A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

  1. Portada>
  2. Novas>
  3. A Secretaría das Mulleres do SLG apoia as manifestacións en repulsa polo asasinato machista do Carballiño

A Secretaría das Mulleres do SLG apoia as manifestacións en repulsa polo asasinato machista do Carballiño

31 de Xaneiro do 2017

Machismo mata

A Secretaría das Mulleres do Sindicato Labrego Galego apoia as concentracións convocadas pola Marcha Mundial das Mulleres nas principais cidades e vilas galegas, hoxe 31 de xaneiro, en repulsa polo asasinato de Virginia Ferradás a mans do seu cónxuxe no Carballiño.

Como xa temos demandado dende a Secretaría das Mulleres, asasinatos como este acontecido no Carballiño poñen de manifesto a necesidade de dotar con máis medios humanos, materiais e normativos a loita contra a violencia machista. E mentres iso non aconteza, seguiremos saíndo á rúa non só para condenar, senón tamén para esixir a implicación a fondo e sen escusas das administracións para erradicar esta lacra que, no último decenio, supuxo a morte de 46 mulleres na Galiza.

Concentracións MMM 31-X