A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

  1. Portada>
  2. Novas

Novas

  1. Xulio Rodríguez

    Xulio Rodríguez Bermúdez: “Unímonos para mellorar a calidade de vida e poder vivir deste oficio”

    6 de Xullo do 2018 · 

    Hai uns quince anos, entrevistabamos a un mozo Xulio Rodríguez (bit.ly/Xulio2003) que xa levaba dez anos de carreira profesional na explotación hortícola familiar, no barrio de San Pedro da Torre (Mondoñedo). Dende aquela, moito choveu, e na súa traxectoria viu de todo: dende a tentativa de crear un selo de calidade propio para a horta galega á constitución da SAT Labregos de Lugo, que é todo un exemplo de que, en temas como a comercialización, a unión fai a forza.

  2. Persoas xubiladas

    O Sindicato Labrego Galego convoca unha asemblea este sábado para crear a Secretaría das Persoas Xubiladas

    5 de Xullo do 2018 · 

    O Sindicato Labrego Galego celebrará en Lugo, este sábado 7 de xullo, unha asemblea á que acudirá unha representación da súa afiliación xubilada que, a pesares de terse retirado no plano laboral, aínda ten azos e ilusión para seguir traballando nas loitas nas que o Sindicato Labrego Galego está implicado.

  3. Fouce 320

    A multitudinaria manifestación contra a mina de Touro O Pino na portada do Fouce 320, xa dispoñible na nosa web

    5 de Xullo do 2018 · 

    A multitudinaria manifestación que asolagou as rúas de Compostela contra a mina de Touro e O Pino ocupa o centro da portada do Fouce 320, que vén de saír do prelo e enviarase ás parroquias galegas ao longo da vindeira semana. Ademais, tratamos outros temas como o do parque eólico de Pobra, os debates ao redor da reforma da PAC, a campaña contra o PXOM de Curtis ou a denuncia das irregularidades de Erimsa.

  4. Dereitos labregos ONU

    O Parlamento Europeo esixe que os estados membros da UE voten a favor da Declaración dos Dereitos Labregos

    5 de Xullo do 2018 · 

    Esta mesma semana, o 3 de xullo, o Parlamento Europeo (PE) adoptou unha resolución importante sobre as violacións de dereitos, incluído o acaparamento de terras, que sofren os pobos indíxenas de todo o mundo. Esta resolución inclúe unha importante recomendación aos estados membros da UE para que adopten a Declaración sobre os Dereitos Labregos que se negociou nos últimos anos no Consello de Dereitos Humanos da ONU, e que se volverá reunir en setembro.

  5. Concentración louseira Mondoñedo

    O Sindicato Labrego apoia a concentración deste sábado das persoas afectadas polas louseiras en Mondoñedo

    29 de Xuño do 2018 · 

    O Sindicato Labrego Galego apoiará a concentración que se convocou para este sábado, 30 de xuño, ás 12:00 na praza do Concello de Mondoñedo, en solidariedade coas persoas afectadas pola actividade da Louseira Veira do Río (PIVERI SL), nomeadamente os traballadores e traballadoras da empresa que non cobran e a Asociación de Afectadas polas Louseiras de Santa María Maior e Lindín. A maiores, dende o SLG faremos un chamamento á nosa afiliación para que apoie a protesta.

  6. Mina lavacolla

    A mina de Touro-O Pino-Compostela recibirá con explosivos e maquinaria pesada os 3 millóns de persoas que entran cada ano por Lavacolla e o Camiño Francés

    8 de Xuño do 2018 · 

    O Sindicato Labrego Galego fai un chamamento á sociedade galega para que se mobilice contra o proxecto mineiro de Atalaya Mining en Touro polas graves consecuencias que tería para unha bisbarra con grande riqueza agrogandeira, para os recursos marisqueiros e pesqueiros da Ría de Arousa, e para a capital de Galiza e un das súas principais fontes de riqueza cultural e económica: o turismo e o Camiño de Santiago.

  7. Fouce 319

    Xa podedes descargar a versión dixital do Fouce 319

    30 de Maio do 2018 · 

    Hai un mes que publicamos a edición impresa do Fouce 319. Dende aquela, fomos publicando algúns contidos inéditos como a entrevista á viticultora Laura Lorenzo, a crónica da viaxe da mocidade labrega a Euskadi, o informe da Dirección de Horta sobre o ano 2017 ou a axenda de traballo da Dirección da Carne. Ademais, ocupan a portada as actividades e mobilizacións desenvolvidas pola Secretaría das Mulleres nun mes de marzo que será difícil esquecer. Agora, xa podes descargar o Fouce 319 íntegro en versión dixital en bit.ly/Fouce319

  8. María Ferreiro en Curtis

    O SLG presenta medio cento de alegacións contra o cambio do PXOM de Curtis apoiadas por familias labregas afectadas

    29 de Maio do 2018 · 

    A coordinadora do Sindicato Labrego Galego en Curtis, María Ferreiro, vén de rexistrar medio cento de sinaturas (en total 42), que representan outras tantas familias labregas, apoiando as alegacións contra os cambios no Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) que pretende levar adiante o goberno curtense, e que deixarían desprotexido o solo agrario e forestal.

  9. Vacas en parque eólico

    O SLG alega contra o parque eólico de Ordes por usurpar máis de 6.000 hectáreas ás granxas da bisbarra

    28 de Maio do 2018 · 

    O Sindicato Labrego Galego vén de rexistrar, diante do Ministerio de Agricultura, un extenso documento de alegacións contra o parque eólico de Pobra, que afecta 6.670 hectáreas dos termos municipais de Mesía, fundamentalmente e, en menor medida, de Oza-Cesuras e Abegondo.

  10. Mapa couza Galiza

    A praga da couza guatemalteca váiselle das mans a Medio Rural, chega a Muxía e ameaza a produción de Bergantiños

    23 de Maio do 2018 · 

    O 26 de marzo, o DOG publicaba unha resolución pola que se declaraba o Concello de Muxía como zona infestada pola couza guatemalteca, praga que afecta aos cultivos de pataca. Iso implica que en Muxía se implantarán as medidas que se aplicaron en 31 concellos da Mariña e Ferrolterra, entre as que se inclúen a prohibición de botar pataca e de comercializala. A maiores de Muxía, os concellos limítrofes terán que adoptar restricións e obrigas no cultivo da pataca como concellos tampón, ademais de informar á Xunta á hora de plantar.

  1. Anterior
  2. 1
  3. 2
  4. 3
  5. 4
  6. 5
  7. 6
  8. Seguinte

Arquivo