A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

  1. Portada>
  2. Novas>
  3. O SLG apoia a presentación na Galiza da marca que está a revolucionar o mercado do leite francés con prezos de 0'39 €

O SLG apoia a presentación na Galiza da marca que está a revolucionar o mercado do leite francés con prezos de 0'39 €

26 de Abril do 2019

Quen é o xefe

O Sindicato Labrego Galego oficiou hoxe, 25 de abril, como organización anfitrioa na presentación na Galiza do proxecto “C'est qui le patron?! La marque du consommateur / Quen é o xefe?! A marca d@ consumidor/a”, unha iniciativa nacida en Francia na que os consumidores e consumidoras elixen como queren que sexan os alimentos que consumen e remuneran cun prezo xusto aos produtores e produtoras.

Para este acto de presentación, que dirixiu a secretaria xeral do Sindicato Labrego Galego, Isabel Vilalba Seivane, no Centro Sociocultural de Fontiñas (Compostela), contamos coa presenza dun dos fundadores da iniciativa en Francia, Laurent Chammade; coa coordinadora do mesmo no Estado Español, Annaïck Locqueneux; e cun gandeiro francés -vía Skype-, Régis Mainguy, que está a comercializar o leite que produce a través da “marca d@s consumidoras/es”. No acto participaron medio cento de gandeiros e gandeiras da Galiza e tamén representantes de cooperativas, da Unión de Consumidores de Galicia e do ámbito universitario e da investigación.

Annaïck Locqueneux relatou a xestación desta nova marca que constrúen as propias consumidoras e consumidores. A idea foi de Nicolas Chammade, que xa tiña traballado como activista contra o desperdicio alimentario con iniciativas que daban saída a froitas e hortalizas que polo seu tamaño ou pequenos defectos eran rexeitadas dos andeis dos supermercados só por motivos estéticos. “C'est qui le patron?!” xurdiu en plena crise de prezos do sector lácteo, cando un grupo de gandeiros pensou na posibilidade de facer algo semellante co leite. Dende aquela, dous anos despois, a iniciativa superou todas as expectativas. Hoxe en día, 155 granxas comercializan a través desta marca en Francia e xa venderon máis de 107 millóns de litros de leite. Só no primeiro ano venderon 35 millóns de litros.

A secretaria xeral do SLG, Isabel Vilalba Seivane, destacou o diálogo necesario produción-consumo: por unha banda, foron as propias consumidoras e consumidores quen votaron como querían que fose ese leite: de orixe francesa, en réxime de pastoreo, sen transxénicos, coas forraxes mercadas nun radio inferior aos 100 quilómetros dende a granxa e cunha remuneración digna que se salda cun prezo de venda ao público de 99 céntimos. Pola súa banda, os gandeiros e gandeiras teñen un prezo base de 39 céntimos por litro, que pode subir por calidades, e a estabilidade de contratos con tres anos de duración.

O gandeiro francés invitado, Régis Mainguy, confesou que poder vender o seu leite nestas condicións lle virou a vida. Traballaba para Lactalis, chegando a cobrar nos peores momentos prezos de 28 céntimos e nunca pasando dos 32. A súa participación activa nas mobilizacións de 2016 contra a multinacional leiteira e as súas denuncias nun programa de televisión saldáronse con que a industria deixou de recollerlle o leite, de maneira que se incorporou ao proxecto de “C'est qui le patron?!” sen pensalo. Dende aquela, moitas máis granxas se uniron. Mainguy comentounos que, hoxe en día, ao constatarse o éxito a acción, xa hai unha lista de espera de 7.000 granxas só en Francia para incorporarse a esta marca, pero só poderán facelo na medida que se vaia incrementando a demanda da mesma absorber novas producións.

Medio milleiro de granxas pechan cada ano na Galiza e seguimos á cola da Unión Europea en prezos

Para o Sindicato Labrego Galego, experiencias como “C'est qui le patron?!” poderían ser un revulsivo para un mercado lácteo totalmente distorsionado pola posición de dominio e polos abusos das industrias e das distribuidoras, que impoñen en orixe os prezos que máis lles conveñen sen pensar na dignidade nin nas condicións laborais dos gandeiros e das gandeiras. Os datos actuais sobre os prezos do leite e o peche de granxas na Galiza seguen a ser escandalosos:

  • Cada ano, na Galiza pechan medio milleiro de granxas de leite por falla de rendibilidade e porque coas condicións actuais a xente máis nova non se arrisca ao relevo xeracional. En 2016, Galiza comezaba o ano con máis de 9.000 granxas leiteiras en activo. Ese ano, pecharon 561. En 2017, pecharon 463. En 2018, botaron o peche 420. En febreiro de 2019, últimos datos publicados polo Fondo Español de Garantía Agraria (FEGA), na Galiza quedaban 7.477 granxas.

  • Galiza está en el furgón de cola de la UE en cuanto al prezo percibido por litro de leite nas granxas. Somos o 6ª país de la UE-28 cun prezo máis baixo en orixe, sempre por baixo dos 32 céntimos (en febreiro de 2019, o prezo medio na Galiza foi de 0'315 €), mentres que a media na UE sitúase ao redor dos 35 céntimos (34'85 céntimos en marzo de 2019, segundo os datos do Milk Market Observatory).

Este proxecto, que no país veciño xa abrangue unha vintena de produtos ademais do leite, quere comezar a dar os seus primeiros pasos no Estado Español. E vano facer con tres alimentos: leite, ovos e aceite de oliva. Agora mesmo, hai unha enquisa aberta para o leite na súa páxina en España https://lamarcadelosconsumidores.es/, na que a cidadanía está a votar libremente como é o leite que quere. En tan só tres semanas, xa responderon máis de 5.500 persoas. Cando se remate a enquisa, avanzarase no proceso para tentar repetir no Estado Español a experiencia francesa pero adaptada á realidade de aquí.

Quen é o xefe 2Quen e o xefe 3