A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

  1. Portada>
  2. Novas>
  3. O Sindicato Labrego Galego celebra mañá en Guitiriz o seu Congreso do sector da carne de vacún

O Sindicato Labrego Galego celebra mañá en Guitiriz o seu Congreso do sector da carne de vacún

10 de Febreiro do 2017

Congreso Carne SLG

O Sindicato Labrego Galego elixiu a Escola Habanera de Guitiriz para celebrar, o 11 de febreiro, o seu Congreso de Vacún de Carne. Nesta ocasión, ademais de elixir unha nova Dirección sectorial e dúas persoas como responsábel e vicerresponsábel -que darán o relevo a Xosé Luís López Galán e Mercedes Alonso-; teremos como novidade a elección, a maiores, dun grupo de traballo que se encargará da axenda deste sector no día a día Sindicato Labrego Galego.

Precisamente, os debates congresuais van virar sobre as principais problemáticas coas que terá que lidar este grupo de traballo e sobre as que tomará decisións a Dirección de Vacún de Carne do SLG: dende os tratados de libre comercio e as desastrosas políticas agrarias á, decotío, difícil convivencia entre a profesión gandeira e a fauna salvaxe; dende a crise crónica de prezos baixos que non chegan aos 5 € por quilo, a unha Política Agraria Común (PAC) argallada dende os despachos de Bruxelas e Madrid que segue sen adaptarse ás necesidades dos labregos e labregas.

Desta maneira, o Sindicato Labrego Galego dá continuidade a un proceso congresual iniciado en 2016 co IX Congreso da organización agraria e o do sector de Horta, Froita e Flor.

De cara a facilitar o labor dos medios de comunicación, enviaremos un comunicado e fotografías do congreso o sábado pola tarde. De seguido, compartimos con vós a orde do día do congreso:

CONGRESO SECTORIAL DE VACÚN DE CARNE
SINDICATO LABREGO GALEGO

Guitiriz (Escola Habanera, rúa do Concello), 11 de febreiro de 2017

ORDE DO DÍA

11:00.- Recepción de congresistas e entrega da documentación.

11:15.- Benvida ás/aos participantes.

11:20.- Elección da Mesa do Congreso.

11:30.- Presentación da Orde do día do congreso sectorial de vacún de carne e aprobación da mesma.

11:35.- Debate de emendas ao Regulamento do Congreso e aprobación do mesmo.

11:45.- Presentación do Relatorio do Congreso

11:55.- Debate das emendas presentadas ao Relatorio do Congreso de vacún de carne.

13:15.- Aprobación do relatorio do congreso de Vacún de Carne do SLG

13:30.- Presentación da Dirección Sectorial de vacún de carne e elección pola mesma do/a Responsábel e Viceresponsábel de sector e grupo de traballo da dirección.

14:00.- Clausura do Congreso

14:30.- Xantar

Congreso Vacún de Carne