2 de Novembro do 2004
Faustino Gándara traballa na súa explotación láctea con 25 vacas producindo na aldea de Sendón, parroquia de A O, en Muxía. Complementa os seus ingresos coa venda de madeira e, ata antes da crise das vacas tolas, tamén obtiña algúns cartos con becerros para carne. Aos seus 44 anos de idade, leva máis de media vida de militancia no Sindicato Labrego Galego e agora forma parte da súa Executiva. Co domicilio moi preto da zona cero tralo naufraxio do Prestige, Faustino contounos, dous anos despois, de que xeito afectou a catástrofe na agricultura e gandería locais.