A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

  1. Portada>
  2. Novas>
  3. Gandería>
  4. Lácteos Tambre nos xulgados por incumprir o plan de pagos pactado en agosto

Lácteos Tambre nos xulgados por incumprir o plan de pagos pactado en agosto

21 de Septembro do 2011

Denucia

Os xulgados de Ordes acolleron onte, 20 de setembro, os dous primeiros xuízos contra a empresa Lácteos Tambre, que segue sen pagar un céntimo da débeda que mantén con varias explotacións lácteas ás que non lles pagou o leite recollido a comezos de ano. En total, son sete as explotacións defendidas polo Sindicato Labrego Galego ás que, en conxunto, Lácteos Tambre lles debe uns 60.000 euros.

O proceso xudicial iniciouse tras a negativa da empresa leiteira a concretar as datas do plan de pagos ao que se comprometeu despois de que os gandeiros e gandeiras afecatados/as, co apoio do Sindicato Labrego Galego, fixesen dúas concentracións de protesta e mantivesen senllas xornadas de negociación con ela os días 5 e 17 de agosto.

O compromiso de Lácteos Tambre, acadado nese 17 de agosto, foi o de saldar a débeda antes do peche do exercicio do presente ano, o 31 de decembro de 2011. Nese intre, xa se tramitaran denuncias diante dos xulgados de Ordes que, en caso de incumprimento por parte da empresa, seguirían o seu curso legal, como ao final aconteceu, xa que a data fixada para os primeiros xuízos eran, necesariamente, o límite que tiña a empresa para facer os primeiros pagamentos.

Dende o Sindicato Labrego Galego seguiremos velando polos intereses dos gandeiros e gandeiras afectados e afectadas polos impagos de Lácteos Tambre, e seguiremos cara adiante nos procesos xudiciais pendentes mentres esta industria leiteira porfíe na súa negativa a pagarlles ás explotacións o produto do seu traballo dentro do prazo ao que os directivos da empresa se comprometeran.

Nos xulgados de Ordes