A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

Agricultura: 2005

  1. Urximos á CMR a actuar fronte á praga de vermes que leva meses afectando pradeiras e cultivos

    PragaVermes 23 de Outubro do 2023 · 

    Cómpre un seguimento por parte das Oficinas Agrarias Comarcais, información e axudas económicas para as granxas. Condenamos a inacción da CMR, ausente unha vez máis ante unha nova praga que está a ameazar as producións de alimentos

  2. Destacamos a importancia de solicitar a axuda para venda directa habilitada dentro da PAC grazas ao SLG

    vendadirecta 5 de Xuño do 2023 · 

    A instancias do SLG, a CMR admitiu a agroambiental de economía circular, malia que con menor importe do que solicitabamos. Detectamos que a información non está chegando ás labregas/os. Cómpre incrementar as solicitudes para mellorar esta axuda

  3. Sen solucións para a perda de axudas de ecolóxico no ano 2022

    Reunión Isabel Vilalba, Santiago Cid con Balseiros 14 de Decembro do 2022 · 

     O Sindicato Labrego esixe ao Director Xeral de Agricultura subsanar a exclusión de 250 granxas das axudas do CRAEGA. A SAU galega inscrita actualmente no CRAEGA é só do 5,15%, moi lonxe do obxectivo do 25% estipulado pola UE para o 2030. Demandamos a activación dunha liña específica de traballo co sector da horta, esencial para fornecer alimentos de proximidade.

  4. Requirimos xuntanza urxente coa CMR ante a mensaxe de socorro do sector vexetal

    Imaxe Seca 15 de Septembro do 2022 · 

    Un mes despois de solicitar xuntanza co conselleiro José González Vázquez, o SLG non recibiu ningunha resposta. A alza de custos e seca dificultaron a produción de flor e plantacións de verán, comprometendo tamén os froitos do outono-inverno. 

  5. Solicitamos xuntanza ca CMR para instar a activar medidas para paliar a seca e a suba de custos nos sectores vexetais

    pemento_seca120822 12 de Agosto do 2022 · 

    Denunciamos a neglixencia da Xunta de Galicia ao non planificar prioridades no uso da auga para producir alimentos. Alza de custos e seca dificultan a produción de flor e plantacións de verán, comprometendo tamén os froitos do outono-inverno

  6. Alerta polo acaparamento de viñedos de DO´s e IXP´s por grandes empresas de fóra da Galiza

    congresovinho110822 11 de Agosto do 2022 · 

    O Sindicato Labrego celebrou hoxe o Congreso do Sector do Viño en Ribadavia, onde se deron cita produtoras/es de toda Galiza. A moda do enoturismo e a conivencia da Xunta cos intereses de grandes empresas do sector encareceu o prezo das terras

  7. EXPLOTA-SCORE: A denuncia dos abusos de SUREXPORT chega aos supermercados

    SurexportCarriño 20 de Septembro do 2021 · 

    No marco da campaña de denuncia da metodoloxía neoescravista practicada pola multinacional onubense SUREXPORT instalada na Terra Chá, levamos agora ás superficies comerciais a campaña de denuncia a pé de rúa iniciada o pasado 18 de agosto.

  8. Esiximos o inmediato esclarecemento das circunstancias do falecemento dun traballador de SUREXPORT na Terra Chá

    surexportarquivo2 24 de Agosto do 2021 · 

    O pasado venres 20 de agosto faleceu na Terra Chá un traballador de Surexport de 27 anos. Xa pasaron varios días deste gravísimo suceso, e nin dende a empresa nin dende a Consellaría de Emprego e Igualdade, Inspección ou Ministerio de Traballo se está a proporcionar información que esclareza o acontecido.

     


  9. Denunciamos a explotación laboral e o espolio de recursos naturais da agroindustria SUREXPORT na Terra Chá

    surexpor180821 18 de Agosto do 2021 · 

    Organizacións galegas articulamos unha fronte común aberta para denunciar a explotación laboral e a destrucción medioambiental da empresa onubense EUROEXPORT na Terra Chá. Iniciamos mobilizacións repartindo información na feira de Castro Ribeiras de Lea e concentrándonos diante da sede desta agroindustria no Polígono de Castro.

  10. Contra a explotación e o espolio agroindustrial. SUREXPORT FÓRA DA GALIZA!

    surexport1 17 de Agosto do 2021 · 

    Dende mediados do pasado mes de xullo diversas organizacións galegas vimos articulando unha fronte común para denunciar as graves prácticas que a empresa SUREXPORT está a levar a cabo na Terra Chá. O mércores 18 de agosto iniciamos campaña de mobilizacións a pé de rúa para denunciar os abusos desta agroindustria.

  11. O desleixo dos Ministerios de Interior e Transición Ecolóxica deriva en multas contra as agricultoras/es da Limia

    Comarca da Limia 31 de Xullo do 2021 · 

    Agricultoras e agricultores da comarca da Limia están a ser obxecto de multas por parte do Seprona por regaren os seus cultivos con auga do pozo. Instamos aos Ministerios de Interior e de Transición Ecolóxica a establecer os acordos precisos para cumprir co compromiso de abastecemento de rego, contraído pola Administración hai xa máis de tres décadas.

  12. O SLG esixe á Xunta investigar e actuar diante dos indicios de abusos nos campos da Surexport

    Surexport 17 de Xullo do 2021 · 

    O relato recolle un ambiente en que "as ameazas de calquera tipo eran constantes" e dirixidas, especialmente, ás persoas migrantes. "Fomentan unha competitividade extrema" coa ameaza do despedimento "se non recolles cantidades desorbitadas de arando en xornadas de 12 horas". Partindo dun contrato de 39 horas, a empresa presiona para facer horas extras que poden chegar a igualar as horas ordinarias dunha xornada e que, porén, son pagadas "a seis euros, cando o estipulado é a doce euros".

  13. O SLG reclama inventario urxente dos danos causados pola sarabia na Ribeira Sacra e axudas para paliar as perdas

    Sarabiada 17 de Xuño do 2021 · 

    O Sindicato Labrego Galego reclama da Consellaría de Medio Rural que, con carácter de urxencia, realice unha avaliación dos danos sufridos pola sarabiada de onte, 16 de xuño, no concello de Chantada, que arrasaron unha das principais zonas produtoras de uva da denominación de orixe Ribeira Sacra, especialmente a parroquia de San Fiz e outras veciñas como Sabadelle, Belesar, San Vitorio ou Pesqueiras, nas subzonas de Chantada e Ribeiras de Miño; e que poña en marcha unha liña de axudas para paliar os danos e as perdas sufridas.

  1. Cristina Rocha

    Entrevista con Cristina Rocha, horticultora ecolóxica e membro da Dirección Nacional do SLG

    20 de Decembro do 2005 · 

    "Elixín a produción ecolóxica por respecto á terra, ao medio ambiente, e á saúde"

  2. Francisco Alonso

    Entrevista con Francisco Alonso Fernández, membro da Dirección Nacional do SLG

    20 de Novembro do 2005 · 

    "Temos a esperanza de acadar un contrato homologado nas vindeiras reunións do viño"

  3. Xosé Manuel González Vilas

    Entrevista con Xosé Manuel González Vilas, responsábel sindical dos sectores agrarios do SLG

    21 de Agosto do 2005 · 

    "A tarefa case heróica da xente que apostou polo viño deulle dinamismo ao sector"

  4. Xesús Verao

    Entrevista con Xesús Verao, viticultor, adegueiro e vocal da Denominación de Orixe Ribeira Sacra

    21 de Agosto do 2005 · 

    "Ribeira Sacra está no intre de consolidarse se continúa traballando con mesmo rigor"

  5. Francisco Pérez Diéguez (Xico)

    Entrevista con Francisco Pérez Diéguez, viticultor e adegueiro da Denominación de Orixe Monterrei

    21 de Xullo do 2005 · 

    "En Monterrei, temos unha das mellores calidades de Galiza en viños tintos"