A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

  1. Portada>
  2. Novas>
  3. FOUCE 323: Unha portada histórica coa aprobación da Carta de Dereitos Labregos na Organización das Nacións Unidas

FOUCE 323: Unha portada histórica coa aprobación da Carta de Dereitos Labregos na Organización das Nacións Unidas

18 de Xaneiro do 2019

Portada Fouce 323

Esta semana está chegado ás casas o Fouce 323, correspondente aos últimos meses do ano 2018. Destacamos na portada a histórica votación na ONU coa que se aprobou a Carta de Dereitos Labregos e o primeiro Encontro LGTBIQ da Coordinadora Europea da Vía Campesina que se celebrou en Compostela. Tamén neste número encontrarás interesantes entrevistas como as que lle fixemos ao mestre queixeiro José Luís Martín ou á enóloga Cecilia Fernández.

O editorial desta vez vai asinado por Xosé Ramón Cendán, que fai unha lembranza do finado Ramón Muñiz de las Cuevas, o camarada Marcelo sen o que foi peza fundamental na fundación das Comisións Labregas e tantas outras iniciativas sociais relevantes na Galiza de finais do pasado século e dos comezos deste. Tamén con sinatura propia, Sabela Facal escribiu un artigo sobre as dificultades que se atopa a xente nova que se inicia na profesión agraria: “A ferida labrega” Unha ampla reportaxe sobre a viaxe que realizou o sector da carne do SLG ao Parque Natural de Somiedo para coñecer de preto a xestión da fauna salvaxe en Asturias, a intensa axenda da Secretaría das Mulleres ao redor do 25N ou a actualidade sindical e agraria dos últimos meses, completan este número que podes descargar na icona que aparece no remate desta páxina.

Portada Fouce 323

Ficheiro adxunto