A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

  1. Portada>
  2. Novas>
  3. Fouce 317: Repasamos o que deu de si o último trimestre do ano 2017 para a agricultura e o rural galegos

Fouce 317: Repasamos o que deu de si o último trimestre do ano 2017 para a agricultura e o rural galegos

22 de Decembro do 2017

Fouce 317

Durante as últimas semanas, estivemos adiantando, paseniño, boa parte dos contidos do noso último voceiro publicado, o Fouce 317. As entrevistas a Eduardo Quintás, mozo gandeiro enfrontado ao proxecto mineiro en Touro e O Pino, ou a Xosé María Vilaverde, labrego a pesares de todo; ou a estensa crónica do II Foro Labrego de Agroecoloxía; xa estiveron circulando polas redes sociais. Agora, podedes descargar o periódico completo na icona que atoparás no remate desta páxina para repasar a actualidade do noso medio rural e da nosa agricultura a través de textos sobre como nos afectan acordos de libre comercio como Mercosur, a nova Lei de Depredación de Galiza, a política catastrófica do Partido Popular contra os lumes ou a intensa campaña da Secretaría das Mulleres do SLG en torno ao 25N.

Portada Fouce 317

Ficheiro adxunto