A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

  1. Portada>
  2. Novas>
  3. Gandería>
  4. 12 de abril, xornada sobre "Viabilidade da comercialización de aves e coellos das granxas artesanais"

12 de abril, xornada sobre "Viabilidade da comercialización de aves e coellos das granxas artesanais"

27 de Marzo do 2018

Polos

O 12 de abril, o Pazo de Mariñán (Bergondo) acollerá unha xornada sobre “Viabilidade da comercialización de aves e coellos das granxas artesanais a través de espazos de sacrificio colaborativos”. Interesante iniciativa que abordará unha das fases máis dificultosas para as granxas de aves e coellos e, ao mesmo tempo, das que máis potencial e futuro teñan para as explotacións avícolas e cunícolas familiares: o sacrificio na propia granxa e a comercialización directa da carne. Para inscribirte, tes que chamar ao 686 783 800 ou enviar un email cos teus datos a arrexo4@gmail.com Podes descargar o programa na seguinte icona.

Ficheiro adxunto