A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

  1. Portada>
  2. Novas>
  3. Gandería>
  4. Informe COAG: España perde 65 granxas de leite ao mes e comeza a desprazar a produción cara á área mediterránea

Informe COAG: España perde 65 granxas de leite ao mes e comeza a desprazar a produción cara á área mediterránea

3 de Febreiro do 2016

Informe Lácteo COAG

España perde cada mes 65 granxas lácteas. A caída dun 20% no prezo do leite obrigou a pechar a 1.544 produtores e produtoras nos últimos dous anos e reduciu a cifra total a 16.490. O panorama que debuxa o informe “Da aterraxe suave ao aterra como poidas. Informe de situación do sector lácteo en España e Europa trala eliminación das cotas de produción”, elaborado polo Departamento de Gandería de COAG, é de extrema gravidade. Podes descargar o informe completo no remate desta páxina.

Situación no Estado español.

A evolución na cantidade de leite entregado no conxunto do Estado foi claramente á alza. Tomando como referencia o leite que se estaba a entregar hai dous anos, o incremento que se produciu foi do 7% en toda España, pasándose dun total de 506.600 toneladas de leite entregadas en novembro de 2013 a 542.000 toneladas en novembro de 2015.
Porén, se observamos a evolución por comunidades, as diferenzas entre territorios son reveladoras acerca do rumbo que foi tomando o sector neste período. Tal e como amosan os datos, todas as comunidades autónomas aumentaron a súa produción nestes últimos dous anos. Sen embargo, non todas o fixeron na mesma proporción: zonas tradicionalmente produtoras de leite (como Galicia, Cantabria, País Vasco e, en menor medida, Asturias, Castela e León ou Cataluña) aumentaron as súas entregas en menos dun 5% desde novembro de 2013, mentres que territorios como Navarra, Andalucía, Castela a Mancha ou a Comunidade Valenciana fixérono en máis dun 11%.

Aumento produción láctea España Os datos sobre prezos pagados polo leite segundo territorios tamén evolucionaron de xeito diferente. Así, mentres o prezo medio pagado no conxunto do Estado descendeu un 20% nos dous últimos anos, comunidades autónomas como Galicia sufriron unha caída do 26’4% no mesmo período. Séguena Estremadura (-21%), Castela a Mancha (-20%) e Castela León (-19%).

Caída prezos leite España

Situación na UNIÓN EUROPEA

A nivel europeo, a situación non é moito mellor. Nos últimos meses, a evolución na cantidade de leite entregada no conxunto da Unión foi claramente á alza. Tomando como referencia o leite que se entregaba hai dous anos, o incremento que produciu foi do 7’3% na UE-28, pasándose dun total de 11.074.050 toneladas de leite entregadas no mes de novembro de 2013 a 11.886.800 toneladas no mes de novembro de 2015.

Sen embargo, se observamos a evolución por Estados membros, as diferenzas entre territorios son reveladoras acerca do rumbo que foi tomando o sector a nivel comunitario neste período. Agás Malta e Bulgaria, o resto de países aumentaron a súa produción nos últimos duos anos. Porén, non todos o fixeron na mesma proporción: Irlanda, por exemplo, nun claro intento por posicionarse como gran potencia produtora de leite a nivel europeo, incrementou as súas entregas en case un 30% desde novembro de 2013. Outros países como Luxemburgo, Bélxica o Países Baixos tamén aumentaron a súa produción en proporcións inimaxinables hai uns anos (23’4%, 16% e 14’6% respectivamente). Polonia e o Reino Unido tamén se posicionan, polos seus incrementos de case o 10%, como fortes produtores de leite a nivel europeo.

Aumento produción láctea UE
A outro ritmo evolucionan os prezos pagados polo leite, xa que los datos segundo territorios tamén evolucionaron de xeito diferente. Así, mentres o prezo medio pagado no conxunto da UE descendeu un 23’7% de media nos dous últimos anos, países como Lituania, Estonia, Letonia, Bélxica ou Países Baixos sufriron caídas por riba do 30% no mesmo período.

Caída prezos leite UE

Medidas para unha cadea de valor sostible no sector lácteo.

A UE debe abordar dunha vez por todas os problemas derivados das súas propias políticas. Tal e como reiteramos desde COAG e o Sindicato Labrego Galego no seu momento, a eliminación das cotas provocou un aumento significativo de la produción, o que unido á presión de industria e distribución, arrastrou os prezos a niveis por baixo dos custes. Esta situación abocou ao peche a miles de explotacións en toda Europa.
No plano estatal, la situación evidencia o fracaso do acordo para a sostenibilidade da cadea de valor do sector lácteo, que COAG e SLG non asinamos. Os termos do acordo non están servindo para garantir un prezo remunerativo para os gandeiros que polo menos cubra os custes. Tal e como argumentamos no seu momento, o texto asinado non ofrece seguridade xurídica a produtores e produtoras porque é unha mera declaración de intencións, xeneralista e inconcreta, que deixa á boa vontade de industrias e cadeas de distribución o cumprimento dos compromisos adquiridos.

Para descargar o informe completo,preme na seguinte icona:

Ficheiro adxunto