A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

  1. Portada>
  2. Novas

Novas

  1. Unha trintena de organizacións e plataformas tecen redes para defender a terra da depredación e o acaparamento

    Xornada Defensa Terra 10 de Febreiro do 2020 · 

    O Sindicato Labrego Galego celebrou, o 8 de febreiro, no local social da Liga Santaballesa (Santaballa, Vilalba), o primeiro Encontro Nacional para a Defensa da Terra, onde se citaron organizacións e colectivos que, dunha maneira ou outra, loitan contra o acaparamento de terras na Galiza.

  2. O SLG apoia a manifestación de SOS Sanidade Pública para rematar cuns recortes sanitarios que se ceban co rural

    SOS Sanidade Pública 6 de Febreiro do 2020 · 

    O Sindicato Labrego Galego apoia a manifestación convocada por SOS Sanidade Pública deste domingo, 9 de febreiro, en defensa do sistema sanitario público galego e dunha atención primaria digna. Os problemas da sanidade pública causados polos permanentes recortes agudízanse nos puntos de atención continuada das zonas rurais e, en especial, nos hospitais comarcais, que acusan aínda máis a falla de recursos materiais e humanos, o que se traduce nun deterioro dos servizos sanitarios e da saúde de usuarios e usuarias máis que preocupante en amplas zonas da Galiza rural.

  3. Unha vintena de colectivos reuniranse en Vilalba na Xornada Nacional en Defensa da Terra organizada polo SLG

    Xornada acaparamento de terras 5 de Febreiro do 2020 · 

    O Sindicato Labrego Galego organiza este sábado, 8 de febreiro, unha Xornada Nacional en Defensa da Terra, que terá lugar no local da Liga Santaballesa, na parroquia de Santaballa (Vilalba, Lugo). Con esta convocatoria, dende o SLG queremos tecer redes de ideas e accións con activistas e colectivos de toda Galiza e de diversos ámbitos para enfrontar un fenómeno, cada vez máis agresivo e crecente, como o do acaparamento de terras, que usurpa os predios en favor de actividades industriais e en detrimento da produción de alimentos e do uso e desfrute das comunidades rurais vinculadas ao territorio.

  4. 886 DÍAS BERRANDO “MINA NON”

    RdP Mina Touro 31 de Xaneiro do 2020 · 

    As organizacións e colectivos que temos loitado contra a apertura do megaproxecto de extracción de cobre nos concellos de Touro e O Pino convocamos aos medios de comunicación a unha rolda de prensa que se celebrou, o venres 31 de xaneiro, ás 11 da mañá, en Carril, na C.A.D. Gato Negro, para valorar as últimas novas relacionadas co proxecto promovido por Cobre San Rafael e analizar a situación actual e os pasos a dar.

  5. O SLG presenta ao Goberno un decálogo en defensa do rural, da produción de alimentos e da profesión labrega

    Tractor 10 28 de Xaneiro do 2020 · 

    O Sindicato Labrego Galego vén de elaborar un decálogo de medidas imprescindibles para revitalizar o medio rural e facer da agricultura e da produción de alimentos o seu principal motor económico. Esta mesma semana, o SLG fará chegar estas propostas aos grupos parlamentarios galegos con representación nas Cortes Xerais do Estado. O noso decálogo é o seguinte:

  6. O Concello eliminará a barreira que mantén inmobilizada a unha veciña de Abadín tras pasar o caso a mans da Fiscalía

    Obras na casa de Pilar 24 de Xaneiro do 2020 · 

    Tras seis anos de loita, Pilar Fernández, muller con mobilidade reducida que se veu enclaustrada por culpa dunhas obras do Concello de Abadín, viu por fin chegar os obreiros esta semana para eliminar a barreira arquitectónica que lle impedía saír da súa casa en O Coto (Abeledo). As obras levarán tan só tres días, o que indica que non foi precisamente a súa complexidade a que mantivo a Pilar nunha dependencia absoluta doutras persoas para poder entrar e saír do seu propio domicilio durante máis dun lustro. Que moveu ao alcalde, o popular José María López Rancaño, a ordenar o inicio das obras tras seis anos teimando en non facelas?

  7. Suplemento especial do IV Foro labrego de Agroecoloxía

    Suplemento Agroecoloxía 22 de Xaneiro do 2020 · 

    Como ben sabedes, no Fouce 329 publicamos un suplemento especial cun resume dos contidos do IV Foro Labrego de Agroecoloxía, celebrado no Convento Franciscano de Herbón os días 16 e 17 de novembro. Agora, vimos de publicar por separado ese suplemento, que podes descargar na icona que atoparás nesta páxina.

  8. O SLG desmárcase das organizacións agrarias estatais e defende a suba do Salario Mínimo Interprofesional no agro

    Sementeira de euros 21 de Xaneiro do 2020 · 

    O Sindicato Labrego Galego, diante da posición contraria á suba do salario mínimo interprofesional (SMI) das tres principais organizacións agrarias do Estado, quere manifestar o seu total desacordo con esa postura. Pola contra, o Sindicato Labrego apoia a suba do SMI de maneira rotunda, clara e inequívoca porque manter o salario mínimo no nivel actual supón legalizar a pobreza e a exclusión social e económica de miles de traballadores e traballadoras do agro.

  9. O SLG convoca un encontro nacional para articular a defensa contra o acaparamento de terras na Galiza

    Xornada acaparamento de terras 21 de Xaneiro do 2020 · 

    O vindeiro 8 de febreiro, o Sindicato Labrego Galego organiza unha xornada de encontro entre persoas e colectivos que están a loitar, dunha maneira ou outra, contra o acaparamento de terras. Eucaliptos, minaría, urbanización salvaxe, parques eólicos, privatización de montes comunais...  Galiza leva décadas sufrindo un proceso brutal de acaparamento de terras que socava a nosa soberanía alimentaria e nos condena a ser un dos territorios con menor superficie agraria da UE. Con esta convocatoria, dende o Sindicato Labrego Galego queremos tecer redes de ideas e accións para virar esta tendencia e facer que a nosa terra volva ser o sustento vital dos galegos e das galegas, e non un coto privado para a depredación de grandes empresas.

  10. O SLG pide a Mesa do Leite ante a conxelación dos prezos máis baixos do Estado na Galiza nun contexto de alza

    Sector Lácteo 20 de Xaneiro do 2020 · 

    O silencio e carencia total de iniciativas por parte da Consellaría de Medio Rural no sector lácteo fai que as industrias estean aproveitando o baleiro para extorsionar de novo ás granxas, obrigándoas a asinar contratos que conxelan os prezos nunha situación de alza xeneralizada. Ademais, os diversos indicadores subliñan que Galiza segue a ser a comunidade do Estado co prezo medio máis baixo (32,6 céntimos en novembro de 2019), a única que non supera os 33 céntimos, e moi lonxe da media española (34 céntimos) ou europea (35'31 céntimos).

  1. Estragos rata toupa

    O SLG alerta sobre ataques directos das ratas toupa ás granxas e pide a prohibición da caza do raposo na zona

    17 de Xaneiro do 2020 · 

    Os últimos informes elaborados sobre a incidencia da rata toupa que está a causar estragos na montaña lucense constatan que están afectadas máis de 1.600 hectáreas, pero a cifra real podería chegar ás 2.000 segundo técnicos consultados polo SLG. Aínda que, até agora, os principais danos están a ser causados en praderías, dende o Sindicato Labrego Galego acabamos de recibir denuncias de estragos directos en granxas de Pedrafita do Cebreiro, con contiosas perdas na herba ensilada e na colleita de remolacha das granxas.

  2. Marta

    A Mocidade do Sindicato Labrego Galego consolida as Xornadas de Granxas Abertas con dúas novas edicións

    16 de Xaneiro do 2020 · 

    Dende a publicación do último Fouce, a Mocidade do Sindicato Labrego Galego organizou dúas Xornadas de Granxas Abertas. A primeira delas foi no sur da bisbarra compostelá o 6 de novembro e estivo centrada en fincas hortícolas. En concreto, visitamos o proxecto Burbullas de Sol en San Mamede (Vedra), que rexentan Conchi e Miguel, producindo hortalizas e froita para vender directamente en mercados ou cestas. Un pouco máis ao sur, en Paradela (A Estrada), Óscar ensinounos as súas leiras e invernadoiros nos que produce para fornecer pequenos comercios da comarca.

  3. Burocracia

    "Vén ao rural, traballa as viñas, fai viño... e complícate a vida como nunca pensaches", por Bernardo Estévez Villar

    15 de Xaneiro do 2020 · 

    Alguén pode pensar que iso de facer viño, estar entre cepas, non ter horario que te controle (sempre estás traballando, máis control imposible) ser dono do teu, mola, mola moito. E se engadimos que vas ter a hostia de axudas, que dende a Administración ten van guiar, tutelar, formar e aconsellar para que o teu proxecto arrinque, se consolide e poidas quedar vivir na aldea; e, quen sabe, que teñas, se podes e queres, nenos e nenas, e vivas, non sobrevivas, no rural galego, entón mola que te cagas. Pois perdoa por estragar as túas ilusións, pero mellor non penses en todo iso. Mellor, oposita. Pero se, así e todo, teimas e decides pensar neste modo de vida, dálle unha volta ao que che vou contar.

  4. Fouce 329

    O Fouce 329 vén cun suplemento especial dedicado integramente ao IV Foro Labrego de Agroecoloxía

    14 de Xaneiro do 2020 · 

    Esta semana imprimimos o novo Fouce 329, correspondente ao último bimestre do ano, e no que poderás atopar, entre outros contidos, un caderno central sobre IV Foro Labrego de Agroecoloxía, a testemuña de como a Administración afoga as pequenas adegas nunha lameira burocrática de obrigas e papelame, unha ampla reportaxe na que damos voz a homes e mulleres de Touro que denuncian como impacta nas súas vidas a actividade mineira e industrial ou o resume das dúas últimas Xornadas de Granxas Abertas. Nos vindeiros días, iremos debullando contidos nas redes sociais. Se non queres agardar, daquela podes descargar o teu exemplar na icona que atoparás no remate desta páxina.

  5. Premio Erimsa

    O SLG agarda que a Xunta non utilice os premios a Erimsa como escusa para autorizar novos proxectos extractivos

    4 de Decembro do 2019 · 

    Esta semana coñecemos a nova de que a empresa mineira Erimsa recibiu en Bruxelas un Premio de Desenvolvemento Sostible entregado pola Asociación Europea de Áridos (UEPG) polas “súas boas prácticas medioambientais na comarca de Ordes”. En outubro do ano pasado, recollía un galardón semellante de mans do mesmísimo presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, no marco do V Congreso Estatal de Áridos, que se celebrou en Compostela.

  6. 25N La Vía Campesina

    La Vía Campesina chama hoxe a unha xornada mundial de loita pola elimintación da violencia contra as Mulleres

    25 de Novembro do 2019 · 

    Do 25 ao 30 de novembro de 2019, La Vía Campesina e, na Galiza, o Sindicato Labrego Galego, chama á Xornada mundial de loita pola eliminación da violencia contra as mulleres. Como cada ano, facemos esta convocatoria para seguir loitando por sociedades conscientes e ceibes, sen explotación dos seres humanos e da natureza. Asemade, denunciamos o sistema capitalista, heteropatriarcal, racista e colonizador, que explota, oprime e atenta contra a vida das mulleres e da humanidade.

  7. HULA

    O SLG denuncia deficiencias nos servizos de rehabilitación do HULA que prexudican especialmente a montaña lucense

    15 de Novembro do 2019 · 

    O Sindicato Labrego Galego está a recibir numerosas queixas de afiliados e afiliadas por mor das deficiencias do servizo de rehabilitación que ofrece o Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA), especialmente por parte de persoas que viven na montaña lucense.

  8. Presentación IV Foro

    O IV Foro Labrego de Agroecoloxía abordará os retos da emerxencia climática para a agricultura

    14 de Novembro do 2019 · 

    O Sindicato Labrego Galego volve colaborar na organización do Foro Labrego de Agrecoloxía, un evento que chega á súa cuarta edición en 2019 e que, desta vez, escolleu o Convento Franciscano de Herbón (Padrón) para desenvolver o seu programa os días 16 e 17 de novembro. Nesta ocasión, tal e como adianta o xogo de palabras que dá título ao Foro -”Soberanía climática, emerxencia alimentaria”-, as diversas palestras e obradoiros virarán ao redor dunha cuestión candente como a crise por emerxencia climática.Como en edicións pasadas, o Foro está organizado pola Asociación Herbamoura e ten o financiamento da Deputación da Coruña.

  9. A Carqueixa

    Cooperativa A Carqueixa: Feireando por Internet

    12 de Novembro do 2019 · 

    A Asociación de Produtores de Carne de Montaña (Aprocam), coa colaboración do Sindicato Labrego Galego, desenvolveu un curso sobre comercialización de produtos cárnicos en Chantada ao longo do mes de outubro. Unha das partes máis interesantes destas aulas foi a saída de campo que se fixo a Cervantes, para coñecer de primeira man a experiencia da Cooperativa A Carqueixa, que dende hai medio ano puxo en marcha un anovador sistema de venda online que lles permite chegar co seu produto a calquera punto da Península Ibérica.

  10. Portada 328

    A incompetencia da Consellaría de Medio Rural, protagonista na portada do Fouce 328

    11 de Novembro do 2019 · 

    Xa estamos repartindo o Fouce328 polas parroquias de Galiza. Neste número traemos denuncias potentes, como a desastrosa xestión da Consellaría de Medio Rural que deixou sen executar ao redor de 130 millóns de euros na “lexislatura do rural” ou o proceso xudicial que se está a xestar en todo o Estado contra o cártel de industrias lácteas que foron multadas por pactar prezos. Ademais, damos conta en informacións e reportaxes da actividade da Cooperativa A Carqueixa, das palestras do Festival Son Labreg@, da intensa actividade formativa do SLG, da vendima das Xornadas Intervegas ou da manifestación da plataforma “Por un monte galego con futuro”, entre outras. Xa podedes descargar o voso exemplar na icona que atoparedes no remate desta páxina.

Arquivo