A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

  1. Portada>
  2. Novas>
  3. Agricultura>
  4. O Índice de Prezos entre Orixe e Destino denuncia marxes superiores ao 1.000% en alimentos como a pataca

O Índice de Prezos entre Orixe e Destino denuncia marxes superiores ao 1.000% en alimentos como a pataca

9 de Abril do 2015

Almacén pataca

O Ministerio de Agricultura vén de presentar o Observatorio da Cadea Alimentaria, seica para velar nas transaccións comerciais dende que un produto sae da granxa en orixe até que chega a mans do consumidor ou consumidora final. Dende o Sindicato Labrego Galego, compartimos con vós o último Índice de Prezos de Orixe e Destino (IPOD), correspondente ao mes de marzo, elaborado pola COAG e dúas organizacións de consumo (UCE e CEACCU), e que conta coa colaboración do Sindicato Labrego Galego.

En varios alimentos como a pataca, as mazás ou as mandarinas, as marxes comerciais entre orixe e destino roldan o 1.000%. Os almacenistas da Limia están a pagar as patacas a 6 céntimos o quilo aos produtores e produtoras, sen ir máis lonxe. Levamos décadas denunciando estas relacións comerciais abusivas e escandalosas que están a converter a profesión agrícola nun oficio ruinoso. Benvido sexa o Observatorio da Cadea Alimentaria, mais se o Ministerio pretende facer entrar en razón aos intermediarios co seu Código de Boas Prácticas Mercantís, de carácter voluntario, imos aviad@s.

IPOD marzo 2015