindicato Labrego Galego-Comisións Labregas (SLG-CCLL) pedimos que o Conselleiro de Medio Rural, José González Vázquez, dea a cara ante o sector. Demandamos que se corrixa na propia orde publicada o pasado venres 22 de xullo no DOG os prazos para achegar documentación e, en todo caso, que os 10 días comecen a contar dende a publicación do listado

  184. 25 Xullo, Día da Patria Galega: Soberanía para facer fronte á violencia do capitalismo neoliberal

    limia 25 de Xullo do 2022 · 

    O Sindicato Labrego Galego participará nas mobilizacións convocadas en Santiago de Compostela hoxe, 25 de xullo. Só a soberanía dos pobos pode situar a Vida no centro. Por unha Administración pública ao servizo da cidadanía e non do capital.

  185. As granxas denuncian unha sensíbel merma na calidade dos crotais subministrados polas OAC da CMR

    crotais6b 12 de Xullo do 2022 · 

    A perda dun ou dos dous crotais dun animal implican tempo, gastos, penalizacións na PAC e outras medidas administrativas. O SLG-CCLL solcitará reunirse coa Consellaría do Medio Rural para que recupere a calidade destes identificadores animais.

  186. Case medio milleiro de colectivos solicitan formalmente unha moratoria eólica nas Reservas da Biosfera

    AlienteLOGO 8 de Xullo do 2022 · 

    Campaña estatal da Alianza Enerxía e Territorio dirixida ao MITECO con destacada participación dos colectivos galegos. Máis da metade dos parques industriais en RB están na Galiza (1.212 eólicos). Están tramitándose 608 aeroxeradores máis

  187. A Xunta mantén a estratexia de brazos caídos para deixar morrer as granxas galegas e favorecer a agroindustria

    SoniaVidal_SLG 5 de Xullo do 2022 · 

    Mobilización unitaria esta mañá en Ourense para esixir medidas inmediatas que garantan prezos por riba de custos de produción. A Xunta de Galicia aboca á cidadanía galega á dependencia de alimentos industriais traídos de fóra a prezos desorbitados 

  188. OTAN: Gastar o erario público en armas, asasinar, ensinárnolo pola TV, manipularnos co medo e mercar máis armas cos nosos cartos

    OTANNON290622 29 de Xuño do 2022 · 

    A OTAN é a principal multinacional da guerra. A súa función é perpetuar as dinámicas de espolio colonial a favor de occidente. Máis conflictos nos territorios empobrecidos, máis violencia nas pantallas dos territorios enriquecidos: A morte como produto

  189. Migrantes atacados polos gobernos nas fronteiras: racismo institucional ao servizo do capitalismo neoliberal

    Melilla240622 27 de Xuño do 2022 · 

    Demandamos asistencia legal e sanitaria de calidade para as persoas sobrevivintes da brutalidade policial en Melilla. Esiximos ao Goberno español acelerar a identificación das víctimas, garantía de repatriación e reparación ás familias.

  190. A Consellaría do Medio Rural continúa a ser cómprice do incumprimento da Lei da Cadea Alimentaria

    vienesasrois 27 de Xuño do 2022 · 

    Matadoiros e operadores están obrigando a asinar contratos con prezos por embaixo de custos incluíndo textos que din o contrario. Os abusos increméntanse por mor da deixadez da CMR para activar mecanismos de control e sancións para garantir os prezos

  191. Destrución agroindustrial: acapara terras, contamina augas, escraviza persoas, aniquila o medio rural vivo

    agroecoloxíaoubarbarie 22 de Xuño do 2022 · 

    Agroecoloxía ou barbarie. Como nos maltrata a agroindustria”, xornada no Centro de Interpretación de Belvís (Compostela). O GT de Migración e Traballo Rural da CEVC prepara dende Galiza unha campaña internacional contra a agroindustria

  192. O SLG coordina a elaboración dunha campaña europea contra a explotación agroindustrial

    Durante a rolda de prensa 21 de Xuño do 2022 · 

    Acción reivindicativa ás 17.45h. de hoxe, martes 21, nas instalacións de Surexport no Arneiro (Cospeito; Lugo). "Agroecoloxía ou barbarie. Como nos maltrata a agroindustria", xornada aberta, mañá no Centro de Interpretación (Belvís).

  193. “Agroecoloxía ou barbarie. Como nos maltrata a agroindustria”

    CEVC 17 de Xuño do 2022 · 

    O Sindicato Labrego Galego-Comisións Labregas acollerá dende o vindeiro martes 21 de xuño unha delegación internacional da Coordenadora Europea do movemento labrego mundial La Vía Campesina (CEVC), da que o SLG-CCLL forma parte.

  194. Un grupo de traballo internacional convocado polo SLG analizará os abusos da agroindustria no medio rural

    agroecololoxiaoubarbarie 17 de Xuño do 2022 · 

    Compostela acollerá ao Grupo de Traballo de Migración e Traballo Rural da Coordenadora Europea Vía Campesina. Agroecoloxía ou barbarie. Como nos maltrata a agroindustria”, xornada aberta, mércores 22 no Centro de Interpretación (Belvís).

  195. Máis de 200 colectivos uniranse este domingo á marcha convocada pola coordinadora "Eólica Así Non" por unha enerxía pór e para o pobo

    EólicaAsíNon 4 de Xuño do 2022 · 

    A Coordinadora Eólica Así Non acada a adhesión de 217 entidades e plataformas galegas de diferente índole (ecoloxistas, veciñais, culturais, sociais, sindicais, políticas…) que se botarán ás rúas de Compostela o vindeiro domingo, 5 de xuño, Día Internacional do Medio Ambiente, para reclamar un modelo enerxético xusto coa sociedade galega e sustentábel co medio ambiente

  196. Só a enerxía pór e para o pobo é unha enerxía xusta e sustentábel. Eólica así non. Temos alternativa

    EnerxíaPorEParaOPobo 4 de Xuño do 2022 · 

    Manifestación o domingo 5 de xuño, ás 12.00h. en Santiago de Compostela, convocada pola coordenadora “Eólica así non”. Marco legal de 1997, falsas moratorias, bloqueo do COGAMADS e sentenzas condenatorias evidencian a conivencia da Xunta co oligopolio enerxético.

  197. O SLG demanda que a CMR garanta prezos por riba dos 6,20€/kg de custos de produción que ela mesma calcula

    vienesas 2 de Xuño do 2022 · 

    A CMR confirma que as granxas seguen vendendo a perdas: 6,20€/kg custos de produción fronte aos 5,20€/Kg prezo de venda. O SLG desenvolve campaña de asembleas para informar dos termos do Protocolo, do seu incumprimento e valorar accións.

  198. A Conselleira impide por segunda vez un pronunciamento do COGAMADS sobre a invasión de polígonos eólicos

    GZlibredemacroeólicos2 31 de Maio do 2022 · 

    Nos días previos á segunda manifestación nacional contra os macroeólicos, a conselleira bloquea este órgano medioambiental. Solicitamos novamente a inclusión das demandas realizadas na anterior xuntanza e eliminación dos artigos 6 e 7 do RD 6/2022

  199. As granxas denuncian que Leite CELTA bloquea a posibilidade de concretar subas no prezo do leite ecolóxico

    leiteco 20 de Maio do 2022 · 

    A segunda empresa que máis leite ecolóxico recolle na Galiza manten estancados á baixa os prezos de compra ás granxas. O sector, maioritario na produción ecolóxica en todo o Estado, baralla accións contra Leite CELTA e a grande distribución

  200. Demandamos compromiso institucional para declarar a Apicultura Patrimonio Inmaterial da Humanidade

    apiculturapatrimonio 19 de Maio do 2022 · 

    Rexistramos solicitude na Consellaría de Cultura, no marco dunha campaña estatal na que tamén nos diriximos ao Ministerio. Mañá, 20 de maio, é o Día Mundial da Apicultura, co que a ONU destaca o seu rol fundamental no mantemento da biodiversidade

  201. Sen índices oficiais de custos e prezos, o RD 374/2022 non servirá para impedir a venda a perdas no sector lácteo

    frisonas 18 de Maio do 2022 · 

    O BOE recolle o Real Decreto 374/2022, de 17 de maio, que modifica as condicións de contratación no sector lácteo. Nin a Consellaría do Medio Rural nin o Ministerio de Agricultura proporcionan a información imprescindíbel para calcular o prezo

  202. O TSXG confirma a discriminación da maioría de granxas de carne nas axudas COVID-19 da Xunta de Galicia

    NdPSEntenzaNutrices 28 de Abril do 2022 · 

    A CMR excluíu a máis da metade das granxas de vacún de carne galegas. A maioría delas teñen como titular a unha muller. A Xunta derivou fondos públicos cara grandes explotacións tachando o modelo maioritario tradicional na Galiza de “inviable”.

  203. O leite en ecolóxico reivindica revalorización do produto, prezos xustos e implicación institucional

    Teixeiro_leiteEco 22 de Abril do 2022 · 

    Alertan do estancamento de prezos baixos de industrias como Celta e demandan un prezo de partida de 55 cts/l máis calidades. Solicitan garantir a compra para centros públicos, promoción específica, medidas para cubrir custos e frear a caída prezos.

  204. Alegamos ao Decreto do Observatorio do Sector Lácteo presentado pola Consellaría do Medio Rural

    ObsSEctLact 12 de Abril do 2022 · 

    A CMR pretende reducir as reunións a unha por ano e non garante que os prezos sexan tidos en conta para analizar o sector. Solicitamos igualar o número de vogalías das organizacións agrarias ao das industrias, axente que presiona a cadea láctea.

  205. Campaña cidadá de alegacións á Folla de Ruta para a Xestión de Materias Primas aberta polo Ministerio

    Leito fluvial contaminado pola actividade mineira irresponsable no municipio de Touro (A Coruña) 11 de Abril do 2022 · 

    Animamos á participación nesta campaña para visibilizar a oposición social ao extrativismo salvaxe no noso medio rural. Petón do Lobo fornece modelos online para alegar ao Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico (MITECO)

  206. Alegamos ao borrador do RD de Normas Básicas de Ordenación das Granxas Bovinas

    RDBOVINO 8 de Abril do 2022 · 

    Solicitamos limitar a carga burocrática e ter en conta os aportes sociais e medioambientais das pequenas e medianas granxas. Expresamos a nosa preocupación polo plantexamento adaptado ao modelo agroindustrial subxacente no borrador do RD.

  207. Frouma publica a guía 'Manexo de masas vexetais para a apicultura', sobre a importancia das abellas na Galiza

    abella e flor 5 de Abril do 2022 · 

    A Asociación Frouma, coa colaboración do Sindicato Labrego Galego, publicou a guía 'Manexo de masas vexetais para a apicultura', baixo a coordinación do noso compañeiro Diego Sánchez. O estudo pon en valor a importancia das abellas como animais imprescindíbeis para a biodiversidade e para a produción de alimentos. Nel analízase a relación das abellas coas plantas, a tipoloxía de meles existentes, os efectos nocivos dos pesticidas e repárase no presente e futuro da apicultura na Galiza, afondando na caracterización das masas e propostas de manexo. O proxecto foi editado a finais de 2021 e conta co financiamento da Deputación da Coruña. Podes descargar a obra premendo na icona que atoparás ao final desta páxina.

  208. O Protocolo IXP TG: Outro documento sen medidas concretas que garantan resultados, e feito de costas ao sector

    Rolda de Prensa 30 de Marzo do 2022 · 

    O SLG-CCLL debullou hoxe en rolda de prensa a falta dun compromiso real que se desprende do Protocolo presentado. "O que precisamos son números, non letras”, resumiu a gandeira do SLG-CCLL Mari Carme López Varel.

  209. O SLG NON asina o protocolo IXP TG da CMR e denuncia que é unha posta en escena para desmobilizar ao sector

    vacas 28 de Marzo do 2022 · 

    É intolerable que o texto non aborde ningunha das cuestións clave: nin prezo, nin custos, nin compromisos da Industia. Denunciamos a posta en escena protagonizada pola CMR e UUAA para simular un peche en falso que desmobilice ao sector.

  210. Centos de tractores esixen nas rúas de Xinzo medidas urxentes para salvar o sector agrogandeiro da comarca

    xinzotractorada250322 25 de Marzo do 2022 · 

    Unidade de acción para urxir a un cambio de modelo que poña fin á destrución das granxas e garanta a calidade dos alimentos. A Secretaria Xeral do SLG-CCLL animou a sumar forzas para acadar a Soberanía Alimentaria e a Soberanía Enerxética.

  211. Campaña para esixir a convocatoria inmediata do GABINETE DE CRISE da Xunta de Galicia

    gabinete de crise xa! 24 de Marzo do 2022 · 
    Hoxe procedeuse ao rexistro de solicitudes oficiais en Compostela, Ordes, A Estrada, Betanzos, Lugo, Chantada e Xinzo. Activamos en redes sociais a campaña #GabineteDeCriseXA! protagonizada pola afiliación do Sindicato Labrego Galego.
  212. Produtoras/es da Limia propoñen en Xinzo 20 medidas urxentes para salvar o sector agrogandeiro da comarca

    mani xinzo 22 de Marzo do 2022 · 

     Unidade de acción das organizacións agrarias e presentación de táboa reivindicativa conxunta ás administracións galega e estatal. Urxen a un cambio de modelo que poña fin á destrución das pequenas e medianas granxas e garanta alimentos de calidade.

  213. Solicitamos un informe das afeccións da mina San Acisclo (Muras) sobre a Rede Natura e a RB Terras do Miño

    Muras2 21 de Marzo do 2022 · 

    A ampliación, proxectada en plena Rede Natura dentro dunha RB, non conta con avaliación ambiental, nin estudo hidrolóxico. En canto coñecimos a tramitación da nova ampliación mineira, rexistramos alegacións alertando das múltiples irregularidades

  214. Demandamos convocatoria urxente de Gabinete de Crise da Xunta co sector primario e o sector do transporte

    GabineteDeCrise 21 de Marzo do 2022 · 

    A folga de transporte está a afectar máis intensamente á Galiza, a Xunta debe pór tamén medidas, non pasar a pelota ao Estado. Estamos en contacto con outras organización do sector para conseguir a convocatoria inmediata do gabinete de crise.

  215. Demandamos paralización inmediata do macroparque Caíño-Brancellao e activación urxente da moratoria eólica

    Caíño-Brancellao 17 de Marzo do 2022 · 

    Aumenta a oposición aos máis de medio cento de aeroxeradores do Caíño-Brancellao, da multinacional italiana Enel Green Power. Afecta Boimorto, Curtis, Vilasantar, Frades, Mesía, Ordes, Carral, Aranga, Curtis, Oza-Cesuras, Sobrado, Abegondo e Guitiriz.

  216. Lactalis volta secuestrar as granxas galegas e utilízaas como escudo para deixar o leite sen recoller

    lactalis secuestro granxas 17 de Marzo do 2022 · 

    Malia que o sector do transporte garantíu o subministro de alimentos, algunhas industrias ameazan con non recoller o leite. Valoramos iniciar medidas legais contra aquelas industrias que non se responsabilicen do leite que se neguen a recoller

  217. Esiximos ao Goberno central e galego atender as reivindicacións do transporte e garantir servizos mínimos

    SA xa 16 de Marzo do 2022 · 

    A chegada de penso para alimentación animal e a apertura dos matadoiros, urxente para evitar o colapso das granxas galegas. Opoñémonos a respostas curtopracistas que afondan inda máis no modelo capitalista que nos levou á grave situación actual.

  218. Convocatorias 8M

    Convocatorias 8M 7 de Marzo do 2022 · 

    O Sindicato Labrego Galego-Comisións Labregas estará presente nas mobilizacións e distintas accións convocadas mañá 8 de marzo con motivo do Día Internacional da Muller.

     

    Nin escravas, nin heroínas...mulleres con dereitos xa!

  219. 8M: Xuntas, fortes, en pé de loita na defensa da Vida

    8M2022 7 de Marzo do 2022 · 

    Chamamos á unidade dos feminismos, a pór en valor a nosa diversidade e a refortalecernos loitando nos espazos comúns. Esiximos o fin da normalización do empobrecemento social masivo como resposta política a medida do capitalismo neoliberal

  220. Esiximos ás industrias suba, cobertura de custos e claridade na configuración do prezo do leite nos contratos

    Contratos intelixibeis 4 de Marzo do 2022 · 

    Dende o SLG animamos ás granxas de leite a que revisen ben os contratos e que vexan as opcións que hai neste momento. Contratos referenciados a uns índices de Estados da UE difíciles de seguir e a aplicación de fórmulas complexas agravan a incertidume no sector

  221. Unidade das organizacións agrarias para esixir que non se asinen contratos que non cubran custos de produción

    AnaRodríguez_Rolda030322 3 de Marzo do 2022 · 

    Rolda de prensa conxunta das organizacións agrarias galegas para presentar análises e propostas que poñan fin dunha vez por todas á venda a perdas das granxas produtoras de leite.

  222. Alegamos contra o cúmulo de ilegalidades da ampliación da mina San Acisclo (Muras, Lugo)

    mina San Acisclo 2 de Marzo do 2022 · 

    O Sindicato Labrego Galego Galego, a asociación Petón do Lobo, Fundación Montescola, e Ecoloxistas en Acción Lugo, canda outros colectivos da Rede Galega Contra a Minería destructiva da Galiza, Contraminacción e entidades e asociacións ambientalistas da Terra Chá, como Espazo Agroecolóxico, A Estruga e Terra Chá Sostible, veñen de presentar alegacións contra a aprobación do proxecto de explotación e o plan de restauración da explotación de recursos mineiros da sección C) de ampliación a San Acisclo número 4076, situada no termo municipal de Muras (Lugo), da promotora Materiales Cerámicos Materias Primas SL.

  223. Demandamos que o Consello Científico estatal informe sobre os impactos da macrocentral hidroeléctica Xistral

    xistral balsa 23 de Febreiro do 2022 · 

    Demandamos  ao Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico e á Deputación de Lugo que soliciten ao Consello Científico -órgano asesor da UNESCO e dependente do Organismo Autónomo Parques Nacionales (OAPN), entidade responsábel de asegurar o correcto funcionamento da rede de biorreservas do Estado español-, un informe detallado ao respecto dos impactos que implicaría a macrocentral hidroeléctrica que o grupo aragonés Alatalaya Generación quere construír na Rerserva da Biosfera Terras do Miño.

  224. Esiximos ao Ministerio e á Consellaría medidas que rematen ca venda a perdas no leite

    leitexuntanza 18 de Febreiro do 2022 · 

    A gandeira e Vicerresponsábel do Sector Leiteiro no Sindicato Labrego Galego-Comisións Labregas (SLG-CCLL), Ana Rodríguez, e o coordenador do sector, Xulio Fernández, participaron na mañá de hoxe canda outras organizacións agrarias nunha xuntanza co conselleiro de medio rural, José González Vázquez, para abordar a activación urxente de medidas que poñan fin á venda a perdas no sector lácteo.

  225. Denunciamos á conselleira Vázquez ante a Valedora do Pobo e solicitamos convocatoria urxente do COGAMADS

    Fóra eólicos do rural 17 de Febreiro do 2022 · 

    O Sindicato Labrego Galego – Comisións Labregas dirixiuse no día de hoxe á Valedora do Pobo, María Dolores Fernández Galiño, para formular unha reclamación contra a Presidenta do Consello Galego de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostíbel (COGAMADS), a conselleira de medio ambiente Ángeles Vázquez, polas flagrantes irregularidades protagonizadas durante a última sesión do mesmo. Asemade, o vogal do SLG-CCLL no COGAMADS, Diego Sánchez Agra, solicituou tamén hoxe formalmente unha nova xuntanza do Consello Galego de Medio Ambiente, a fin de subsanar as lamentábeis deficiencias que se puxeron de manifesto durante a última sesión.

  226. Apoio ás mobilizacións convocadas por MODEPEN para o sábado 12F

    mobilizacións MODEPEN 9 de Febreiro do 2022 · 

    As persoas xubiladas de todo o Estado español van volver saír á rúa o próximo sábado día 12 de febreiro. Na Galiza, o Movemento Galego en Defensa das Pensións e os Servizos Públicos (MODEPEN) ten convocado dúas manifestacións: unha no sur, en Cangas do Morrazo, e outra no norte, en Ribadeo.

  227. O SLG presenta diante do Ministerio a súa proposta de alegacións para o Plan Estratéxico da PAC 2023-2027

    Outra pac é posíbel 9 de Febreiro do 2022 · 

    O Sindicato Labrego Galego - Comisións Labregas segue insistindo en que esta é outra oportunidade perdida para mudar a PAC: Todo segue igual e Galiza sae perdendo novamente nos seus sectores principais.

  228. Se mata ao medio rural, non é enerxía limpa nin transición xusta

    Hidro 7 de Febreiro do 2022 · 

    Dende o Sindicato Labrego Galego-Comisións Labregas (SLG-CCLL) e a Asociación Petón do Lobo damos a voz de alarma e manifestamos a nosa absoluta oposición ao proxecto da central hidroeléctrica Xistral (936 MWE), que o grupo de explotación enerxética aragonés Alatalaya Generación -con negocio tamén no sector eólico e fotovoltaico- ameaza con instalar nos concellos de O Valadouro, Ourol, Alfoz, Cervo e Xove (Lugo).

  229. Defendemos no CES a xestión pública da auga e garantir o seu acceso por parte da poboación

    auga para todas 2 de Febreiro do 2022 · 

    Nestas semanas está a ter lugar no seo do Consello Económico e Social de Galiza (CES) o proceso de debate e emendas do denominado “Anteproxecto de Lei de Mellora da Xestión do Ciclo Integral da Auga”, o cal modifica a Lei 9/2010 de Augas de Galicia. Este ditame do CES será remitido á Xunta de Galicia, para a súa posterior tramitación como Lei no Parlamento Galego, puidendo ter incorporado as achegas formuladas polo CES, ou non.

  230. A Consellaría das macrogranxas porfía en sepultar as explotacións familiares de vacún de carne

    AsambleaVacúnCarne20Dec21 1 de Febreiro do 2022 · 

    Denunciamos que logo de case dous meses, a Consellaría do Medio Rural sigue impedindo, ca súa deixadez e inoperatividade estratéxica, a adopción de medidas para afrontar a grave crise pola que pasan as produtoras e produtores de vacún de carne, na súa inmensa maioría granxas familiares.

  231. O SLG suma forzas na elaboración dunha estratexia de dinamización do sector cárnico galego

    slg_juana de vega 28 de Xaneiro do 2022 · 

    Participamos no proceso de elaboración da estratexia de dinamización do sector cárnico en Galicia, coordinada pola Fundación Juana de Vega, en colaboración da Consellería de Medio Rural da Xunta de Galicia.

  232. A Conselleira de Medio Ambiente abandona precipitadamente a xuntanza do COGAMADS bloqueando a votación da moratoria eólica

    Fóra eólicos do rural 27 de Xaneiro do 2022 · 

    SLG-CCL, ADEGA, FEG e SGHN censuraron o comportamento da Conselleira e solicitaron a convocatoria urxente dun pleno extraordinario do Consello Galego de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostíbel.

  233. Partillando saberes labregos nas X Xornadas de Granxas Abertas na Comarca da Ulloa

    cernada 25 de Xaneiro do 2022 · 

    O Sindicato Labrego Galego-Comisións Labregas (SLG-CCLL) desenvolveu a décima edición das Xornadas de Granxas Abertas, desta volta na comarca da Ulloa.

  234. As macrogranxas son absolutamente incompatibles con un medio rural vivo

    macrogranxas 7 de Xaneiro do 2022 · 

    Dende o Sindicato Labrego Galego-Comisións Labregas (SLG-CCLL) queremos expresar a nosa preocupación pola frivolidade ca que certos sectores están a instrumentalizar as declaracións críticas cas macroexplotacións intensivas realizadas recentemente polo Ministro de Consumo, Alberto Garzón, a un medio británico.

  235. O SLG presenta mocións en tódolos concellos do Deza-Tabeirós para solicitar a súa implicación no apoio ao sector leiteiro

    deza_moción_leite 21 de Decembro do 2021 · 

    O Sindicato Labrego Galego presentou mocións en todos os concellos da comarca do Deza-Tabeirós para demandar a súa implicación activando medidas de apoio ao sector leiteiro galego, e sumando forzas canda o sector produtor no traslado das súas reivindicacións á Consellaría do Medio Rural.

  236. O sector vacún de carne esixe á Xunta medidas concretas e inmediatas que freen o peche de granxas por mor do aumento de custos e os baixos prezos

    vacúncarne201221 20 de Decembro do 2021 · 

    Arredor dun cento de gandeiras e gandeiros do sector vacún de carne acudiron na mañá de hoxe a Lugo para participar na asemblea convocada polo Sindicato Labrego Galego – Comisións Labregas co obxectivo de analizar a situación do sector e tomar decisións para demandar un apoio real por parte da Consellaría do Medio Rural.

  237. Denunciamos o despropósito de lexislar sobre o gando do medio rural como se foran animais das cidades

    vaca_201221 20 de Decembro do 2021 · 

    O Sindicato Labrego Galego – Comisións Labregas amosa a súa preocupación e desconformidade ca ordenanza aprobada polo concello ourensán Castrelo do Val que establece restricións ao paso, estancia e tránsito do gando polo casco urbano.

  238. Dúas das tres Reservas da Biosfera luguesas solicitarán unha moratoria para paralizar os parques eólicos, a solicitude do SLG

    MP 19 de Decembro do 2021 · 

    A Reserva da Biosfera Terras do Miño, e a Reserva da Biosfera Os Ancares Lucenses e Montes de Cervantes, Navia e Becerreá comprometéronse, a instancia do Sindicato Labrego Galego, a solicitar á Xunta de Galicia unha moratoria que paralice de xeito inmediato os parques eólicos actualmente en tramitación.

  239. O peche de Tegestacín: crónica dunha morte anunciada ante a inacción da Consellaría do Medio Rural

    tegestacín web 18 de Decembro do 2021 · 

    O feito de que siga a haber primeiros compradores que teñen deixado impagos é responsabilidade directa da Xunta de Galicia. Algunhas destas industrias lácteas contan mesmo con condenas previas por esa mesma infracción, como é precisamente o caso da actual propietaria de Tegestacín, a familia Sangiao, condenada por impagos ás gandeiras e gandeiros que subminstraban o leite a Lácteos Tambre.

     


  240. A Rede Galega STOP Eólicos (RGSE) sauda o informe sobre Enerxía Eólica e Paisaxes Culturais do Consello da Cultura Galega

    ConselloCulturaGAl 17 de Decembro do 2021 · 

    A principios do mes de marzo por iniciativa da Asociación Ambiental Petón do Lobo e colectivos da Rede Galega Stop Eólicos iniciouse esta petición de ditame dirixida ao Consello da Cultura Galega

  241. Mobilizacións do sector vacún de carne. Asamblea sectorial e concentración diante da Xunta o luns 20 en LUGO

    LUGO20Db 17 de Decembro do 2021 · 

    O Sindicato Labrego Galego – Comisións Labregas convoca ao vacún de carne galego a unha asemblea sectorial o vindeiro luns 20 de decembro ás 11.30H no Salón de Actos do Edificio Sindical (LUGO) para analizar a situación do sector. Seguidamente terá lugar unha mobilización ás 13.30H diante do edificio da Xunta de Galicia (Lugo).

  242. Apoio ás traballadoras do Servizo de Atención aos Fogares

    saf 17 de Decembro do 2021 · 

    O Sindicato Labrego Galego – Comisións Labregas estará este domingo 19 de decembro apoiando a manifestación convocada polas traballadoras do Servizo de Atención aos Fogares (SAF) ás 12h. con saída dende a Alameda de Santiago de Compostela.

     

  243. O SLG-CCLL reafírmase no seu X Congreso como unha ferramenta esencial de loita polos dereitos labregos e sociais

    IsabelVilalbaXCongreso 12 de Decembro do 2021 · 

    O Sindicato Labrego Galego-Comisións Labregas (SLG-CCLL) celebrou hoxe o seu X Congreso en Vilalba (Lugo) baixo o lema "Máis labregas, mellores alimentos. A vida das persoas e do planeta no centro". A gandeira de Lourenzá (Lugo), Isabel Vilalba Seivane, Secretaria Xeral dende o ano 2012, foi reelixida no seu cargo para o novo período.

  244. X Congreso do SLG: Máis labregas, mellores alimentos. A vida das persoas e do planeta no centro!

    X Congreso 10 de Decembro do 2021 · 

    O vindeiro domingo 12 de decembro o Sindicato Labrego Galego-Comisións Labregas (SLG-CCLL) celebrará o seu X Congreso en Vilalba (Lugo) baixo o lema "Máis labregas, mellores alimentos. A vida das persoas e do planeta no centro".

  245. Alegamos contra a discriminación das granxas galegas con terra no borrador do RD para a nutrición sostíbel nos solos agrarios

    bosta 10 de Decembro do 2021 · 

    O Sindicato Labrego Galego-Comisións Labregas presentou hoxe quince novas alegacións ao Real Decreto polo se establecerán as normas para a nutrición sostíbel nos solos agrarios.

  246. As modificacións aprobadas na Lei da Cadea Alimentaria son insuficientes ao carecer de índices de custos de obrigatorio cumprimento

    PREZOSXUSTOSSLG 3 de Decembro do 2021 · 

    O Sindicato Labrego Galego-Comisións Labregas (SLG-CCLL) alerta do risco de que as modificacións da Lei da Cadea Alimentaria aprobadas na última hora da tarde de onte no Congreso español non abonden para garantir a cobertura dos custes de produción.

  247. O SLG avanza en Chantada a campaña de solicitude de apoio aos concellos á moción de medidas urxentes para o sector leiteiro

    MocionchantadaLeite 1 de Decembro do 2021 · 

    O Sindicato Labrego Galego continua coa campaña de presentación de mocións en todos os Concellos galegos nos que a produción láctea é representativa e moi importante desde un punto de vista económico.Hoxe presentamos en rexistro a moción para que poida ser debatida no Pleno do Concello de Chantada que se vai celebrar mañá.

  248. O SLG inicia unha campaña de presentación de mocións para activar o apoio dos concellos ao sector leiteiro galego

    campaña mocións- 30 de Novembro do 2021 · 

    O Sindicato Labrego Galego inicia no Concello de Arzúa unha campaña de presentación de mocións en todos os concellos galegos nos que a produción láctea é representativa e moi importante desde un punto de vista económico.

  249. Xornada de traballo para facer propostas á liña de agroambientais para a venda directa

    XORNADA DE TRABALLO ONLINE 30 de Novembro do 2021 · 

    Para o Sindicato Labrego Galego, conseguir unha axuda a tanto alzado, e non por hectárea, para os pequenos proxectos agrícolas sempre foi unha loita histórica. Conseguimos que se consideren estas axudas a tanto alzado, pero non é o que o SLG propoñía nun inicio, co que queremos enviar alegacións e queremos ter en conta a túa opinión.

     

  250. Xornada de traballo para facer propostas á liña de agroambientais para a venda directa

    Non hai imaxe 30 de Novembro do 2021 · 

    Para o Sindicato Labrego Galego, conseguir unha axuda a tanto alzado, e non por hectárea, para os pequenos proxectos agrícolas sempre foi unha loita histórica. Conseguimos que se consideren estas axudas a tanto alzado, pero non é o que o SLG propoñía nun inicio, co que queremos enviar alegacións e queremos ter en conta a túa opinión.

     

  251. Esiximos ao Ministerio mecanismos oficiais para establecemento de custos e obrigatoriedade de prezos xustos

    LEITE_lUGO2 27 de Novembro do 2021 · 

    A Secretaria Xeral do Sindicato Labrego Galego, Isabel Vilalba, participou onte en Madrid nunha xuntanza co Secretario Xeral de Agricultura e Alimentación, Fernando Miranda Sotillos, na que esixiu canda representantes doutras organizacións agrarias do Estado medidas inmediatas de apoio ao sector leiteiro.

  252. O SLG reúnese co Ministerio de Agricultura en Madrid para esixir medidas urxentes para o sector leiteiro

    IsabelVilalba_nov21 24 de Novembro do 2021 · 

    A Secretaria Xeral do Sindicato Labrego Galego, Isabel Vilalba, desplazarase a Madrid o venres 26, para manter unha xuntanza co Secretario Xeral de Agricultura e Alimentación, Fernando Miranda Sotillos, na que esixirá medidas inmediatas de apoio ao sector leiteiro que freen de xeito urxente a desaparición de milleiros de granxas na Galiza.

  253. 25N: Unindo forzas para visibilizar e esixir medidas para rematar ca lacra da violencia machista

    25N21- 24 de Novembro do 2021 · 

    Dende a Secretaría das Mulleres do Sindicato Labrego Galego-Comisións Labregas (SLG-CCLL) e o movemento labrego internacional La Vía Campesina (LVC), neste día 25 de Novembro, Xornada Mundial pola eliminación da violencia contra as mulleres, animamos a seguir unindo forzas e loitando por sociedades conscientes e ceibes, sen explotación das mulleres e da natureza. Do mesmo xeito, denunciamos o sistema capitalista, heteropatriarcal, racista e colonizador que explota, oprime e atenta contra a vida das mulleres e da humanidade.

  254. Alianza entre consumidoras e produtoras para salvar ao sector leiteiro: boicot ás empresas que desprezan o leite galego

    lactalis19nov21 19 de Novembro do 2021 · 

    Fronte á situación de absoluto abandono administrativo das nosas granxas, iniciamos hoxe unha CAMPAÑA DE DENUNCIA E BOICOT DAS MARCAS COMERCIAIS DAS INDUSTRIAS QUE SE NEGAN A PAGAR O LITRO DE LEITE A PREZOS QUE CUBRAN OS CUSTOS DE PRODUCIÓN. Estas mobilizacións e a busca do apoio das persoas consumidoras continuarán nas seguintes semanas noutras cidades e vilas galegas.

  255. Chamamos ao boicot dos productos lácteos de LACTALIS-PULEVA

    non merques lactalis 17 de Novembro do 2021 · 

    O Sindicato Labrego Galego convoca a todo o sector leiteiro galego a continuar cas mobilizacións. Iniciamos unha CAMPAÑA DE DENUNCIA E BOICOT DAS MARCAS COMERCIAIS DAS INDUSTRIAS QUE MÁIS ESTÁN A PREXUDICAR ÁS GRANXAS GALEGAS: aquelas que se negan a pagar o litro de leite a prezos que cubran os custos de produción.

     


  256. O SLG apoia a Folga Xeral comarcal na Mariña

    folga xeral mariña 17 de Novembro do 2021 · 

    O Sindicato Labrego Galego comparte as análises e a diagnose que levaron ás organizacións sindicais de clase CIG, CCOO e UGT a convocar a Folga Xeral comarcal do próximo 17 de novembro, en contra do abandono e a desatención por parte dos poderes públicos das reiteradas demandas da cidadanía mariñá na situación de crise industrial, económica e social que atravesa a comarca.

  257. Veciñanza afectada e SLG denunciamos irregularidades na exposición pública dos parques eólicos Mistral e Nordés

    Dificultades alegacións 16 de Novembro do 2021 · 

    O pasado 7 de outubro o Boletín Oficial da Provincia de Lugo recollía o anuncio de dous novos megaparques eólicos máis: Parque Eólico Mistral de 100,8 MW e infraestrutura de evacuación na provincia de Lugo (solicitado por GREENALIA WIND POWER MISTRAL S.L.U), e o Parque Eólico Nordés de 67,2 MW e infraestrutura de evacuación nas provincias de A Coruña e Lugo (solicitado por GREENALIA WIND POWER NORDÉS S.L.U. ).

     

     

  258. Unindo forzas a nivel global contra o espolio do medio rural

    CNI_16-17 15 de Novembro do 2021 · 

    A voceira do Congreso Nacional Indíxena (CNI) mexicano Mª de Jesus Patricio, Marichuy, e a integrante da Asamblea de los Pueblos Indígenas del Istmo en Defensa de la Tierra y el Territorio Nisaguie Abril Flores, estarán en Touro, Compostela e Vigo o martes 16 e o mércores 17 de Novembro

     


  259. Esiximos un verdadeiro plan de restauración da mina de Touro (Atalaya Mining)

    PDRA_131121 13 de Novembro do 2021 · 

    O actual proxecto de drenaxe integral debe estar incorporado a un verdadeiro plano de restauración e ter como obxectivo único asumir os pasivos mineiros e resolver o problema de contaminación existente actualmente derivado da anterior explotación e  desligarse de calquera futuro proxecto que se poida presentar para a explotación mineira porque a restauración é previa a calquera novo proxecto de explotación, conforme á directiva europea

  260. MANIFESTACIÓN 13N Compostela: polo fin dos recortes nas pensións públicas e contra os Plans de Pensión Privados de Empresa

    MODEPEN 13N 10 de Novembro do 2021 · 

    O Sindicato Labrego Galego, integrante do Movemento Galego pola Defensa das Pensións e os Servizos Públicos (MODEPEN) participará na manifestación convocada para este sábado 13 de novembro ás 12h en Santiago de Compostela, mobilización que será levada adiante simultaneamente en numerosas capitais de todo o Estado.

  261. O SLG desenvolve unha folla de ruta en defensa das granxas galegas, cunha aposta central pola unidade de acción

    tratorada_virtual 10 de Novembro do 2021 · 

    O Sindicato Labrego Galego manterá unha dinámica de unidade ante as protestas do prezo do leite, malia o desmarque de Unións Agrarias que non atende a proposta que o SLG lle realizou a semana pasada. Asemade, iniciará unha campaña informativa para buscar a complicidade das persoas consumidoras ante os abusos de Lactalis e outras empresas con prácticas abusivas -como manter os prezos por debaixo de custos de produción-. O SLG anima a produtoras e produtores e ao conxunto da sociedade a participar nas mobilizacións e actos reivindicativos en defensa do sector.

  262. A solicitude do SLG, o Ministerio para a Transición Ecolóxica ordena estudar o impacto das estruturas de explotación enerxética nas Reservas da Biosfera

    EstudoBiosfera 9 de Novembro do 2021 · 

    O Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico realizará, por unha banda, un informe conxunto sobre as incidencias dos parques eólicos nas Reservas de Biosfera, e, por outra, un estudo sobre a viabilidade de instalacións eólicas, fotovoltaicas e termo solares -incluído o seu repotenciamento- e infraestruturas asociadas en territorios declarados Reserva da Biosfera no Estado español.

  263. O Sindicato Labrego lanza a todo o sector lácteo unha proposta clara de unidade de acción arredor de seis puntos mínimos

    concentra_leite_lugo 5 de Novembro do 2021 · 

    O pasado xoves, 28 de outubro, a asemblea do sector lácteo do SLG convocada en Lugo acordou, entre outras cousas, construír alianzas e unidade de acción asentadas en base a uns mínimos que eviten a ilusión de que unha mobilización puntual pode resolver este problema.

  264. Endesa encarga investigacións para identificar e neutralizar colectivos sociais que dinamizan a resistencia contra a invasión eólica

    faixa eólicos non 5 de Novembro do 2021 · 

    Importando as mesmas estratexias de identificación de resistencias locais empregadas dende fai décadas para a explotación de recursos naturais nos países en vías de desenvolvemento, están a ser varias as multinacionais enerxéticas que, a través de consultoras medioambientais ao seu servizo, están a contactar aos colectivos que informamos, denunciamos e nos opoñemos á invasión eólica do medio rural galego.

  265. O SLG traballa pola unidade de acción do sector lácteo como única vía para rachar coa actual folla de prezos

    IsabelVilalba_Lugo 29 de Outubro do 2021 · 

    Na asemblea convocada onte en Lugo polo Sindicato Labrego Galego, gandeiras e gandeiros analisaron a situación crítica para o sector do leite, cun futuro no que se preven aínda máis e maiores subas nos custos de produción e o imobilismo de boa parte da industria, que se nega a reflectir esas subas no prezo pagado ás granxas.

  266. Alegamos contra a creación dunha nova balsa de residuos da mina de Touro-O Pino

    Balsa residuos-drenaxe 29 de Outubro do 2021 · 

    O Sindicato Labrego Galego vén de presentar alegacións contra o“Proxecto de drenaxe integral da concesión de explotación San Rafael n.º 2.946”, na parroquia de Touro (San Xoán), nos termos municipais de Touro e O Pino (A Coruña).

  267. A Rede Galega Stop Eólicos chama a intensificar a loita frente a estratexia de desmobilización da Xunta

    rede galega stop eolicos 26 de Outubro do 2021 · 

    Comunicado da RGSE - A semana pasada tivemos coñecemento das modificacións legais que a Xunta de Galicia di que vai introducir no sector eólico. Dende a Rede Galega Stop Eólicos (RGSE) queremos alertar de que estas modificacións non van servir para afrontar os problemas que supoñen os proxectos eólicos que están en tramitación ante a Xunta na Galiza e ante o Ministerio en Madrid.

  268. A Terra Chá érguese contra unha nova ameaza eólica: Parque Eólico Mistral

    Mistral Non 25 de Outubro do 2021 · 

    Solicitamos oficialmente que sexa posto a disposición da cidadanía nas oficinal municipais información do proxecto eólico Mistral que ameaza aos concellos de Xermade e Guitiriz na Terra Chá.

  269. 28 Out:Convocamos ao sector leiteiro galego fronte á discriminación da PAC2023

    Lugo28-out 25 de Outubro do 2021 · 

    Este xoves 28 de outubro o Sindicato Labrego Galego convoca ao sector lácteo galego en Lugo para poñer en común os problemas tan graves que estamos vivindo, e decidir entre todas as persoas que accións podemos levar adiante. Esta encontro, baixo o lema-denuncia “Nin PREZOS nin PAC”, terá lugar de 11h a 14h. no Salón de Actos da Casa Sindical de Lugo.

  270. Comunicado a raíz da retirada a unha muller da custodia do seu fillo por vivir no que a xuíza considera a Galiza “profunda”

    Custodia 25 de Outubro do 2021 · 

    Canda a Asociación Galega contra o Maltrato a Menores AGAMME e outras organizacións sociais do país emitimos un comunicado conxunto para solicitar a acción institucional fronte a unha sentenza de custodia que discrimina  a unha nai que vive no rural galego.

  271. A Rede Galega Stop Eólicos declara a situación de emerxencia social ante a INVASIÓN EÓLICA do medio rural

    MapaInvasiónEólica 20 de Outubro do 2021 · 

    Dúas representantes da Rede Galega Stop Eólicos (RGSE), Margarida Prieto Ledo (SLG) e Bruno Centelles (SOS Groba e Instituto de Estudos Miñoráns ), denunciaron en rolda de prensa en Santiago de Compostela a situación de emerxencia social na que se atopa o noso país diante da invasión eólica da que está a ser obxecto o medio rural galego.

  272. O SLG rexeita o acordo dun Plan Estratéxico Estatal da PAC catastrófico para Galiza e esixe máis negociación

    esta_PAC_non_se_entende 20 de Outubro do 2021 · 

    Diante do previsíbel peche das negociacións sobre a aplicación da próxima Política Agrícola Común no estado español, o Sindicato Labrego Galego quere facer constar que os indicios, na forma dos documentos publicados até o de agora, sinalan con claridade para un Plano Estratéxico mui discriminatorio cara a Galiza.

  273. Acadamos o compromiso do CGBS de informar sobre o novo modelo de residencias, SAAD e fondos Next Generation

    cgbs 19 de Outubro do 2021 · 

    Margarida Prieto Ledo, vogal do Consello Galego de Benestar Social (CGBS) en representación do Sindicato Labrego Galego, denunciou no pleno celebrado na mañá de hoxe a falta de transparencia deste órgano, que rexeitou xa en dúas ocasións atender solicitudes directas de información sobre cuestións como a Lei de Dependencia, o modelo de residencias ou a adxudicación de fondos europeos Next Generation. Logo de que a vogal do SLG reiterara estas solicitudes de información, o CGBS comprometeuse a tratar estes temas no pleno que terá lugar o vindeiro mes de novembro.

  274. A Comisión Contra as Minas da Terra Chá denuncia actividade mineira ilegal na parroquia de Goá

    PlenoCospeito 17 de Outubro do 2021 · 

    Na Comisión Contra as Minas na Terra Chá vimos de ter noticia de que dende hai uns días se están a realizar labores mineiras sen permiso en terreos da parroquia de Goá, en Cospeito. Ao tempo fomos informadas de que Erimsa está a ofrecer contratos de arrendamento a veciñas da zona do Arneiro, na mesma parroquia.

  275. O Sindicato Labrego Galego apoia a mobilización comarcal en demanda de “Futuro para a Mariña”

    manifestación a mariña 17 out 16 de Outubro do 2021 · 

    O Sindicato Labrego Galego apoia a manifestación do 17 de outubro en Viveiro convocada polas entrais sindicais de clase na que se vai demandar unha resposta das administracións públicas para frear  revertir a dinámica de retroceso económico e laboral que se vive na Mariña.

  276. Xunta e Ministerio negocian unha PAC catastrófica para Galiza: inxusta, discriminatoria e ao servizo da agroindustria

    pac7out21 7 de Outubro do 2021 · 

    A Secretaria Xeral do Sindicato Labrego Galego, Isabel Vilalba, a responsábel de Política Agraria Común no SLG, Ana Rodríguez e Adolfo Cabarcos, membro da Executiva Nacional e da Dirección da carne do SLG, denunciaron  en rolda de prensa en Santiago de Compostela que as propostas para a nova PAC presentadas esta semana polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación supoñen “un absoluto desastre para Galiza”.

  277. Xuntanza da Secretaría das Mulleres en Xunqueira de Ambía

    sectmull1out 4 de Outubro do 2021 · 

    O venres 1 de outubro tivemos xuntanza da Secretaría das Mulleres en Xunqueira de Ambía. Analizamos cuestións como as dificutades e vantaxes de ter un proxecto no rural como mulleres labregas.

  278. Esiximos criterios axustados á realidade galega na xestión do lobo

    lobo 28 de Septembro do 2021 · 

    Demandamos que as medidas preventivas e os criterios para as indemnizacións por ataque de lobo se axeiten a nosa realidade. Non todo o estado español e latifundista nin Castela, é ineludible ter en conta a realidade económica e social das explotacións galegas. Precisamos un programa de sanidade animal eficiente, que protexa ao lobo ao tempo que palie os impactos nas granxas e que evite o contaxio de enfermidades a cabana doméstica.

  279. A veciñanza de Aldurfe fai fronte á Consellaría e oponse á construción da planta de transferencia de SOGAMA

    aldurfe 27 de Septembro do 2021 · 

    Dende o Sindicato Labrego Galego apoiamos a loita da veciñanza, sumándonos as súas demandas e instamos a Consellería de Medio Ambiente e os concellos afectados a que actúen dun xeito transparente e claro, e que deixen de insistir en converter o medio rural nun vertedoiro das áreas urbanas.

  280. Contra a cobiza do oligopolio enérxético. Non á privatización dos lagos de Meirama e As Pontes

    ConcentraciónAugasDeGalicia 22 de Septembro do 2021 · 

    Con motivo da apertura de sobres vinculada á solicitude de explotación privada dos recursos hídricos dos lagos de As Pontes e Meirama, distintas organizacións sociais convocamos unha acción de protesta nas oficinas de Augas de Galicia en Santiago de Compostela.

  281. EXPLOTA-SCORE: A denuncia dos abusos de SUREXPORT chega aos supermercados

    SurexportCarriño 20 de Septembro do 2021 · 

    No marco da campaña de denuncia da metodoloxía neoescravista practicada pola multinacional onubense SUREXPORT instalada na Terra Chá, levamos agora ás superficies comerciais a campaña de denuncia a pé de rúa iniciada o pasado 18 de agosto.

  282. Denunciamos a reincidencia de Corcel Minerals SL/ Eurobattery Minerals AB na execución de prospeccións ilegais en Santa Comba e Coristanco

    sondaxesilegaisCORCELMINERALS 16 de Septembro do 2021 · 

    Denunciamos ante a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais da Consellería de Economía, Empresa e Innovación e o Concello de Sta Comba unha nova tentativa de realizar sondaxes ilegais nos concellos de Sta. Comba e Coristanco perpetrada pola empresa mercantil CORCEL MINERALS SL e a súa matriz EUROBATTERY MINERALS AB.

  283. O SLG urxe a impedir un novo ataque do oligopolio eólico á comarca da Mariña

    greenalia-borrasca 8 de Septembro do 2021 · 

    Greenalia pretende instalar 15 eólicos, unha subestación e unha liña de alta tensión de evacuación até Xove. Os aeroxeradores que se pretenden implantar alcanzarían a altura de 180 metros (a maior cheminea de Alcoa na factoría de San Cibrao chega aos 145). Irían situados, 10 deles, no cumio dos montes entre Cornería e o monte de Oirán, nos límites entres os concellos de Lourenzá e Mondoñedo con Foz, e os 5 restantes irían entre Santa Cilla e o Pico da Lebre no concello de Foz. Este macroparque eólico de dimensións totalmente desproporcionadas afectará negativamente a un grande número de veciños e veciñas.

  284. A Política Agrícola Común que soñamos

    PAC 31 de Agosto do 2021 · 

    O Sindicato Labrego Galego (e outras organizacións coas que traballamos a nivel galego, estatal e europeo) quere outra PAC. Cremos que é posible e que é imprescindible se queremos frear a desaparición das pequenas granxas como produtoras de alimentos e non deixar grandes extensións de territorio e a nosa comida en mans da agroindustria.

  285. SLG denuncia a ameaza de dous parques eólicos na Reserva da Biosfera Terras do Miño

    stop eolicos 28 de Agosto do 2021 · 

    O Sindicato Labrego Galego vén de rexistrar unha serie de escritos na Deputación Provincial de Lugo e no Ministerio para a Transición Ecolóxica, demandando a actuación do Consello Científico, órgano asesor do Comité Español do Programa MaB da UNESCO, ante as "posíbeis afeccións á conservación de superficies de hábitats de Rede Natura e aos valores da Reserva da Biosfera Terras do Miño" dos parques eólicos 'Santuario' e 'Mistral' e das correspondentes infraestruturas de evacuación.

  286. Lidl, Alcampo, Eroski, Gadis e Froiz vulneran o acordo lácteo ante a permisividade da Xunta de Galicia

    Leite_270821 27 de Agosto do 2021 · 

    Abusos comerciais como os que están a cometer estas distribuidoras teñen consecuencias directas: a día de hoxe, malia que o prezo de produción dun litro de leite oscila entre os 33 e os 38 céntimos por litro, as gandeiras e gandeiros galegos cobran entre 32 e 34 cént./l., moi lonxe dun prezo digno que cubra custos de produción e traballo.

     


  287. Eu non cobro a PAC

    EuNonCobroPAC 25 de Agosto do 2021 · 

     O Sindicato Labrego Galego-Comisións Labregas e a Coordenadora Europea Vía Campesina (ECVC) lanzan un vídeo informativo sobre a Política Agraria Común (PAC). Cun ton retranqueiro salpicado por abondosos datos oficiais, esta peza audiovisual apóiase nun ritmo dinámico que guía un fío explicativo freado polo apunte constante de que, quenes realmente deberían obter un financiamento público, é dicir, as pequenas e medianas explotacións que fixan poboación, producen alimentos de calidade, respectan o medioambiente e manteñen un medio rural vivo, non son as principais receptoras das achegas económicas da PAC, máis ben todo o contrario.

  288. Esiximos o inmediato esclarecemento das circunstancias do falecemento dun traballador de SUREXPORT na Terra Chá

    surexportarquivo2 24 de Agosto do 2021 · 

    O pasado venres 20 de agosto faleceu na Terra Chá un traballador de Surexport de 27 anos. Xa pasaron varios días deste gravísimo suceso, e nin dende a empresa nin dende a Consellaría de Emprego e Igualdade, Inspección ou Ministerio de Traballo se está a proporcionar información que esclareza o acontecido.

     


  289. A Xefatura Provincial de Lugo tira dun Decreto de 1986 para non atender as necesidades do transporte escolar rural

    ParadaActualCruce 19 de Agosto do 2021 · 

    Solicitamos á Consellaría de Infraestructuras e Mobilidade e á Xefatura Provincial de Lugo a atención inmediata á solicitude das familias das dúas únicas crianzas que collen o bus escolar no barrio de A Casanova – Noche (Terra Chá), que arestora teñen que facelo lonxe das súas casas nun cruce perigoso, malia a que o percorrido do bus pasa por diante das súas casas.

  290. Denunciamos a explotación laboral e o espolio de recursos naturais da agroindustria SUREXPORT na Terra Chá

    surexpor180821 18 de Agosto do 2021 · 

    Organizacións galegas articulamos unha fronte común aberta para denunciar a explotación laboral e a destrucción medioambiental da empresa onubense EUROEXPORT na Terra Chá. Iniciamos mobilizacións repartindo información na feira de Castro Ribeiras de Lea e concentrándonos diante da sede desta agroindustria no Polígono de Castro.

  291. Contra a explotación e o espolio agroindustrial. SUREXPORT FÓRA DA GALIZA!

    surexport1 17 de Agosto do 2021 · 

    Dende mediados do pasado mes de xullo diversas organizacións galegas vimos articulando unha fronte común para denunciar as graves prácticas que a empresa SUREXPORT está a levar a cabo na Terra Chá. O mércores 18 de agosto iniciamos campaña de mobilizacións a pé de rúa para denunciar os abusos desta agroindustria.

  292. O SLG recebe con cautela que a 'Conta Láctea' vaia ser unha ferramenta efectiva para negociar coa industria

    contalactea_screenshot 5 de Agosto do 2021 · 

    Desde o Sindicato Labrego temos que amosarnos preocupados porque o respaldo que o sector do leite agardaba da Consellaría fique finalmente concretado nunha aplicación informática de xestión individual. Todos os esforzos para identificar e definir os custos de produción son necesarios e benvidos, mais para non ficar a medio camiño cumpre que estes datos sexan vinculantes e a intermediación directa da Consellaría.

  293. O desleixo dos Ministerios de Interior e Transición Ecolóxica deriva en multas contra as agricultoras/es da Limia

    Comarca da Limia 31 de Xullo do 2021 · 

    Agricultoras e agricultores da comarca da Limia están a ser obxecto de multas por parte do Seprona por regaren os seus cultivos con auga do pozo. Instamos aos Ministerios de Interior e de Transición Ecolóxica a establecer os acordos precisos para cumprir co compromiso de abastecemento de rego, contraído pola Administración hai xa máis de tres décadas.

  294. O SLG demanda novas medidas de apoio ao sector de vacún de carne diante da crise da Covid-19

    concentra_carne_lalin 30 de Xullo do 2021 · 

    O Sindicato Labrego Galego concentrouse na mañá do 30 de xullo diante da Oficina da Xunta en Lalín, solicitando unha reunión coa Consellaría en que tratar as problemáticas do sector e explorar solucións. Asemade, esixen a activación dunha liña de axudas directas das que "ningunha familia gandeira afectada pola crise sexa marxinada", logo de que as últimas axudas convocadas deixasen fora máis da metade das granxas activas no país.

  295. Sindicato Labrego denuncia impagos da Tegestacín SL e esixe medidas por parte da Consellaría

    concentra_tegestacin 29 de Xullo do 2021 · 

    A empresa acumula débedas dende os 3.000 aos 80.000 €, correspondentes a entre os dous e os catro meses de produción, que comprometen a viabilidade das granxas. O SLG reclama da administración autonómica a cancelación da licenza de primeiro comprador de leite para aquelas empresas que non cumpran nos pagos ás granxas subministradoras, así como restricións no acceso a axudas públicas -e mesmo devolución das mesmas- para empresas con historial de impagos.

  296. SLG chama as granxas a demandar da industria unha actualización de prezos acorde cos custos de produción

    frisona leite 22 de Xullo do 2021 · 

    A publicación, na semana pasada, do estudo da cadea de valor do leite está a ter consecuencias prácticas. O Sindicato Labrego Galego recibiu comunicación directa dunha industria leiteira galega, confirmando que xa está a anunciar ás granxas unha suba inminente de 2 céntimos por litro, efectiva a partir do 1 de agosto. Diante deste pequeno movemento por parte da Naturleite, e movementos semellantes doutras industrias de que temos constancia aínda que sen confirmación directa, chamamos ás granxas a tomaren a iniciativa.

  297. O SLG esixe á Xunta investigar e actuar diante dos indicios de abusos nos campos da Surexport

    Surexport 17 de Xullo do 2021 · 

    O relato recolle un ambiente en que "as ameazas de calquera tipo eran constantes" e dirixidas, especialmente, ás persoas migrantes. "Fomentan unha competitividade extrema" coa ameaza do despedimento "se non recolles cantidades desorbitadas de arando en xornadas de 12 horas". Partindo dun contrato de 39 horas, a empresa presiona para facer horas extras que poden chegar a igualar as horas ordinarias dunha xornada e que, porén, son pagadas "a seis euros, cando o estipulado é a doce euros".

  298. Desmantelada para chatarra a planta de tratamento de Varilongo que levou máis de medio millón de euros da Xunta

    Varilongo 17 de Xullo do 2021 · 

    A mineira australiana Rafaella Resources, propietaria da filial que obtivo os dereitos mineiros da mina de estaño e volframio de Varilongo, en Santa Comba, demantelou esta semana a planta de tratamento de minerais que fora instalada en 2012 cunha subvención a fondo perdido do IGAPE de 645.855 euros, a cargo do Fondo Europeo de Desenvovemento Rexional. O Sindicato Labrego Galego, xunto a outros colectivos (Petón do Lobo BerXallas Minaría Destrutiva Non, Ecoloxistas en Acción e Fundación Montescola) denunciamos o desmantelamento por carecer das preceptivas autorizacións.

  299. Cambiar todo para non cambiar nada: Unha ‘nova’ PAC para os grandes terratenentes e perceptores

    Manifestación PAC Lisboa 16 de Xullo do 2021 · 

    O 14 de xullo, durante a Conferencia Sectorial de Política Agraria Común coas conselleiras e conselleiros de Agricultura das 17 comunidades autónomas, o ministro presentaba en Madrid a Proposta de Acordo para a elaboración do plano estratéxico da Política Agraria Común. Mentres o conselleiro, José González, celebraba a "boa sintonía", o ministro aproveitaba para lanzar unha serie de slogans sobre a natureza "igualitaria", "xusta" ou "ecolóxica" da PAC, que se desmenten a pouco que se afonde nos desenvolvementos concretos desta.

  300. O SLG pide a retirada da campaña #MenosCarneMásVida do Ministerio de Consumo por enganosa e falaz

    Rubia Galega 9 de Xullo do 2021 · 

    O Sindicato Labrego Galego quere expresar a súa máis absoluta indignación diante da campaña iniciada polo Ministerio de Consumo na que se criminaliza o consumo de carne a través de medias verdades que, de seguro, van crear unha grande confusión entre a cidadanía. Neste senso, o vídeo de 6 minutos no que o ministro de Consumo, Alberto Garzón, tenta convencernos do nocivo que é o consumo de carne para a nosa saúde e para o planeta é toda unha cadea de despropósitos que, como organización agraria, non podemos tolerar.

  301. As granxas de leite galegas perden 10 millóns de euros cada ano por non cubrir os custes de produción

    Becerro frisón 5 de Xullo do 2021 · 

    O pasado 2 de xullo, o Observatorio da Cadea Alimentaria do Ministerio de Agricultura aprobou o estudo da cadea de valor do leite, cuxos datos veñen confirmar as denuncias que o Sindicato Labrego Galego vén facendo dende hai décadas. O dato que máis nos interesa deste estudo é que fixa o custe de produción medio para un litro de leite de vaca no Estado español en 0’3565 €/litro.

  302. As denuncias da veciñanza e dos colectivos de de Contraminacción paralizan as sondaxes ilegais en Castriz

    Sondaxes ilegais 3 de Xullo do 2021 · 

    Esta semana recibimos comunicación por parte do xefe do Servizo de Enerxía e Minas da Delegación Territorial da Coruña: “Infórmaselle de que con data 18/06/2021 o xefe territorial iniciou o correspondente expediente sancionador e ratificou a suspensión dos traballos acordada in situ, como consecuencia da visita de inspección realizada o 16/06/2021 polos servizos técnicos desta Xefatura Territorial

  303. O SLG organiza un seminario europeo para analizar a PAC no que contará con especialistas de varios países da UE

    Manifestación PAC Lisboa 1 de Xullo do 2021 · 

    Conscientes da transcendencia que ten a actual etapa de cara a deseñar a nova Política Agraria Común (PAC) que rexerá a agricultura dos países da UE até 2027, dende o Sindicato Labrego Galego organizamos un seminario internacional baixo o título “Máis labregas = Mellores alimentos. Como a PAC deseña as nosas producións, paisaxes e alimentos”. A intención do seminario, que se celebrará os días 2 e 3 de xullo no Museo do Pobo Galego (Compostela), é analizar o impacto que leva anos tendo a PAC no noso sistema agrario e alimentario e tentar fixar as claves de cales son as mudanzas necesarias para que beneficie, realmente, o acceso a alimentos sans e de calidade a toda a cidadanía respectando a dignidade e importancia dos labregos e das labregas.

  304. 27 de xuño: Manifestación en defensa duns servizos públicos dignos de atención á dependencia na Galiza

    Plataforma Servizos Públicos Dependencia 21 de Xuño do 2021 · 

    O Sindicato Labrego Galego foi unha das organizacións constituíntes da nova Plataforma Galega polos Servizos Públicos de Dependencia (PGSPD) que, de cara a canalizar a demanda social que existe para este sector fundamental nos coidados de persoas maiores e dependentes, vén de convocar unha manifestación para o vindeiro domingo, 27 de xuño, en Compostela. De seguido, compartimos o manifesto de constitución da PGSPD.

  305. O SLG reclama inventario urxente dos danos causados pola sarabia na Ribeira Sacra e axudas para paliar as perdas

    Sarabiada 17 de Xuño do 2021 · 

    O Sindicato Labrego Galego reclama da Consellaría de Medio Rural que, con carácter de urxencia, realice unha avaliación dos danos sufridos pola sarabiada de onte, 16 de xuño, no concello de Chantada, que arrasaron unha das principais zonas produtoras de uva da denominación de orixe Ribeira Sacra, especialmente a parroquia de San Fiz e outras veciñas como Sabadelle, Belesar, San Vitorio ou Pesqueiras, nas subzonas de Chantada e Ribeiras de Miño; e que poña en marcha unha liña de axudas para paliar os danos e as perdas sufridas.

  306. O SLG denuncia sondaxes ilegais que afectan os recursos hídricos de nove familias en Santa Comba e Coristanco

    Sondaxes ilegais 15 de Xuño do 2021 · 

    O Sindicato Labrego Galego vén de presentar, xunto a outros colectivos e organizacións, unha denuncia diante da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística contra as sondaxes mineiras ilegais nas que está a reincidir a empresa Eurobattery Minerals en Coristanco e Santa Comba. A denuncia tamén foi presentada diante da Consellaría de Economía, da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, do Concello de Santa Comba e da Policia Autonomica.

  307. O SLG estivo en Lisboa para defender unha nova PAC na manifestación da Coordinadora Europea da Vía Campesina

    PAC 15 de Xuño do 2021 · 

    O Sindicato Labrego Galego foi unha das organizacións da Coordinadora Europea da Vía Campesina (ECVC) que apoiou coa súa presenza, o 14 de xuño, a manifestación de Lisboa en demanda dunha nova Política Agraria Común (PAC) feita atendendo aos intereses dos labregos e das labregas, á soberanía alimentaria dos pobos de Europa e que deixe de marxinar a Galiza. Tamén estiveron delegacións do Sindicato de Obreiros e Obreiras do Campo de Andalucía (SOC), COAG, EHNE Bizkaia, Confédération Paysanne e, por suposto, contamos coa acollida da Confederação Nacional de Agricultura (CNA).

  308. Un gandeiro de Forcarei e unha gandeira de Chantada, novas responsábeis do Sector Lácteo do Sindicato Labrego

    Congreso do Leite do SLG 11 de Xuño do 2021 · 

    O Sindicato Labrego Galego celebrou hoxe, 11 de xuño, o seu Congreso do Leite no Pazo de Liñares (Lalín), un evento que se encadra no décimo proceso congresual da organización agraria. Desta vez, a afiliación escolleu un gandeiro de Quintillán (Forcarei, Pontevedra), Manuel Villaverde Salgueiro, como novo responsábel para os vindeiros catro anos. Xunto a el, será vicerresponsábel Ana Rodríguez, de Sabadelle (Chantada, Lugo), e terán o apoio dunha renovada Dirección do Leite cuxos membros saíron elixidos das diversas asembleas comarcais que se celebraron na Galiza nos meses previos. Desta maneira, no SLG dáselle relevo á anterior Dirección do Leite xurdida do anterior congreso, elixida o 15 de decembro de 2017, da que Lupe Prado foi responsábel.

  309. A Sociedade Civil europea denuncia os plans de materias primas da UE que impulsan a minería destrutiva

    Yes to Life No to Mining 10 de Xuño do 2021 · 

    O Sindicato Labrego Galego, xunto con máis de 180 organizacións e plataformas de dereitos humanos e ambientais de 36 países, solicitamos á Unión Europea que abandone os seus plans de expansión masiva da minaría no marco dos plans da UE dun “Pacto Verde” (Green Deal) e “Recuperación Verde”.

  310. Nin un eólico máis, nin unha ocupación máis dos nosos montes e agras. Marcha o 5 de xuño!

    Marcha contra os eólicos 1 de Xuño do 2021 · 

    Nos últimos meses unha nova ameaza planea sobre as nosas aldeas, unha INVASION EÓLICA  como lle veñen chamando moitas plataformas veciñais.Diante disto, dende o Sindicato Labrego Galego apoiamos a marcha do 5 de xuñ, Día do Medio Ambiente, convocada por varios colectivos e organizacións ecoloxistas e sindicaisda Galiza.

  311. Seminario Europeo online "Europa non quere labregas: Como a PAC discrimina as mulleres"

    Seminario europeo machismo PAC 31 de Maio do 2021 · 

     

    A finais de marzo, a secretara xeral do SLG, Isabel Vilalba, e a responsábel da Secretaría das Mulleres, María Ferreiro, denunciaban diante da Consellaría de Medio Rural e do Ministerio de Agricultura como a Política Agraria Común (PAC) discriminaba as mulleres. Agora, para afondar neste nicho de desigualdade, organizamos este seminario europeo, o 23 de xuño, no que analizaremos polo miúdo como as políticas europeas no agro axudan a perpetuar a fenda que afasta homes e mulleres tamén nas profesións agrarias. Se precisas máis información ou queres inscribirte, faino en: derural@sindicatolabrego.gal

  312. As últimas novidades sobre o proceso do X Congreso do SLG ou da Política Agraria Común no Fouce 334

    Portada Fouce 334 25 de Maio do 2021 · 

    Vimos de recibir o número 334 do Fouce, no que continuamos informando do proceso do X Congreso do SLG, con reportaxes sobre a Asemblea Xeral do Viño e do Congreso de Vacún de Carne. Ademais, publicamos toda a documentación sobre o Congreso do Leite, que se celebrará o vindeiro 11 de xuño no Pazo de Liñares, en Lalín (Pontevedra). Completamos con informacións sobre a avalancha eólica, a moratoria dos eucaliptos, as últimas xornadas de granxas abertas ou as denuncias sobre o machismo da PAC. E falando de Política Agraria Común, no Editorial adiantamos as últimas novidades que coñecemos na xuntanza co conselleiro de Medio Rural, o 21 de maio, que indican que o Ministerio de Agricultura está trampeando para volver argallar unha PAC do máis lesiva e discriminatoria para Galiza. Se xa queres ler o teu exemplar, descárgao na icona que atoparás no remate desta páxina.

  313. Xa dispoñibles os vídeos das xornadas sobre normativa hixiénico-sanitaria das producións alimentarias artesás

    Animais de granxa 18 de Maio do 2021 · 

    O Sindicato Labrego Galego foi unha das organizacións que colaborou na organización e realización dunhas xornadas teórico-prácticas sobre a normativa hixiénico-sanitaria nas producións alimentarias artesanais. Dado o enorme interese que suscitaron en todo o Estado, obrigándonos a limitar o acceso debido á alta demanda de participación, decidimos agora publicar os vídeos do que deron de si estes tres días de información e diálogos ao redor dun marco normativo do que depende a economía de miles de proxectos agrogandeiros no Estado.

  314. A NOVA REFORMA DA PAC, NIN SOCIAL NIN VERDE

    PAC 1 de Decembro do 2020 · 

    As negociacións da Política Agraria Común entran nun momento decisivo a nivel europeo e estatal, que culminará na primavera de 2021 cando o Ministerio publique o borrador do chamado Plano Estratéxico Nacional, establecendo como van ser empregados os 34.124 millóns de pagos directos, os 5.069 millóns de medidas de mercado e os 8.531 millóns de desenvolvemento rural no Estado Español. Se se elixen como criterios para o reparto os dereitos históricos e a superficie, Galiza quedará unha vez máis marxinada na nova PAC e seguiremos con tristes records en aldeas abandonadas, número de incendios, expolio do rural ou destrución de emprego.A secretaria xeral do SLG, Isabel Vilalba Seivane, analízao neste artigo cuxa versión en castelán podes descargar no remate desta páxina.

  315. AS PROPOSTAS LEXISLATIVAS PARA REGULAR A NOVA POLÍTICA AGRARIA COMÚN PAC 2020-2027

    Normativa 13 de Outubro do 2020 · 

    Nesta sección poderás atopar todas as propostas lexislativas que hai agora mesmo sobre a mesa para regular a vindeira Política Agraria Común (PAC). Tamén incluímos as estratexias a través das que a UE quere camiñar cara ao obxectivo de converterse no primeiro continente neutro dende o punto de vista climático e que afectarán de cheo ás políticas agrarias: O Pacto Verde.

  316. O SLG fai unha rolda de xuntanzas cos partidos políticos do Parlamento de Galiza para formar unha fronte común na PAC

    SLG Parlamento 12 de Outubro do 2020 · 

    O Sindicato Labrego Galego iniciou, en outubro, unha rolda de contactos cos partidos políticos con representación no Parlamento de Galicia para expoñerlles a necesidade de adoptar unha postura común de país para defender unha Política Agraria Común (PAC) que beneficie os nosos sectores agrogandeiros e a singularidade do noso rural (Puedes descargar la traducción íntegra al español del presente texto en el icono que encontrarás al final de esta página).

  317. Os papeis da PAC (e 4): Os puntos quentes do debate estatal, a finais de 2020, para o Plan Estratéxico

    Horta 12 de Outubro do 2020 · 

    Máis que unha reforma da PAC é un gran cambio. Non é unha reforma porque o fondo segue igual, pero vai cambiar tanto que é moi probable que non cobremos o mesmo. Agora mesmo, non temos maneira de saber como imos quedar con estes cambios. O Ministerio de Agricultura xa o debería saber (e supoño que o sabe), pero non é público e o que imos sabendo da súa postura e a doutras comunidades autónomas é por xornadas ou por declaracións.

  318. Os papeis da PAC (3). A proposta do SLG: Unha PAC ao servizo das persoas e do territorio

    Vacas 11 de Outubro do 2020 · 

    A Política Agraria Común é un fracaso non só na Galiza, senón en toda Europa. Cada tres minutos desaparece unha granxa na UE. E o obxectivo de equiparar as rendas das persoas labregas á media de cada Estado tampouco se conseguiu. Aínda que o modelo fracasou, a PAC no fondo non ten previsto cambiar. 

  319. Carta do SLG e da ECVC á e aos representantes de Galiza no Parlamento Europeo en defensa dunha nova PAC

    Parlamento Europeo 11 de Outubro do 2020 · 

    En outubro, dende o Sindicato Labrego Galego enviámoslle unha carta aos e ás representantes de Galiza no Parlamento Europeo: os eurodeputados Francisco José Millán Mon (PP) e Nicolás González Casares (PSOE); é á portavoz do BNG nas institucións comunitarias, Ana Miranda. Nesta misiva, asinada por Sonia Vidal Lamas como membro do Comité Coordinador da Coordinadora Europea da Vía Campesina (ECVC), pedímoslles o seguinte:

  320. Os papeis da PAC (2): Os principais cambios da nova Política Agraria Común con respecto á anterior

    Vacas de carne 10 de Outubro do 2020 · 

    O fondo da PAC non cambia, pero pode cambiar moito o que cobramos. De feito, os debates que hai no Estado e na Galiza son polos cartos, nada máis.Os outros debates non interesan e non saen nos medios de comunicación: prezos, custes de produción, renda, negociación colectiva dos prezos, desaparición da agricultura e da gandería familiar, quen nos alimenta, as consecuencias de que a UE sexa o maior importador e exportador de produtos primarios, as consecuencias dos tratados de libre comercio, as consecuencias da produtividade e competitividade infinitas, cando seremos o suficientemente grandes para o sistema agroalimentario, a función de labregos e labregas de ser subministradores de materia prima barata para a industria, a autoexplotación, a función das integradoras, a soberanía alimentaria, etc. Explicámoscho nesta segunda entrega dos Papeis da PAC (podes descargala ao remata da páxina).

  321. Os papeis da PAC (1): Os prazos da nova PAC 2023-2027 e o período transitorio 2021-2022

    Parlamento Europeo 9 de Outubro do 2020 · 

    As negociacións para deseñar a nova Política Agraria Común (PAC) para o período 2021-2027 comezaron en 2017. A intención inicial era comezar a aplicar a nova PAC en 2021, pero non vai ser posible até 2023. Como farán entón as autoriades comunitarias para desenvolver esta nova PAC? Explicámoscho de seguido. Podes descargar unha ficha didáctica con toda a explicación premendo na icona que atoparás no remate desta páxina.

  322. PAC 2020-2027: Que defendemos en Europa?

    PAC 8 de Outubro do 2020 · 

    A PAC elimina labregos e labregas. Desde moitas instancias pénsase que a Política Agrícola Común debería cambiar substancialmente debido ao fracaso en canto ao mantemento da agricultura familiar no territorio e tamén polo fracaso en canto ao establecemento de rendas dignas para as produtoras e produtores. A substitución destes por explotacións intensivas que producen grandes cantidades de materia prima barata para a agroindustria e para a exportación parece imparable. Na teoría seguen dicindo que en Europa e en Galiza hai necesidade de numerosas persoas no territorio con producións diversificadas para responder á demanda duns alimentos de calidade. Na práctica non é posible soster a esas persoas no territorio: cada tres minutos desaparece unha granxa en Europa.

  323. PAC 2020-2027: Que defendemos en Galiza para a inclusión no Plan Estratéxico Estatal?

    PAC 7 de Outubro do 2020 · 

    Partindo dunha análise non exhaustiva dos datos dos que dispoñemos, vemos que Galiza ten certas diferenciacións con respecto ao resto do Estado, se pensamos nos pagos actuais da PAC:

  324. PAC 2020-2027: As mulleres nesta Política Agraria Común

    Mulleres e PAC 6 de Outubro do 2020 · 

    O Sindicato Labrego Galego pensa que a desigualdade das mulleres, o diagnóstico das súas causas e a abordaxe de modelos máis igualitarios non están entre as prioridades do Plan Estratéxico da PAC nin nos Regulamentos da PAC.

  1. PrezosLeite2

    Pedimos a intervención urxente da Consellaría do Medio Rural no proceso de renovación de contratos do leite

    1 de Febreiro do 2024 · 

    Lactalis e Leite Río, dúas das principais empresas de recollida, están ofertando idénticos abaratamentos do leite á distribución. Pedimos á CMR que solicite unha investigación da CNMC sobre as prácticas abusivas que as industrias están a impor ás granxas

  2. Non hai imaxe

    ModeloModificable1

    6 de Xuño do 2023 · 

    ANTEPROXECTO DE LEI DE PROMOCIÓN DOS BENEFICIOS SOCIAIS E ECONÓMICOS DOS PROXECTOS QUE UTILIZAN OS RECURSOS NATURAIS DE GALICIA.

  3. Non hai imaxe

    ModeloModificable2

    6 de Xuño do 2023 · 

    ANTEPROXECTO DE LEI DE PROMOCIÓN DOS BENEFICIOS SOCIAIS E ECONÓMICOS DOS PROXECTOS QUE UTILIZAN OS RECURSOS NATURAIS DE GALICIA.

  4. Surexport Huelva

    A agroindustria de froitos vermellos: Máis Escravitude, Menos Dereitos

    17 de Abril do 2022 · 

    O Sindicato Labrego Galego participou nunha delegación internacional de La Vía Campesina (LVC) que se desprazou durante a primeira semana de abril a Huelva (Andalucía) e Odemira (Alentejo-Portugal) para coñecer, sobre o terreo, as condicións das persoas traballadoras, na súa maioría inmigrantes, da produción de amorodo e outros froitos vermellos nesas rexións. 

  5. Eco_Ralea_Umbrío

    Invasión eólica: campaña de alegacións aos novos parques Ralea, Eco e Umbrío (Lugo e León)

    11 de Febreiro do 2022 · 

    Iniciamos unha campaña de alegacións para activar a acción social contra a imposición dos parques eólicosparques eólicos Ralea, Eco e Umbrío, da empresa madrileña Green Capital Development, con impactos sobre a poboación, biodiversidade e patrimonio das provincias de Lugo e León.

  6. Non hai imaxe

    A Conselleira de Medio Ambiente abandona precipitadamente a xuntanza do COGAMADS bloqueando a votación da moratoria eólica

    27 de Xaneiro do 2022 · 

    SLG-CCL, ADEGA, FEG e SGHN censuraron o comportamento da Conselleira e solicitaron a convocatoria urxente dun pleno extraordinario do Consello Galego de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostíbel

  7. macroeólicosnonn

    Rexistramos 82 solicitudes de moratoria eólica nos concellos das Reservas da Biosfera galegas

    14 de Xaneiro do 2022 · 

    Procurando acadar o compromiso das administracións públicas de non aceptar máis parques eólicos até que sexa realizado o informe do Comité Científico, actuamos aa través da campaña lanzada dende ALIENTE rexistrando 82 solicitudes de adhesión dirixidas aos concellos galegos ubicados en territorios Reserva da Biosfera.

  8. XuntanzaMuimenta

    O TCA de Lugo declara caducadas as declaracións de impacto ambiental das concesións da empresa mineira ERIMSA na Terra Chá

    23 de Novembro do 2021 · 

    A sala segunda do Tribunal Contencioso Administrativo de Lugo vén de ditar unha nova sentenza pola que desestima o recurso presentado pola compañía mineira Erimsa contra a denegación do permiso de explotación do proxecto “Pastoriza 5562” por parte do Concello da Pastoriza.

  9. anamurimulleres

    A Política Agrícola Común é feminista? Análise das propostas do Plan Estratéxico do Estado Español

    31 de Agosto do 2021 · 

    O Plan Estratéxico da PAC que está elaborando o Ministerio de Agricultura no Estado Español, no subgrupo de traballo do obxectivo específico 7, “Atraer aos xoves agricultores e facilitar o desenvolvemento empresarial do medio rural”, inclúe a perspectiva de xénero e o despoboamento. No documento do Ministerio dise “se ben é certo que a proposto de regulamento dos plans estratéxicos da PAC non contempla entre os seus obxectivos específicos estes dous aspectos, España solicitou a súa inclusión por dous motivos: en primeiro lugar, para visualizar o papel tan importante que desempeñan as mulleres no medio rural (...).

  10. sem

    O seminario 'Máis Labregas = Mellores alimentos' no Fouce 335

    31 de Agosto do 2021 · 

    O vixente número do Fouce recolle unha crónica do seminario celebrado en Compostela nos pasados 2 e 3 de xullo, en que se colocou en cuestión a xénese, nesgos, limitacións e consecuencias dunha Política Agraria Común que se converte unha e outra vez en instrumento ao servizo do produtivismo e da agroindustria.

Arquivo