A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

  1. Portada>
  2. Novas

Novas

  1. Non á mina Suído

    O SLG agarda que a Xunta declare a caducidade definitiva do proxecto mineiro Alberta na Serra do Suído

    31 de Marzo do 2021 · 

    O pasado 13 de marzo, medio cento de persoas concentrábanse na Portela da Cruz, na raia que divide os concellos de Beariz (Ourense) e A Lama (Pontevedra), para reclamar a caducidade do dereito mineiro Alberta I convocadas pola Plataforma SOS Suído-Seixo.

  2. Reparto Xusto Next Generation

    A Xunta nega información sobre os proxectos e empresas que optan aos fondos europeos de recuperación

    29 de Marzo do 2021 · 

    O pasado xoves o Consello da Xunta aprobou a proposta do goberno galego de proxectos para optar aos Fondos Europeos de Reconstrución Next Generation, que a nivel comunitario pretenden mobilizar até 750.000 millóns de euros para dar unha resposta á crise xerada pola COVID-19. O presidente Alberto Núñez Feijoó anunciou até 354 proxectos por un montante cercano aos 20.000 millóns de euros, mais sen dar absolutamente ningún detalle nin información sobre cales son os proxectos, que empresas hai detrás, que mecanismo se utilizou para escollelos e como se van repartir.

  3. Parque eólico

    Dispoñíbel o modelo de alegación contra o parque eólico de Troitomil que afecta os concellos de A Baña e Negreira

    24 de Marzo do 2021 · 

    Seguimos tentando conter a avalancha de proxectos eólicos cos que queren acaparar a práctica totalidade dos nosos montes unhas poucas empresas amparadas polas políticas da Xunta de Galiza. Compartimos con vós o modelo de alegación contra o Parque Eólico de Troitomil (A Baña e Negreira), cuxo prazo remata o 7 de abril. Podes descargar o modelo premendo na icona que atoparás a continuación:

  4. Parque eólico

    Dispoñíbel o modelo de alegación contra o parque eólico de Gato que afecta aos concellos de Aranga e Oza-Cesuras

    24 de Marzo do 2021 · 

    Seguimos tentando conter a avalancha de proxectos eólicos cos que queren acaparar a práctica totalidade dos nosos montes unhas poucas empresas amparadas polas políticas da Xunta de Galiza. Compartimos con vós o modelo de alegación contra o Parque Eólico de Gato (Aranga e Oza-Cesuras), cuxo prazo de presentación remata o 14 de abril. Podes descargar o modelo premendo na icona que atoparás a continuación:

  5. Sentenza

    A Xustiza falla contra a tributación inxusta aos dereitos de pago único tralas reclamacións do SLG

    19 de Marzo do 2021 · 

    O pasado 17 de marzo, tivemos noticia das primeiras resolucións do Tribunal Económico-Administrativo Rexional de Galiza que estiman as reclamacións interpostas contra as liquidacións de IRPF que fixera a Axencia Tributaria polas transmisións de dereitos de pago único entre cónxuxes casados en réxime de gananciais.

  6. Por un monte galego con futuro

    Convocadas 22 accións en demanda da paralización do Plan Forestal e "Por un Monte Galego con Futuro"

    17 de Marzo do 2021 · 

    A Plataforma Por un Monte Galego con Futuro, da que o SLG fai parte, convoca para o vindeiro domingo, día 21 de marzo, ás 12:00 horas (agás en Ourense, que é ás 11:00), unha acción descentralizada en demanda da paralización do Plan Forestal imposto polo PP; da adopción de medidas específicas, a través dun regulamento, para aplicar de maneira efectiva a anunciada moratoria do eucalipto, impedindo novas plantacións mediante o reforzamento das medidas de control e vixilancia e en defensa dun monte con futuro.

  7. Eucalipto

    O SLG alerta do incremento na plantación de eucaliptos para eludir a moratoria anunciada por Medio Rural

    16 de Marzo do 2021 · 

    O Sindicato Labrego Galego vén de rexistrar un escrito dirixido á Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal advertíndolle do efecto chamada que provocou o anuncio de impoñer unha moratoria na plantación de eucaliptos na Galiza. Se ben estamos de acordo coa moratoria, pensamos tamén que esta debe establecerse de maneira inmediata, cun regulamento concreto e claro para o seu desenvolvemento, e con suficientes recursos para garantir o seu cumprimento pois, do contrario, e contra máis se agarde, podería provocar un resultado oposto ao pretendido, isto é: Que aumente aínda máis a superficie de eucalipto.

  8. Varilongo

    A contaminación polas verteduras da mina de Varilongo supera 325 veces os limiares permitidos

    15 de Marzo do 2021 · 

    Os colectivos que formamos parte de ContraMINAcción vimos de alertar sobre os resultados das analíticas das verteduras da mina de Varilongo, en Santa Comba, que evidencian altas concentracións de cadmio, cobre e cinc, superando varias veces os máximos legais permitidos. Dende ContraMINAcción denunciamos que estas drenaxes de mina con altas concentracións de metais pesados, algúns cancerixenos como o cadmio, contaminan o río Xallas a través dos regos dos Lagos e da Braña Ancha

  9. Feijoo en Martin Códax

    Quince adegas e empresas acaparan o 50% das axudas vitivinícolas convocadas pola Xunta en 2020

    9 de Marzo do 2021 · 

    As diversas axudas que convoca a Xunta para apoiar o sector do viño redundaron nos favoritismos de pasadas edicións, redundando con miles de euros públicos nas arcas dunhas poucas e afortunadas adegas que, pasaeniño, van acaparando máis capital e máis hectáreas de viñedos, decotío para potentes grupos empresariais cuxa matriz se atopa en denominacións de orixe non galegas como a Rioxa. Sen sorpresas, a cooperativa Martín Códax e a DO Rías Baixas volveron ser o burato negro que zuga a maior parte das súbvencións vitivinícolas galegas.

  10. 8M Labregas

    As labregas afrontamos en folga o 8 de marzo constatando o empeoramento da igualdade no agro e no rural

    8 de Marzo do 2021 · 

    Este 8 de marzo de 2021, a labregas do SLG tamén apoiaremos a folga feminista. Hai un ano da última folga de mulleres e para as labregas, en cuestión de igualdade, a situación segue indo a peor. Seguimos sendo ese factor invisible que sostén o mundo rural co noso traballo nas granxas, cos nosos coidados ás persoas maiores e á rapazada. Porén, a maioría de nós segue sen ver recoñecida esta contribución á hora de adquirir algún tipo de compensación ou dereito como a maioría das traballadoras:

  1. Anterior
  2. 1
  3. 2
  4. 3
  5. 4
  6. 5
  7. 6
  8. Seguinte

Arquivo