A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

  1. Portada>
  2. Novas>
  3. Gandería>
  4. O Sindicato Labrego Galego responde a enquisa do Ministerio de Agricultura sobre a etiquetaxe do mel

O Sindicato Labrego Galego responde a enquisa do Ministerio de Agricultura sobre a etiquetaxe do mel

18 de Decembro do 2018

Mel

Até o este mércores 20 de decembro está aberta unha consulta pública do Ministerio de Agricultura sobre a implantación e obriga dunha etiquetaxe máis detallada da orixe de mel. É importante que os consumidores e consumidoras teñamos información clara sobre a orixe dos produtos que mercamos, e os produtores e produtoras a oportunidade de defendernos ante as importacións masivas de mel de baixa calidade.

Se queres ter máis información sobre a nosa campaña, podes consultar bit.ly/PoloMelGalego En canto ao cuestionario, podes descargalo en https://www.mapa.gob.es/es/alimentacion/participacion-publica/miel.aspx, cubrilo e envialo ao correo: bzn-miel@mapama.es O Sindicato Labrego xa respondeu ao cuestionario do Ministerio de Agricultura, polo que se queres contestar ti tamén podes tomar como referencia as nosas respostas:

Na súa opinión, ¿é acertada esta medida?

A medida é acertada aínda que insuficiente. É importante que tanto o listado como as porcentaxes dos países de orixe dos meles sexan claros e lexibles por parte das persoas consumidoras.Tamén propoñemos que se incorpore como obriga dos operadores a incorporación da mención “mel pasteurizado” na etiquetaxe daqueles meles que fosen sometidos a un tratamento de pasteurización.

Considera importante coñecer os países de orixe do mel?

A importancia para las persoas consumidoras, así como para produtores e produtoras, da información sobre a orixe dos produtos alimentarios é más que evidente.

As consumidoras e consumidores teñen dereito a coñecer a orixe dos produtos que van mercar, por varias razóns. Dende a posibilidade de apoiar a produción local, até valorar á hora de escoller un mel ou outro a pegada ecolóxica que supón o transporte, pasando polas distintas normativas de produción (prácticas produtivas e uso de agro-tóxicos) e sanitarias que existen noutros países, así como en materia laboral.

A soberanía alimentaria debe garantir os dereitos da cidadanía a elixir o que come e de que maneira quere producilo

Se respondeu afirmativamente á pregunta anterior, ¿considera necesario, ademais, que os países se ordenen en orde decrecente segundo a cantidade de mel que cada un de eles aporta á mistura final?

Si, aínda que o factor máis relevante é que se reflicta claramente na etiquetaxe a porcentaxe que aporta cada un dos países de orixe dos meles.

¿Estaría disposto a pagar un custe adicional por coñecer a orixe xeográfica do mel?

A información alimentaria é un dereito das persoas consumidoras, regulado nos apartados 1 e 2 do artigo 7 do Regulamento (UE) nº 1169/2011, e garantir dita información é una obriga dos operadores de empresa alimentaria. Polo tanto é algo polo que ninguén debería pagar un custe adicional.