Como é sabido, no sector agrario os traballos nas explotacións teñen unhas características propias moi diferenciadas das do resto dos sectores, sendo as máis importantes: a gran dependencia da estacionalidade, o que provoca que o ritmo de traballo sexa esixente; dominio de labores que requiren esforzo físico e repetitivas e sometidas ás inclemencias do tempo; e, no caso da agricultura convencional, a exposición a determinados produtos químicos, como fertilizantes, fitosanitarios e outros que poida chegar a ser de uso frecuente.
Como é sabido, no sector agrario os traballos nas explotacións teñen unhas características propias moi diferenciadas das do resto dos sectores, sendo as máis importantes: A gran dependencia da estacionalidade, que provoca un ritmo de traballo esixente; predominio de labores que requiren esforzo físico, repetitivas e sometidas ás inclemencias do tempo; e, no caso da agricultura convencional, a exposición a determinados produtos químicos como fertilizantes e fitosanitarios. Neste Fouce, analizaremos como se traduce isto nos riscos específicos para as labregas.
Mais ala dos riscos que afectan por igual os traballadores/as agrarios de ambos xéneros, compre facer fincapé en toda unha serie de riscos específicos aos que están sometidos as mulleres que traballan na agricultura e na gandería.