A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

  1. Portada>
  2. Novas>
  3. Agricultura>
  4. O SLG pide a Medio Rural a declaración da Limia como zona de emerxencia polos asolagamentos de primavera

O SLG pide a Medio Rural a declaración da Limia como zona de emerxencia polos asolagamentos de primavera

22 de Xuño do 2016

Asolagamento Limia

As choivas desta primavera na Limia botaron a perder máis do 20% da colleita de millo e pataca e máis do 50% do cereal de inverno. A gravidade dos danos en concellos como Xinzo, Sandiás, Sarreaus, Porqueira, Vilar de Santos, Vilar de Barrio, Trasmiras ou Rairiz; e o impacto sobre as principais actividades económicas destes lugares; fai que sexa preciso valorar a declaración de zona de emerxencia e desenvolver un programa de actuación que mitigue os danos.

Así llo explicamos á directora xeral de Gandaría e Agricultura da Xunta, Belén Docampo, na xuntanza mantida con ela o 14 de xuño. Dende o SLG, tamén lle pedimos que se poña en marcha unha liña de apoios específicos para as explotacións afectadas: axudas directas compensatorias, subvencións para o refinanciamento, traballo para conseguir bonificacións como reducións nas cotas da Seguridade Social, bonificacións fiscais, etcétera.

Desta vez, fixémoslle ver a Docampo, do mesmo xeito que fixemos coas súas antecesoras, que os seguros agrarios non se adaptan ás necesidades de moitas das producións galegas, polo que é moi importante facer un diagnóstico de cales son as principais eivas destes programas de cobertura para conseguir un sistema máis eficaz.

Asolagamento Limia