A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

Agroecoloxía

  1. Foro Labrego de Agroecoloxía

    Un cento de persoas dialogan sobre a agroecoloxía como alternativa viable e necesaria á agricultura industrial

    5 de Decembro do 2016 · 

    Ao longo da xornada do domingo, 4 de decembro, estivo desenvolvéndose o primeiro Foro Labrego de Agroecoloxía nas instalacións do antigo matadoiro de Betanzos. Alí, un cento de persoas, por riba do aforo previsto inicialmente, debateron, compartiron e dialogaron ao redor da alternativa ao actual sistema agrícola industrial que é a agroecoloxía.

  2. Foro Agroecoloxía

    Betanzos acollerá este domingo un foro para analizar a enorme potencialidade da agroecoloxía na Galiza

    29 de Novembro do 2016 · 

    A vila de Betanzos acollerá este domingo, 4 de decembro, o primeiro Foro Labrego de Agroecoloxía, un evento que nace coa pretensión de converterse nun espazo de encontro para todas as persoas, colectivos e organizacións que apostan por unha produción de alimentos ecolóxica que vaia máis alá dos simples métodos de cultivo e sexa, entre moitas outras cousas, un factor activo de xeración de emprego, de sostibilidade ambiental, de saúde e de xustiza laboral. 

  3. Mercado de San Agustín

    A Coruña xa conta cun mercado de alimentos labregos e ecolóxicos na praza de abastos de San Agustín

    2 de Decembro do 2015 · 

    O mercado de alimentos labregos da praza de abastos de San Agustín, na Coruña, inaugurouse onte, 2 de decembro, cun total de oito postos de venda nos que se podía atopar dende hortalizas frescas de tempada até produtos elaborados como empanadas, marmeladas ou conservas, todos cun denominador común: ser ecolóxicos e de proximidade, coa excepción neste último requisito para aqueles alimentos que non se producen nestas latitudes, como o cacao, café ou azucre.

  4. Caderno 7 Vía Campesina

    A Vía Campesina publica un caderno formativo con dez experiencias ao redor da agroecoloxía en catro continentes

    10 de Novembro do 2015 · 

    A Vía Campesina vén de presentar o seu sétimo caderno de estudos baixo o título “Agroecoloxía labrega para a soberanía alimentaria da Nai Terra, experiencias da Vía Campesina”. Trátase dun traballo froito da construción colectiva das diversas organizacións que formamos parte da Vía Campesina en continentes como África, America, Europa ou Asia.

  5. Elia

    A vocal do SLG no Craega, Elia Rodríguez, intervén como experta na Comisión de Agricultura e Desenvolvemento Rural do Parlamento Europeo invitada por AGE

    4 de Decembro do 2014 · 

    Co obxectivo de discutir varios aspectos do proxecto de novo regulamento relativo á produción ecolóxica e etiquetaxe de produtos ecolóxicos da Comisión Europea, a Comisión de Agricultura e Desenvolvemento Rural do Parlamento Europeo realizou, o 3 de decembro, unha audiencia pública baixo o título "O regulamento relativo á produción ecolóxica e etiquetaxe dos produtos ecolóxicos". Alí estivo Elia Rodríguez Vázquez, labrega da Mariña que é vocal no Consello de Agricultura Ecolóxica de Galiza (Craega). Elia foi invitada pola agora eurodeputada de Alternativa Galega de Esquerda en Europa (AGEe), Lídia Senra; quen, na súa responsabilidade como Coordinadora do GUE/NGL para a Comisión de Agricultura, apostou por ela como experta con máis de vinte anos de experiencia na produción ecolóxica de Galiza.

  6. Debates

    Fin de semana de diáologos e debates para mellorar o achegamento dos alimentos labregos á cidadanía

    30 de Septembro do 2014 · 

    O Sindicato Labrego Galego inaugurou, o 26 de setembro, un seminario europeo no que se analizou, até o 29 de setembro, de que xeito se poden facer máis accesibles os alimentos que producen os labregos e labregas á cidadanía. Foi un evento no que participaron máis de medio cento de representantes de organizacións agrarias e de consumo de diversa procedencia como Austria, Alemaña, Holanda, Reino Unido, Francia, Noruega, Italia, Euskalherria ou Andalucía.

  7. Rainha Lupa

    Quilmas acolle este sábado a terceira edición do seu mercado ecolóxico pola defensa da terra

    28 de Septembro do 2011 · 

    O sábado, 1 de outubro, a parroquia de Quilmas (Carnota) celebrará a terceira edición do mercado ecolóxico “Pola defensa da terra”, onde se poderán atopar todo tipo de produtos das explotacións labregas e obradoiros artesáns da zona: hortalizas e froitas de tempada, conservas, fermentados, mel, cerámica, cestería ou cosméticos naturais serán ofrecidos directamente polos homes e mulleres que os produciron, sen intermediarios, a quen asista a este evento. O mercado está organizado pola Cooperativa de Agricultura Ecolóxica Rainha Lupa, e colabora, entre outras organizacións, o Sindicato Labrego Galego.

  8. Plataforma Galega Antitransxénicos

    A Plataforma Galega Antitransxénicos urxe á Xunta para que se posicione politicamente diante dos Organismos Xeneticamente Modificados

    19 de Novembro do 2010 · 

    Charo Sánchez Parga, Analía Moares e Adolfo Naia, en representación da Plataforma Galega Antitransxénicos (PGA), mantiveron, o pasado 17 de novembro, un encontro coa subdirectora xeral de Apoio ás Explotacións Agrarias, Patricia Ulloa, e o xefe do servizo de Sanidade e Produción Vexetal, Ramón Lamelo.

  9. logo PGA

    Xutanza da PGA cos grupos parlamentares do PSdG e BNG

    22 de Septembro do 2010 · 

     

    Na mañá de hoxe Charo Sánchez (SLG) e Adolfo Naia (CIG-Servizos), acudiron coma voceiros da Plataforma Galega Antitransxénicos (PGA) ás xuntanzas concertadas co Partido Socialista de Galicia e Bloque Nacionalista Galego dentro da xeira de reunións cos grupos parlamentares establecida pola Plataforma para o presente mes de setembro.

  10. rebrotes de millo o 150910

    Irregularidades na experimentación a ceo aberto con transxénicos na Galiza

    17 de Septembro do 2010 · 

    A denuncia da falta de control e seguimento sobre a experimentación con organismos xeneticamente modificados (OXM) na localidade de Mesía (A Coruña) revelou hoxe os fortes intentos de ocultar as irregularidades que arrodean a experimentación transxénica.

Arquivo