A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

  1. Portada>
  2. Novas>
  3. Agricultura>
  4. O sector viticultor fixa os custes de produción entre 1,10 e 1,25 euros para o quilo de uva en Rías Baixas

O sector viticultor fixa os custes de produción entre 1,10 e 1,25 euros para o quilo de uva en Rías Baixas

6 de Outubro do 2014

Mesa do viño 2012

As organizacións agrarias Sindicato Labrego Galego, Xóvenes Agricultores e Unións Agrarias, acordaron na mesa de traballo conxunta fixar os custes de produción nas explotacións da denominación de orixe Rías Baixas nunha franxa que vai de 1.10 euros a 1.25 euros por quilo de uva, dependendo da morfoloxía da explotación, as amortizacións ou o modelo de traballo.

Con este acordo se dá resposta á proposta acordada nunha reunión co secretario xeral de Agricultura, Tomás Fernández Couto, a pasada semana para evitar que os produtores e produtoras teñan que vender a perdas a súa produción.

No citado encontro, o representante da Xunta manifestou o seu compromiso de facer o que non fixeron este ano e traballar polo sector, establecendo dende principios de 2015 un marco regular de traballo con tódolos axentes da denominación de orixe Rías Baixas que permita definir o futuro que debe seguir este sector tan importante nestas comarcas e, ao mesmo tempo, o compromiso de definir un estudo de custes de produción pormenorizado que sexa referente para a totalidade da cadea alimentaria.

Tal e como se acordou no encontro entre os produtores, as adegas e o representante da Consellería de Medio Rural, é imprescindible a aplicación da normativa que establece a Lei da Cadea Alimentaria en tanto que impide a venta de uva sen contrato homologado, algo que neste momento dista moito ser unha realidade para os viticultores de Rías Baixas. Desde as organizacións agrarias lémbrase que a viabilidade do modelo de produción na denominación de orixe depende totalmente da estabilidade económica das explotacións e das garantías xurídicas que protexan a comercialización da produción. A imaxe e o posicionamento da D.O. débese ao bo traballo conxunto de todos eles na cadea. Unha cadea que debe representar ao equilibro na rendibilidade tanto para as adegas como para os viticultores e nas garantías de cobro da produción.

Mesa do Viño en Rías Baixas