A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

  1. Portada>
  2. Novas>
  3. O SLG suspende a campaña “O rural galego sobre a mesa” diante da emerxencia sanitaria polo Coronavirus

O SLG suspende a campaña “O rural galego sobre a mesa” diante da emerxencia sanitaria polo Coronavirus

11 de Marzo do 2020

Campaña adiada

A dirección do Sindicato Labrego Galego, tras manter hoxe unha xuntanza extraordinaria, tomou a decisión de suspender, a partir de mañá, 12 de marzo, todas as actividades programadas no marco da campaña “O rural galego sobre a mesa”. Así, quedan suspendidas, entre outras, as palestras previstas en Ferrol, Chantada e Ribadeo; o video-faladoiro en Lugo; a concentración de protesta do 13 de marzo en Pontevedra; ou a manifestación para arrodear a Xunta de Galicia prevista para o vindeiro 17 de marzo.

O Sindicato Labrego Galego toma esta decisión atendendo a situación de emerxencia sanitaria que estamos a vivir por mor da expansión do Coronavirus (COVID 19) e para contribuír, na media das súas posibilidades, a frear a expansión da epidemia. A maiores, tomáronse outras decisións para reforzar esta medida, como instar aos traballadores e traballadoras do SLG a non convocar nin asistir a actos que supoñan xuntanzas de grupos máis ou menos amplos de persoas. Ademais, estase a estudar a posibilidade de poñer en marcha outras medidas como o teletraballo.

Finalmente, dende o SLG queremos aclarar que esta decisión supón un adiamento, pero nunca unha renuncia ás nosas demandas (bit.ly/decálogoSLG), cuxa reivindicación a través de accións e mobilizacións retomaremos en canto volvamos a unha situación de normalidade.